lunes, 30 de noviembre de 2009

Fusión si, ou fusión non?




Nestes días estase a producir un debate crucial non só para a economía galega, senón para toda Galicia en xeral.


Dende hai bastante tempo estase a restructurar o panorama financieiro en España. Hai anos comezouse coa unión, asociación ou absorción duns bancos por outros. Tamén pasou o mesmo coas Caixas, pero nestes últimos meses, e sobre todo despois da crise que vivimos todos/as temos asumido que ou se redimensiona o panorma das caixas de aforros en España ou moitas delas están condenadas a languidecer ata morrer por inanición. 


O debate sobre a fusión das entidades financieiras sempre foi moi espinoso, pero moito máis no das caixas en concreto por mor da participación de entidades públicas como Concellos ou Deputacións.


Son moitos os intereses que se mesturan: políticos, financieiros, persoais e locais. E a min en todo este proceso de fusións hai unha que me preocupa por riba das demais por cuestións de cercanía e porque me interesa  o que pasa na miña terra. Estoume a referir a Caixa Galicia e Caixanova.


Teño que recoñecer que non son un experto en economía e polo tanto non estou capacitado para determinar se esta fusión sería boa no tocante o eido puramente financieiro. pero hai unhas determinadas posturas que me parecen inadmisibles en todo este proceso.


Parece que esto se está a converter nunha guerra para que os centros de poder de Caixanova e de Caixa Galicia non se desplacen de Vigo e de A Coruña respectivamente.


Hai quen enerbola a bandeira localista para reivindicar o seu poder, pero esquecen que ningunha das dúas caixas son patrimonio exclusivo destas dúas cidades. Non se pode pasar por alto que Caixanova é froito da unión das caixas de Vigo, Pontevedra e Ourense. Ademais Caixa Galicia é froito da unión das caixas de A Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago de Compostela e as Caixas Rurais de A Coruña, Pontedevra e Ourense.


Señoras e señores banqueiros e políticos de A Coruña e Vigo, AS CAIXAS NON SON SÚAS, AS CAIXAS SON DE TODOS/AS OS/AS GALEGOS/AS. Creo que a ningún ourensán lle satisfizo cando Caixa Vigo absorveu a Caixa Ourense, pero creo que todos preferimos eso a que a nosa Caixa fose a parar ás mans dun grupo madrileño, catalán ou murciano, por poñer algúns exemplos.


Son consciente de que con esta fusión se van a destruir empregos en Galicia (ó igual que con calquera outra fusión), pero nestes casos hai que ver por riba dos interes particulares. Hai que mira ó interés xeral de Galicia e dos/as galegos/as.


Por todo elo é preferible que se produza unha fusión ou un SIP (sistema institucional de protección) entre as dúas caixas galegas a que Caixa Galicia acabe en mans dunha caixa madrileña e que Caixanova caia en no regazo dunha entidade mediterránea.


Logo todos/as botariamos as mans a cabeza, e nos culpariamos uns a outros/as por non ter sido capaces de reter ás caixas en Galicia. 


Miremos cara atrás e vexamos o que ten acontecido en Galicia con múltiples empresas punteiras de diversos sectores.


A min eme indiferente si a política das nosas caixas se decide en santiago de Compostela, en Vigo ou en A Coruña. O que xa non me daría igual é que se decidise en Valencia, Sevilla ou Madrid.


Sexamos capaces de perder todos/as un pouco para poder gañar moito.




2 comentarios:

Jose Eiras dijo...

Personalmente creo acertado o ártigo, e ademais non creo que sexa necesario centralizar todo o organo de xestión das caixas, xa que coa centralización absoluta perdese cercanía e capacidade de dar servicio, evidentemente a unión e beneficiosa para ambas entidades, xa que permitirá reducir o número de sucursais innecesarias, e o mesmo tempo ofrecer un mellor servicio o cliente.

Con respecto as perdas de emprego, creo que a falta de productividade non debe ser una fonte de emprego, o mesmo tempo que as malas condicions laborais non deben ser a razón do beneficio empresarial. Son conceptos que hai que cambiar radicalmente, a productividade e a mellora dos servicios ofrecidos a sociedade deben ser a verdadeira fonte de emprego. E hoxe en día existen grandes desafios en eficiencia enerxetica, protección ambiental, novas aplicacións tecnoloxicas, investigación, necesidades sociais ... como para abastecer o mercado laboral. Quizais, segundo a miña opinión, coma case sempre, estan fallando son os que teñen a verdadeira capacidade de impulsar a economía, empresarios e banqueiros. En parte por falta de preparación, en parte polas suas ambicións personais.

Anónimo dijo...

A miña humilde opinión, como militante é como empregada das Caixas, e que andamos dando bandazos... como en moitas cousas é así nos vai.