Como xa vos adiantara hai uns días contamos con dúas personas da comarca nas listas, Eva Méndez (suplente Congreso) e Paco Magide (suplente Senado).
Alí estivemos respaldando os nosos candidatos Elena Espinosa, Alberto Fidalgo e Miguel Fidalgo, pero tamén a Antón Louro (Pontevedra), Pepe Blanco (Lugo) e César Antonio Molina (A Coruña). Agora quédanos a todas e todos os socialistas explicar ben cales foron os logros que se acadaron co PSOE gobernando e cales serán os que se acadarán se Zapatero revalida o apoio maioritario dos españois e españolas, porque quen verían a España gobernada polo Acebes, Zaplana, Rajoy, Pujalte e compañía... Non o quero nin pensar
3 comentarios:
Descoñezo o resto das persoas que integran as candidaturas nas catro provincias galegas, mais dende logo os que saen en cabeza sonche de segunda fila todos. Non votarei Ps de G-PSOE.
Je, je, je....
Esto si que manda carallo. Dicir que os cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Galicia son de segunda fila ten coña. A Coruña: César Antonio Molina escritor e Ministro de Cultura. Lugo: José Blanco: Secretario de Organización do PSOE. Ourense: Elena Espinosa: Misitra de Agricultura. Pontevedra: Antón Louro: ex-secretario de organización do PSdeG-PSOE e coordenador dos deputados galegos no Congreso. Está claro que si non os coñeces ou é que non ves a televisión e a prensa ou que non che interesa nada en absoluto a política e non sabes nin quen é o presidente do goberno. Por certo imaxino que si que coñecerás os candidatos do PP e do BNG, moi mediáticos eles e que se deixan ver por todos os lados. Para máis datos PP: Celso Delgado. BNG: Iago Tabarés. Seguro que a estes si que os coñeces, verdade? Ou igual coñeces o abano de deputados nacionais e senadores que ten o PP na provincia de Ourense, tamén todos eles supercoñecidos pola súa incansable labor en pro da nosa provincia:Celso delgado, Ana Belén Vázquez, Armando González, María Mercedes Gallego, Amador Vázquez e Isaac Vila
Ariadna. Je, je, je... Xa vexo que coñeces moi ben os políticos sobre todo os do PS de G-PSOE, paréceme ben. Os catro cabeza de lista son de primeira liña sobre todo porque son moi "populares" (coñecidos) e saen nos medios de comunicación, día sí e día tamén, mais son de segunda fila na defensa dos intereses de Galicia, a disciplina que lles impoñen desde Madrid hai que obedecela e hai que votar o que mandan, pois o PS de G é unha sucursal do PSOE. Si queres ver como defenden os nosos diputados (de primeira liña)os intereses de Galicia entra na páxina http://es.youtube.com/watch?v=tQFyJbgRoXM e verás durante a intervención de Francisco Rodríguez (BNG)en defensa do sector naval en Ferrol o abandono masivo de diputados o hemiciclo, galegos tamén, que xa ten delito.
Logo tamén podes preguntarlle a José Blanco de Palas de Rei(en castelán, por favor)polo trazado do A-76 por Caldelas ou por Monforte. Gracias. Un saúdo.
Publicar un comentario