Mostrando entradas con la etiqueta Touriño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Touriño. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de enero de 2009

Balance positivo

Son ducias e ducias os actos que un Comité de Electoral dun partido político ten que organizar ó longo dunha campaña. Pero sempre hai un deles que marca un punto de inflexión na mesma, e no caso de Ourense este acto foi o do pasado domingo.



A verdade é que nunca empezaramos a este ritmo. Nas tres últimas citas electorais Zapatero estivo con nós en Ourense, pero esta vez foi moi distinto. Nas outras ocasións xa estabamos máis metidos en campaña. Desta vez entre que cuadrou á volta de Navidades, co cal a xente parece que está máis fría, ademais por parte do PP e do BNG practicamente non existen as eleccións, non se sabe onde están, non se moven. E pola nosa banda a candidatura aínda está sen rematar, os días claves van a ser este venres e este sábado.


Pero o acto foi todo un éxito, seis mil persoas no Pavillón dos Remediosnun día frío, moi frío. Domigo pola mañá, pero aínda así a xente acudiu dende todos os rincóns da provincia.

Como responsable provincial dos actos no Comité Electoral é normal que os días previos un estea algo nervioso xa que son mil cousas as que poden fallar. Pero entre a xente de Madrid, os de Santiago e un xenial grupo de Ourense que o dan todopara que o acto saia a pedir de boca, non se pode pedir máis.

É moita a xente que se deixa a pel na organización, pero hai un deles ó que lle habería que facer un monumento. Lalo G. Rosales está de sol a sol dandoo todo para que todos/as os asistentes non noten nin un só fallo (que algúns cometemos ;) )



Como sempre hai anécdotas teño que contarvos unha. A víspera á noite preguntámoslle a Lalo si falara cos do Pavillón para que ó limparan todo antes do día do mitin pola mañá. El respostou textualmete "Si, xa ven alguén do pavillón a limpar todo..........................creo".

E poño eses puntos suspensivos porque hai prodúxose un longo silencio seguido do "creo". Ó cabo dun pouco e en ton de broma Blas e Eva vaticinaron que aínda ía ter que limpar eu o pavillón.

O caso é que nos fomos a cear e logo a durmir. Ás oito da mañá do domingo chegamos Lalo e máis eu o pavillón, e este estaba sen limpar, e non había posibilidade de que o limpase ninguén.

Pois escoba en man, os dous, toucos limpar toda a pista antes de que entrara ninguén. E nos alí con trinta policías e os cadelos buscando explosivos a facer a faena.

Esas son as pequenas cousas que non se ven, pero que ó ver o ben que sae todo merece a pena facer e rirse delas.

sábado, 10 de enero de 2009

O día 11 Zapatero en Ourense

Estes días tiven un blog algo abandoado. Entre que aproveitei o nadal para escapar uns días a Barcelona, logo organizamos unha quedada facebook en Castro Caldelas, máis a tradicional cea de Reis dos amigos/as do Castro,... e agora xa metidos de cheo na precampaña electoral.

E a verdade é que foi rematar o nadal e poñerse a cen a preparar as cousas, porque en Ourense comezamos esta etapa por todo o alto.

O domingo día 11 de xaneiro estarán ás 12 da mañá no Pavillón dos Remedios dous Presidentes: o Presidente Zapatero e o Presidente Touriño.

Xa comezamos a andar algo estresados todos/as os/as que andamos na organización. Xa comezamos a berrarnos e a faltarnos o respecto, ;)

Fora bromas, a verdade é que somos unha piña e estamos moi compenetrados. Ahí estamos Miguel, Lalo, Bea, Conchi, María Quintas, e ducias e ducias máis de compañeiros/as que sería moi longo de relatar.

Xa están traballando tamén todos os de Madrid con Luismi, Rocío, Jose, etc... De Santiago, coma sempre, Blas e Eva á cabeza, pero logo un montón de xente con eles.

Estiven botando contas e entre uns e outros somos case 200 persoas as poñemos o noso grao de area para que o acto saia bordado.

Vémonos no Pavillón dos Remedios e o rematar xa falamos de como saiu todo. Espérovos.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Moito máis ca un mítin


Xa o adiantaba onte en directo dende Santiago de Compostela, o acto de proclamación de Emilio Pérez Toriño como candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE marcará un antes e un despois nas celebracións dos partidos políticos en Galicia.

E esto foi debido a varios motivos.

Un deles, e como xa comentaba Blas no seu blog, é debido a que debe ser a segunda ou a terceira vez que o Auditorio de Santiago abre á vez as súas dúas grandes salas. Hai uns díaz Núñez Feijóo fixo alí mesmo a presentación é só foi quen de abrir unha delas (o moi mintireiro dixo que metera 7000 persoas, por esa regra de tres nós metemos 14000).

O despregue de caras coñecidas foi do máis alto nivel. E de Galicia non faltaba case ninguén. Os que faltaban (sobretodo de Lugo e Ourense) é porque non foron quen de dar chegado a Santiago de Compostela por mor da nevada que caira.


Pero a parte da brillantez do discurso de Touriño (posiblemente o máis emotivo e o máis completo que lle teño escoitado) houbo algo que destacou por riba de todo, a posta en escea.

Todos os medios, televisión, radios, prensa escrita... se fixeron eco do colorido do acto e sobre todo da música que animou a entrada de todas as personalidades, cargos políticos, etc...

De seguido deixovos unhas notas cos vídeos dos grupos que acompañaron a cada quen no Auditorio de Galicia.

Todo comezou con "Hoy puede ser un gran día" de Serrat.





A dirección do PSdeG-PSOE entrou toda xunta ó son da música de Sabina (acompañado de novo por Serrat), "Ocupen su localidad".




Cranberies sonou para a entrada en desfile dos deputados autonómicos, deputados nacionais, senadores e eurodeputados.




"Wonderwall" de Oasis escoitouse ó paso de alcaldes, presidentes de Deputacións e presidente da FEGAMP.




Os conselleiros entraron acompañados de "Viva la vida" de Coldplay.




Os ministros galegos, César Antonio Molina e Elena Espinosa acompañados de Carmela Silva entraron oindo como soaba o "Let me out" de Dover.




Para os presidentes de Andalucía, Asturias, Extremadura, o secretario  xeral  dos socialistas valencianos, o vicesecretario do PSOE Pepe Blanco  e o vicesecretarios do PsdeG, Ricardo Varela, sonou "Mercy" de Duffy.



Como colofón sonou o tema "We are young" de Supergrass para a entrada de Emilio Pérez Touriño.



Cando os do PSOE de Ourense nos toque presentar a nosa candidatura, Lalo e máis eu encargarémonos de facer a selección musical. Xa o consultamos con Eva do PSdeG de Santiago e contamos con todo o seu apoio.

Entre os nosos favoritos están os Chunguitos, os Chichos, Cañita Brava, Peret e Rumba Tres. Creo que Blas tamén nos apoia, a ver que din os de Madrid ;)

domingo, 14 de diciembre de 2008

En directo dende a proclamación de E. Pérez Touriño

Teño que confesar que, ás veces, os actos de Partido son un pouco pesados. Demasiado tempo falando e un público non moi entregado.

Pero esto foi xusto o contrario do que hoxe ocorreu en Santiago de Compostela no acto de proclamación de Emilio Pérz Touriño como candidato á Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE.

Vouvos contar... Eu marchei cediño para Santiago (pilloume a neve no camiño) xa que quedara con Alfredo García (alcalde do Barco de Valdeorras e portavoz do PSOE na Deputación de Ourense) para darlle uns últimos retoques á preparación da súa intervención no vindeiro pleno da Deputación ( o de Presupostos). Logo tivemos un Comité Nacional do PSdeG-PSOE (puro trámite e moi rápido).

Logo estiven tratando  con Pachi e Miguel temas orgánicos do PSOE de Ourense, xa que onte Lalo e máis eu xa viñeramos a unha reunión a Santiago cos de Ferraz para falar cousas "top secret".

Por último foi o acto de proclamación de Emilio como candidato á Xunta. Un acto organizado cun gusto exquisito e un aire de modernidade nunca visto ata agora (a verdade é que ós do Pino cada día supéranse).

No acto estivéronnos acompañando Guillermo Fernández Vara, Vicente Álvarez Areces, Pepe Blanco, Elena Espinosa, César Antonio Molina, Jorge Alarte... e un largo étcetera de compañeiras e compañeiros.

Un éxito de acto. Pálpase no ambiente que haberá PSOE para rato na Xunta de Galicia. E podo asegurarvos que ó respaldo ó PSdeG-PSOE vai aumentar nos vindeiros comicios do día 1 de marzo (porque eu aposto a que esa será a data).


Por certo teño unha novidade que contarvos (desta de traca), pero aínda non me deixan que o faga público. Así que atentos ó blog estes días porque vai haber novidades importantes para os socialistas de Ourense.