miércoles, 13 de febrero de 2008

Premio Arte e Pico

Hoxe estou de noraboa, e estou moi agradecido. O blog de La Ranita Peregrina
concedeume o Premio Arte e Pico. A estas cousas ca quen dalle un valor distinto, pero para min é unha honra que un blog tan completo e tan bon cmo o dela me premie.
Moitas gracias

Reunión de Elena Espinosa con viticultores

Aquí vos deixo o vídeo da xornada do sábado pasado na que compartimos o día con adegueiros e viticultores das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense: Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro e Valdeorras

Rolda de prensa de Miguel Fidalgo e Alberto Fidalgo

Rolda de prensa dos "Fidalgos", candidatos ó Congreso e ó Senado por Ourense

lunes, 11 de febrero de 2008

¿Queres coñecer a Plataforma de Apoio a Zapatero?


Convídote a visitar a web que acaba de crear a Plataforma de Apoio a Zapatero.

Nova web do PSdeG-PSOE

A nova ferramenta tecnolóxica do PSdeG-PSOE foi presentada hoxe polo seu Secretario de Organización, Ricardo Varela, e pretende convertirse nun elemento útil para o público á hora de coñecer máis polo miúdo o Partido e a súa actividade. Botando unha ollada rápida os usuarios terán á súa disposición as últimas novidades, comentarios, blogs, os vídeos de maior interese, a axenda ou as imaxes máis buscadas.
A web permite unha maior interactividade co usuario, xa que habilita a posibilidade de facer comentarios ás noticias publicadas, así como de acceder aos comentarios de outros visitantes. As principais formas de participación son a través da afiliación, o voluntariado e a blogosfera.
A nova páxina web pontencia os aspectos visuais e a actualización constante da información: trátase dunha páxina de lectura máis doada, dinámica, cómoda e cun deseño lixeiro, coidado, actual e moderno.
Dispón dunha canle de televisión propia na que se ofrece a posibilidade de realizar conexións en directo con diversos eventos (
www.psdeg-psoe.tv). A páxina permite, do mesmo xeito, acceder a un espazo específico en YouTube para o Partido.
Conta cunha nutrida galería de imaxes e unha blogosfera dende a que acceder aos espazos persoais de militantes e candidatos, e da que tamén os usuarios poden formar parte si así o desexan. Pódese acceder de xeito directo a diversos documentos de interese tanto xeral como específico (novas normativas, publicacións…).
Ademais, dende o novo portal terán acceso directo a outras páxinas webs e espazos de interese máis recente (web de Xuventudes Socialistas, o máis visto, o máis comentado, etc.), e a unha axenda completa con todos os actos do Partido e citas de interese.
En definitiva, trátase dun espazo a través do que o PSdeG-PSOE establecerá coa cidadanía unha forma de comunicación directa e efectiva.


Defender a alegría

Videoclip da Plataforma de apoio a Zapatero (PAZ)

Con Zapatero, volve a crer na política

O sábado día completiño con Elena Espinosa

Día completiño con Elena, a nosa candidata, o sábado. Primeiro visitamos a adega de Vilerma. Logo no balneario de Laias tivemos reunión con viticultores e adegueiros. Máis tarde unha comida con todos e todas elas. Pola tarde creación das XX.GG. de Taboadela, e para rematar cea con mulleres representativas da sociedade ourensana na capital provincial.

Os responsables do comité electoral provincial comezamos antes a xornada, xa que unha hora antes xa estabamos de faena reunidos en Leiro coa xente do gabinete da ministra e cos responsables do comité electoral galego.

O estrés xa comeza a causar factura, pero seguimos traballando.




viernes, 8 de febrero de 2008

Hoxe é un gran día para min. Foime recoñecido o meu dereito á apostasía



Hoxe é un gran día. Diría máis, é un día marabilloso que levaba esperando con moitas ansi dende haipreto dun ano. Eu que de pequeno fun monaguillo, fun evolucionando na miña maneira de entender a Igrexa Católica e a relixión e seguín un camiño que chega ata hoxe. dende hoxe son Apóstata. Máis ven dende hoxe recoñéceme a Igrexa Católica o meu dereito á apostasía e tómame como excluido do seu "seno". Para tal fin emite un certificado o vicecanceler-secretario e vicario xeral da diócesede Ourenseno que me informa.
Podedes ler todo o documento no que se me recoñece tal dereito. Neste longo camiño teño que agradecerlle a axuda prestada a http://www.apostasia.org/ que sempre me asesoraron sobre os pasos a seguir. Hoxe cúmprese o meu desexo de non ter ningunha relación en absoluto con esta Igrexa Católica que o impregna todo nesta sociedade e que non é quen de saber estar á altura dos tempos qe corren e de saber resolver os problemas actuais.

¿Esta é a dereita europea, ou é a ultradereita?

O Partido Popular presume de que é un partido de centro e moderado, semellante á dereita inglesa, francesa ou alemana. Pero hai declaracións que semellan máis parecido ca ultradereita europea máis rancia, esa de Le Pen, Hayder, etc. Senón lede as seguintes declaracións de Arias Cañete:
"A man de obra inmigrante non é cualificada. Xa non hai camareiros coma os de antes, que pedías un cortado e traínancho con eficacia". "As urxencias están colapsadas. Alguén que para unha mamografía en Ecuador ten que pagar o salario de nove meses, aquí fanlla nun cuarto de hora".
¿Sabedes por que fan estas declaracións tan fortes e de corte xenófobo neste intre? No PP, confirman varios dos seus estrategas, lánzanse de cheo a polo voto das barriadas máis humildes, onde os españois conviven cos inmigrantes. As súas enquisas detectan (sempre segundo fontes do PP) que é ahí, entreos/as obreiros/as e as súas fillas e fillos que nin chegan a ser mileuristas, onde o PSOE perde forza.
Esta é a estratexia que a ultradereita ten posto en marcha no seu momento por toda Europa: Suiza, Francia, Italia, Alemania, Holanda, ...
Preparémonos a ultradereita acaba de chegar a España, e non de mans de Ynestrillas. Acaba de chegar de mans do rexistrador da propiedade Mariano Rajoy Brey.

Benvido Javier

Quero darlle a benvida a Javier da Abeleda á blogosfera. Acaba de crear un blog chamado Cousas Cousiñas e que versa sobre todo das súas vivenzas e do acontecer das Terras de Caldelas. Javier xa ten en marcha unha web sobre Caldelas en xeral e sobre a Abeleda en particular moi interesante. Dende aquí darche os meus parabéns por ser unha voz máis de Caldelas na rede. Este blog vense a sumar o que xa ten Bautista Sotelo e ó dos promotores do Festival Ponte Louco, todos eles nos falan da nosa terra, Caldelas.

jueves, 7 de febrero de 2008

Presentación da web socialista de Ourense

Hoxe presentamos diante da prensa a nosa nova web de campaña , qu é http://www.ourenseelecciones2008.psoe.es. Aquí esperamos recibir todas as vosas suxestións e recomendacións. Na presentación estiveron: Alberto Fidalgo (candidato ó congreso), Miguel Fidalgo (candidato ó senado) e Lalo G. Rosales (responsable de mobilización da campaña en Ourense). Espero que vos guste

miércoles, 6 de febrero de 2008

Desencontro Gallardón e Aguirre en versión musical

Desencontro Gallardón e Aguirre en versión musical. Do programa Polonia da canle TV3

Canción para Zapatero. O xubilado de Moratalaz

Cada quen fai campaña ó seu xeito. Aquí vos presento o vídeo do "Xubilado de Moratalaz". Non é ningunha proeza do márketing electoral, pero cada quen pon o seu grao de area na causa.

Para que falar, cando sobran as palabras


Retrato da dereita española

Convídovos a que visitedes o blog de 192 muertos, 192 mentiras e máis concretamente a súa entrada referida a Retrato da Dereita Española. Esta entrada, dun blog moi interesante e que eu teño enlazado, fainos un breve percorrido polas últimas lindezas do Partido Popular.

lunes, 4 de febrero de 2008

Por Deus....non sigas dicindo Amén


Bispos sementando odio e rencor polas esquinas, coma cadelos rabiosos. Mesturando terrorismo, con política e con relixión. Manipulando ós feligreses e enganando á xente.Facendo campaña un día sí e outro tamén a favor do PP. Este é o pan noso de cada día. Esta é a Igrexa que fundou Xecucristo hai máis de 2000 anos?.
Agora os bispos fan de víctimas e o cardenal arcebispo de Toledo, Antonio Cañizares asevera que a Igrexa "non ten outra palabra que dicir que Cristo" e "esa palabra non a calará nunca, non a silenciará a pesar dos poderes deste mundo que quixeran silenciala ou vela reducida ós espazos sacrales, non a deixará morrer nunca".
Os curas din que trala nota de "orientacións" difundida nestes días, eles non tratan de impoñer nada en absoluto (só faltaría), senón que só tratan de exhortar, pero de ningún modo de xeito partidista.
Estes señores só merecen un calificativo, o de sinvergoñas.
E aínda por riba de intentar orientar o voto cara a dereita máis retrógrada, póñennos todos os impedimentos posibles á xente coma min que intentamos apostatar e desvincularnos dunha Igraxa ca que non queremos nin temos nada que ver.
Sei que non fago uso desta linguaxe moi a miúdo. Pero como diria o xenio, Fernando Fernán Gómez, xa falecido: VAIÁNSE Á MERDA
Por eso, por Deus....non sigas dicindo AMÉn

Con Zapatero, volve a crer na política

domingo, 3 de febrero de 2008

Unha gran nova para min. Xa son da blogosfera Rede Progresista


O outro día estaba abrindo o correo electrónico e leveime unha enorme alegría. Tiña unha mensaxe da Comunidade de Blogs Progresistas. Levaba uns cantos días ansioso a que me chegara esta carta.
Abrina e ..... o que eu esperaba. Dende a blogosfera Rede Progresista comunicabanme que me acababan de admitir dentro da súa rede. Síntome enormememte orgulloso de ser un dos algo máis de 200 blogger que en toda España formamos esta rede.
Se non me confundo son o único ourensán que está dentro da "blogosfera socialista" e un dos poucos galegos.
Pois nada, agradecerlle moito as compañeiras e compañeiros da Rede Progresista que lles houbese gustado o meu blog e que me houbesen admitido, e agora síntome cun pouco máis de responsabilidade o saber que serei leído por máis xente.

sábado, 2 de febrero de 2008

ZP en OU


Onte foi o día grande da precampaña para todas e todos os socialistas ourensáns. Zapatero estivo con nós no Pavillón dos Remedios. Tamén foi un dos días máis bonitos da viña vida política.Tiña unha responsabilidade que me foi encomendada polo Comité de Campaña de Ourense, que é a de ser Coordenador de Actos. Onte sobre min recaía unha responsabilidade importante, e hai que confesalo, non sempre un está todo o tranquilo que quixera. Levaba dúas noites durmindo moi mal. Moito traxín dun lado para o outro. Moito nerviosismo e tensión de todas e todos os que estamos no Comité de Campaña. Pero ó final un dulcísimo sabor de boca.
Cuarenta persoas na montaxe, máis de cincoenta na seguridade e outros tantos na organización, eramos os encomendados para que todo saise ben.
Evaia se saiu ben. Preto de seis mil simpatizantes encheron a rebentar o Pavillón. Moitos tiveron que quedarse ás portas, xa que por motivos de seguridade non podía entrar máis xente. Todos os asientos ocupados, os pasillos, as esquinas. Non cabía nin un alfiler.
E neso entrou Zapatero. O pavillón temblaba e case cae abaixo. Bibrábase e poñíaselle a pel de pita a un. Creo que o día de onte marcou un punto de inflexión na campaña e creo que temos o segundo deputado por Ourense conseguido.
Zapatero fixo un repaso da lexislatura e marcou as súas liñas de traballo para os próximos catro anos. Pero o momento máis sonado foi cando lle botou un rapapolvos ós bispos por entrar en campaña a favor do PP, pero metendo o terrorismo de por medio. Algo inaudito, que só vai a servir para que o conxunto da cidadanía se distancie cada vez máis da cúpula clerical.
O residente doGobierno e ndidato del PSOE á reelección, José Luis Rodríguez Zapatero, respondeu ós bispos dicindo que "non teñen dereito" a utilizar oterrorismo na campaña, e "se non llo aceptamos a Rajoy, tampouco llelo imos aceptar" a eles.
En conxunto foi un acto moi caluroso e que estivo animado no seu comezo polo "Follonero" da cadena La Sexta. Este subiu ó estrado e dixo que se ía quitar a careta e pediu que España tiña que estar gobernada por un home como Zapatero.
Quedoume un moi bo sabor de boca por como saliu todo (aínda que co acelerado que andaba case non me enterei de que falaron Paco, Elena, Emilio e Zapatero) e tamén polo "profesionales" que fomos todos e todas os que botamos unha man no que poidemos para que o acto estivera á altura.
Deixovos algunhas fotos deste gran día.














Para máis información do acto pinchade aquí.

jueves, 31 de enero de 2008

Recordos da infancia


Hai un ratiño tiven un momento para poder escapar do meu posto de traballo e ir tomar un café. Algo que parece o máis normal do mundo, a min cóstame un pouco estes días por mor de todo o traballo que temos con estos de que se aproxima o Día D.
O que vos quería contar é que pasei pola Praza Maior, en Ourense, e atopeime cun grupo numeroso de rapaces que estaban levando a cabo un obradoiro de comadres. E claro, dinme conta que hoxe é Xoves de Comadres. Esto trouxome moito recordos á memoria, xa que cando eu era un rapaz, todos os anos corriamos o Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres.
É unha mágoa que esta actividade do Entroido estea practicamante extinguida, agás na comarca da Limia e de Monterrei. Na capitalidade provincial pervive gracias ó apoio do Concello, senón hoxe en día estaría morta. Tamén ten algo que ver con que estes Xoves se sigan celebrando unha caldelá, Maite Vázquez. Co seu empeño (non sei se hoxe en día segue a traballar en prol destas celebracións) promoveu que dende o ente municipal se revitalizase esta festa.
A verdade e que estas festas analizadas en profundidade son unha guerra de sexos, e en min prodúcese un dilema. Por unha banda a tradición, e por outra as miñas conviccións e o meu compromiso coa loita pola igualdade da muller e o home.
Pero ueno, hoxe voume permitir a licencia de berrar aquelo que por tradición nos tocaría hoxe ós homes: ¡¡¡¡ Morran as comadres !!!
Con perdón, ;-)

miércoles, 30 de enero de 2008

Mitin ZP


Estes días estou que boto fume


Estes días estou que boto fume. Pero non sólo eu,...xa somos moitos e moitas no comité de campaña do PSOE de Ourense ós que xa se nos comeza a notar o cansancio. e eso que coma quen dí, aínda non comezamos de verdade.

Estes días andamos a cen organizando o acto do próximo venres con Zapatero. será un mítin no que reuniremos a máis de 6000 simpatizantes para escoitas o Presidente de Goberno e candidato do PSOE.

Hoxe comecei a mañá acompañando ós candidatos e candidatas socilaistas ata o xulgado (xunta electoral) para presentar a candidatura. Logo estivemos algúns dos responsables da campaña acabando de cadrar ós actos de ministros/as, conselleiros/as e outras personas para a precampaña e campaña. Máis tarde tiven que asistir a unha Xunta de Seguridade na Subdelegación de Goberno para coordenar Moncloa-PSOE-Garda Civil-Policía Nacional-Policía Autonómica-Policía Local para que todo o acto salia como é debido. Agora un hoquiño estou escribindo esto e máis tarde poreime coa xente que me bota unha man no tema de actos para poñer en marcha todo o dispositivo para o mitin do venres. A última hora achegareime ata Sandiás para asistir a reunión comarcal que celebraremos na Limia.

Con esta, xa só nos queda a de mañá en Carballiño, e logo a seguir con outras cousas.

Espero poder seguir sacando cinco minutiños cada día para seguir escribindo este diario de pre-campaña e campaña electoral.

..... Non sexas el

Queres ser coma el?
Pois, vota PP

martes, 29 de enero de 2008

Hoxe tocou polas miñas terras


Cando xa case estamos rematando as nosas visitas polas comarcas para explicar o progama do PSOE,ós logros acadados polo actual goberno e a estratexia socialista de cara estes novos comicios, onte recalamos na miña comarca: Trives-Caldelas.
Realizamos o acto en Parada do Sil, un concello que nunca estivera gobernado por un alcalde socialista e do que dende as últimas eleccións municipais está á fronte Paco Magide, o primeiro alcalde do PSdeG-PSOE nestas terras (e aínda por riba con maioría absoluta).
Ata Parada do Sil achegáronse os compañeiros e as compañeiras do propio Concello, os de Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Manzaneda e Vilariño de Conso.
Na fotografía (que coma sempre é de mala calidade, debido ó método que utilizo) estamos de esquera a dereita: eu, Eladio Osorio Montenegro (secretario comarcal), Miguel Fidalgo (candidato ó senado), Paco Magide (alcalde) e Alberto Fidalgo (candidato ó congreso.
Entre outras moitas cousas falamos da Lei de desenvolvemento Sostible do Medio Rural que tan importante vai a ser para o futuro dos nosos concellos.

lunes, 28 de enero de 2008

Xa sei a candidatura do PP por Ourense



Logo de moitas tensións e de presentar en Madrid unha lista que lle votaron abaixo, o PP xa ten a súa candidatura confeccionada. Non sei cando a farán pública, pero pódovos asegurar sen temor a fallar que é a seguinte:


Ó Congreso:


Celso Delgado (xa fora cabeza hai catro anos)

Jesús Vázquez (decano de empresariais, un gran descoñecido)

Ana Belén Vázquez (o doberman do PP na provincia)

María Antonia Rilo (ex-nora de Baltar)


Ó Senado:


Pérez de Juan (o sempieterno candidato do PP a case todo)

Carmen Leyte (alcaldesa de Cartelle e sustitue o seu marido, candidato hai catro anos)

Amador Vázquez (todopoderoso e silencioso no PP, manda máis que Baltar)


Cárganse a lista de Baltar, xa que ó final só vai un dos del en sitio de saída. O seguinte paso é que van a por el mesmo

Volta á "vida política"


Hoxe volto ó traballo logo dunha fin de semana para non recordar. Pola mañá, ademais de poñer ó día o traballo no Grupo Socialista da Deputación, prepararemos a axenda da semana. Logo pola tarde terei que atender algunhas obrigas do Concello de Castro Caldelas e mais tarde asitirei ó acto que temos programado con Ámparo Valcarce, Secretaria de Estado de Servicios Sociais, Familia e Discapacidade.
Serán varios os actos que lesta eve a cabo en Ourense: visita a AIXIÑA, rolda de prensa e conferencia aberta ó público para falar das políticas sociais do goberno de Zapatero.
A min non creo que me dea tempo de chegar máis que a última, posto que como xa vos dixen teño o día algo liado.
Ademais de todo esto estamos inmersos na preparación do que vai a ser o acto cumio destes días.
José Luis Rodríguez Zapatero estará o día 1, venres, as 7 do serán apoiando á candidatura do PSdeG-PSOE por Ourense no pavillón dos Remedios. Espero podervos ver ese día alí con nós.