sábado, 10 de enero de 2009

O día 11 Zapatero en Ourense

Estes días tiven un blog algo abandoado. Entre que aproveitei o nadal para escapar uns días a Barcelona, logo organizamos unha quedada facebook en Castro Caldelas, máis a tradicional cea de Reis dos amigos/as do Castro,... e agora xa metidos de cheo na precampaña electoral.

E a verdade é que foi rematar o nadal e poñerse a cen a preparar as cousas, porque en Ourense comezamos esta etapa por todo o alto.

O domingo día 11 de xaneiro estarán ás 12 da mañá no Pavillón dos Remedios dous Presidentes: o Presidente Zapatero e o Presidente Touriño.

Xa comezamos a andar algo estresados todos/as os/as que andamos na organización. Xa comezamos a berrarnos e a faltarnos o respecto, ;)

Fora bromas, a verdade é que somos unha piña e estamos moi compenetrados. Ahí estamos Miguel, Lalo, Bea, Conchi, María Quintas, e ducias e ducias máis de compañeiros/as que sería moi longo de relatar.

Xa están traballando tamén todos os de Madrid con Luismi, Rocío, Jose, etc... De Santiago, coma sempre, Blas e Eva á cabeza, pero logo un montón de xente con eles.

Estiven botando contas e entre uns e outros somos case 200 persoas as poñemos o noso grao de area para que o acto saia bordado.

Vémonos no Pavillón dos Remedios e o rematar xa falamos de como saiu todo. Espérovos.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Yo sí iré ;-)

Susana Bayo dijo...

A verdade e que o acto saiu de perlas a miña noraboa a todos!
A mellor para min Laura Seara, nunca defrauda, ten unha gran forza.

Anónimo dijo...

Foiche unha mágoa que tiveses que escapar pra barna ca cantidade de actividades das que disfrutamos os do Castro.Menudo nadal.Foi un non parar.Pras diferentes idades e pareceres.É un verdadeiro gusto ter mandatarios que pensan e traballan pro pobo,e non dos que viaxan a gastos pagos.Organiza todo ben pra que sigamos esí per sécula...

Anónimo dijo...

pelotas, pelotas, pelotas...

Anónimo dijo...

200 persoas pra organizar?non lle tedes ningún repecto ós cartos do pobo.veña mentiras, veña confetti.