Esto non ten cabida nunha democracia.
martes, 12 de febrero de 2008
lunes, 11 de febrero de 2008
Nova web do PSdeG-PSOE
A web permite unha maior interactividade co usuario, xa que habilita a posibilidade de facer comentarios ás noticias publicadas, así como de acceder aos comentarios de outros visitantes. As principais formas de participación son a través da afiliación, o voluntariado e a blogosfera.
A nova páxina web pontencia os aspectos visuais e a actualización constante da información: trátase dunha páxina de lectura máis doada, dinámica, cómoda e cun deseño lixeiro, coidado, actual e moderno.
Dispón dunha canle de televisión propia na que se ofrece a posibilidade de realizar conexións en directo con diversos eventos (www.psdeg-psoe.tv). A páxina permite, do mesmo xeito, acceder a un espazo específico en YouTube para o Partido.
Conta cunha nutrida galería de imaxes e unha blogosfera dende a que acceder aos espazos persoais de militantes e candidatos, e da que tamén os usuarios poden formar parte si así o desexan. Pódese acceder de xeito directo a diversos documentos de interese tanto xeral como específico (novas normativas, publicacións…).
Ademais, dende o novo portal terán acceso directo a outras páxinas webs e espazos de interese máis recente (web de Xuventudes Socialistas, o máis visto, o máis comentado, etc.), e a unha axenda completa con todos os actos do Partido e citas de interese.
En definitiva, trátase dun espazo a través do que o PSdeG-PSOE establecerá coa cidadanía unha forma de comunicación directa e efectiva.
O sábado día completiño con Elena Espinosa
Día completiño con Elena, a nosa candidata, o sábado. Primeiro visitamos a adega de Vilerma. Logo no balneario de Laias tivemos reunión con viticultores e adegueiros. Máis tarde unha comida con todos e todas elas. Pola tarde creación das XX.GG. de Taboadela, e para rematar cea con mulleres representativas da sociedade ourensana na capital provincial.
sábado, 9 de febrero de 2008
viernes, 8 de febrero de 2008
Hoxe é un gran día para min. Foime recoñecido o meu dereito á apostasía

¿Esta é a dereita europea, ou é a ultradereita?
O Partido Popular presume de que é un partido de centro e moderado, semellante á dereita inglesa, francesa ou alemana. Pero hai declaracións que semellan máis parecido ca ultradereita europea máis rancia, esa de Le Pen, Hayder, etc. Senón lede as seguintes declaracións de Arias Cañete:Benvido Javier
jueves, 7 de febrero de 2008
Presentación da web socialista de Ourense
Hoxe presentamos diante da prensa a nosa nova web de campaña , qu é http://www.ourenseelecciones2008.psoe.es. Aquí esperamos recibir todas as vosas suxestións e recomendacións. Na presentación estiveron: Alberto Fidalgo (candidato ó congreso), Miguel Fidalgo (candidato ó senado) e Lalo G. Rosales (responsable de mobilización da campaña en Ourense). Espero que vos gustemiércoles, 6 de febrero de 2008
Desencontro Gallardón e Aguirre en versión musical
Desencontro Gallardón e Aguirre en versión musical. Do programa Polonia da canle TV3
Canción para Zapatero. O xubilado de Moratalaz
Cada quen fai campaña ó seu xeito. Aquí vos presento o vídeo do "Xubilado de Moratalaz". Non é ningunha proeza do márketing electoral, pero cada quen pon o seu grao de area na causa.
Retrato da dereita española
lunes, 4 de febrero de 2008
Por Deus....non sigas dicindo Amén

domingo, 3 de febrero de 2008
Unha gran nova para min. Xa son da blogosfera Rede Progresista

O outro día estaba abrindo o correo electrónico e leveime unha enorme alegría. Tiña unha mensaxe da Comunidade de Blogs Progresistas. Levaba uns cantos días ansioso a que me chegara esta carta.
sábado, 2 de febrero de 2008
ZP en OU
Deixovos algunhas fotos deste gran día.


Para máis información do acto pinchade aquí.
jueves, 31 de enero de 2008
Recordos da infancia

miércoles, 30 de enero de 2008
Estes días estou que boto fume

Estes días andamos a cen organizando o acto do próximo venres con Zapatero. será un mítin no que reuniremos a máis de 6000 simpatizantes para escoitas o Presidente de Goberno e candidato do PSOE.
Hoxe comecei a mañá acompañando ós candidatos e candidatas socilaistas ata o xulgado (xunta electoral) para presentar a candidatura. Logo estivemos algúns dos responsables da campaña acabando de cadrar ós actos de ministros/as, conselleiros/as e outras personas para a precampaña e campaña. Máis tarde tiven que asistir a unha Xunta de Seguridade na Subdelegación de Goberno para coordenar Moncloa-PSOE-Garda Civil-Policía Nacional-Policía Autonómica-Policía Local para que todo o acto salia como é debido. Agora un hoquiño estou escribindo esto e máis tarde poreime coa xente que me bota unha man no tema de actos para poñer en marcha todo o dispositivo para o mitin do venres. A última hora achegareime ata Sandiás para asistir a reunión comarcal que celebraremos na Limia.
Con esta, xa só nos queda a de mañá en Carballiño, e logo a seguir con outras cousas.
Espero poder seguir sacando cinco minutiños cada día para seguir escribindo este diario de pre-campaña e campaña electoral.
martes, 29 de enero de 2008
Hoxe tocou polas miñas terras
lunes, 28 de enero de 2008
Xa sei a candidatura do PP por Ourense

Volta á "vida política"
viernes, 25 de enero de 2008
Suspendo a actividade ata o luns

Estes días tiña pensado asistir ó acto que iamos celebrar hoxe en Verín, neste "tour" que estamos a facer polas comarcas, e o sábado e domingo ía ir a Madrid xa que alí o PSOE celebramos a Conferencia Política, na que eu asistiría en calidade de invitado.
Pero a media mañá torcéronse as cousas, cando asistía o pleno da Deputación (fotografía da sesión), recibín unha chamada da miña parella anunciandome unha mala nova familiar.
Por todo elo suspendo toda a actividade política ata o luns que me volverei a incorporar para levar a cabo un acto con Amparo Válcarce, Secretaria de Estado de Asuntos Sociais. Ata entón tócame estar coa miña xente e deixar a política de lado. Ata o luns a todas e todos.
jueves, 24 de enero de 2008
Cheo a rebentar
Cheo a rebertar, así estivo a sala do Auditorio de Ourense onde celebramos o acto de presentación da candidatura do PSdeG-PSOE ó Congreso e o Senado.miércoles, 23 de enero de 2008
Hoxe á noitiña estivemos por Terras de Valdeorras

















