lunes, 14 de enero de 2008

O día 1 de febreiro Zapatero estará en Ourense


O día 1 de febreiro José Luis Rodríguez Zapatero acompañaranos a todas todos os socialistas da provincia de Ourense nun acto de precampaña que organizaremos dende o PSdeG-PSOE que organizaremos no Pavillón dos Remedios. Este é un acto moi importante xa que o Presidente do Goberno ven a respaldar a candidatura ó Congreso e ó Senado pola nosa provincia. É en Ourense onde os socialistas máis podemos contribuír a unha victoria da esquerda fronte á dereita xa que está en xogo un deputado.

Agora mesmo a correlación de forzar é de 3 a 1 a favor do PP, pero nestes comicios o PSdeG-PSOE pode acadar un deputado máis, aínda que non está tan fácil. Todo se vai a xogar por un "puñado de votos". Os que sí que non teñen nin a máis mínima posibilidade de obter representación no Congreso, pola provincia de Ourense, son BNG, IU, UPyD, etc..., polo que todo voto que sexa para estes partidos estará contribuíndo a que o PP poda obter un deputado máis e polo tanto que Rajoy teña posibilidades de ser Presidente de Goberno. Así que cada quen obre en conciencia e reflexionade sobre esto.

Dende aquí só me queda convidarvos todas e todos a que veñades escoitar en vivo e en directo a unha das persoas que máis enerxía positiva trasmiten e que de verdade cre no que dí. Estades convidados a vir a ver e escoitar a José Luis Rodríguez Zapatero, o da MIRADA POSITIVA

3 comentarios:

Eva dijo...

¿Es útil el voto útil?

Entiendo la idea de "unirse contra el enemigo común" o buscar "un mal menor". Pero, ¿cambiarías tú tu voto?

Yo el mío lo dudo.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Hola Eva:
Creo que a túa pregunta merece contestación. Eu non sempre lle votei o PSOE. Que agora lembre teño votado tamén polo BNG, por IU e por Izquierda Republicana. Teño que apostillar algo, non creo que xamais o volva a facer o BNG porque estou a anos luz dos seus postulados. Pero volvendo o de antes: eu houbo uns anos nos que estiven bastante descontenco co PSOE (aqueles anos do final de Felipe) e foi nesa época cando lembro que lle votei a IU para a Unión Europea e outra vez a IU, BNG e IR para o Senado. De todos os xeitos non creo que volva facer esto. Está claro que non temos (nin debemos) de coincidir cos postulados dun partido político do comezo ata o final, pero eu considero o meu voto moi valioso (hai que lembrar que neste país hai 25 anos non se podía votar, e noutros países do Mundo aínda non se pode facer hoxe) e non o vou a tirar dándollo a un partido que non ten nin a máis remota posibilidade de convertir esa papeleta nun escano. Por elo creo que o voto útil do centro e da esquerda apoiándo ó PSOE pode dar moi bos froitos, ou é que non lembras a última lexislatura de Aznar? E eso o que queres que volva a España?

Eva dijo...

Hola Eladio:
gracias por la razonada contestación. Así es como se crea debate político de valor.

Creo que hay dos puntos claves en tu argumento: no alejarte mucho de tus postulados,de tus principios y saber reconocer el valor de tu voto, el valor de poder votar.
Y si alguien, siempre teniendo en cuenta estos dos principios, decide cambiar su voto a favor de una papeleta que se pueda convertir en un posible escaño entonces el voto útil es útil.

Y respondiendo a tu pregunta final (aunque me temo que era retórica)no, no quiero que vuelva a España la última legislatura de Aznar y me daría aún más miedo que viniese la primera de Rajoy.