

Reflexións e cousiñas sobre Caldelas, política e moitas cousas máis que me preocupan e despertan inquedanzas...


Xa me ten pasado varias veces que charlando con algunha xente que lee o meu blog me tacha de ser moi condescendente co goberno do PSOE e ser moi pouco crítico. A verdade e que se non fago máis crítica e que non vexo moito que criticar. Estou moi orgulloso do meu partido e das personas que dentro del me representan e nos gobernan.Cando vaias a facer a túa declaración da renda, mira ben onde pos o X.
Podes contribuír ós fins sociais de moitas asociacións sen ánimo de lucro

Memorable documental de ficción (ucronía histórica) sobre que houbese pasado en España se na Guerra Civil houbese gañado o bando republicano.
Ten momentos memorables.
Se o queredes ver completo buscade polo Youtube

"Capitán, mande firmes". Esta frase de Carme Chacón supón outro paso máis na igualdade en España entre homes e mulleres. E unha vez máis, foi Zapatero o promotor do nomeamento dunha muller á fronte do Ministerio de Defensa.
Hoxe vendo a foto de Zapatero con todas as Ministras do Executivo estaba reflexionando sobre o valioso que é para unha sociedade que cada vez estea máis preto a igualdade entre mulleres e homes. E hoxe despois de escoitar a Bibiana Aído, a nova Ministra de Igualdade (que aínda por riba é a máis nova na Historia de España) que dicía que "cada vez que unha muller avanza, todas as mulleres avanzan" , eu pensaba que aínda lle engadiría máis á frase: Todos os homes avanzamos, toda a sociedade avanza, e esta tende á normalización.
Seguramente fuches chamado para ser máis útil no teu novo destino: crear ideas que guíen o PSOE, pero habémoste de extrañar moito.
Se hasta o sábado os/as socialistas da provincia de Ourense estabamos contentos por ter unha ministra no gabinete de Zapatero, agora a nosa ledicia é dobre. Elena xa non só é ministra, é superministra. 


Hoxe non me puiden reprimir. Sei que estas declaracións son moi vellas e que o vídeo hai tempo que circula pola rede, pero é que este Pérez Varela é todo un personaxe.

E agora vou pasar o tema do suposto asasinato desta cativa que se chama Mari Luz. Este terrible feito aconteceu hai uns días e parece que está destinado a ser o fito mediático destes días.

Está claro que ó respecto deste caso, e falando do suposto asasino aconteceron unha serie de despropósitos e desaguisados xudiciais e policiais propios dunha película. Pero o que é moi perigoso e que haxa xente que a raíz deste caso, no que se producen erros non o xulgar o suposto asasino senón respecto a súa detención e encadeamento, que pida que se cambie a lei respecto os delitos dos pederastas e que se poña en marcha a cadea perpétua.
Non se pode reaccionar á brava logo dun feito no que o que fallou non foi a pena imposta, senón o non habela cumprido. E non é de recibo que agora haxa un partido político oportunista, o PP, que pretenda abrir un debate no que reclame a cadea perpétua para os pederastas. Porque entón por que non a reclama para os asasinos das súas parellas, ou para os terroristas que poñen unha bomba e matan a 200 personas. Esto é hipocresía e oportunismo, e como dicía antes e enlazando co tema de IU e Llamazares non se pode pedir que se cambien as regras do xogo por oportunismo. Sexamos serios, fagamos reflexións e debates coa cabeza fría e nunca como reacción logo de que aconteza un tema concreto.
Prometo escribir máis a miúdo estes días.



Estes días non teño nin un minuto para escribir. Teño o blog moi abandonado. Levantarse cedo, currar moito, comer rápido, seguir currando e deitarse tarde. Esta é a nosa vida estes días. Cada xornada preparando varios mitins e diversos actos, e así... non queda moito tempo para atender a bitácora.Imaxino que a estas alturas todas e todos coñeceredes o eslogan do PP para esta campaña: "Con cabeza e corazón".
Resulta que este lema é un plaxio do do Partido Patriota de Guatemala. Só que os do PP esquecéronse da terceira parte da mensaxe, xa que o orixinal dí: Con cabeza, corazón e man dura.
Por certo, como curiosidade comentarvos que o Partido Patriota de Guatemala, que compartía asesor con Mariano rajoy, perdeu as eleccións

Este "personaxe", porque non merece chamarlle persona é o Alcalde de Lalín e ex-presidente da FEGAMP. Xa podedes ver que institucional é e que talante ten.
Sen palabras.