lunes, 6 de abril de 2009

Flickr ven de censurar a campaña das Linces


Flikr, ese sitio imparcial onde se poden colgar as túas fotos, baixo a influencia dalgún bispo con man no tema ven de retirar todas as fotografías que tiñan colgadas as do grupo de Las Linces.

O malo de intentar censurar algo en internet é que case ó momento e de forma exponencial obteñas como di Maripuchi unha resposta viral.


1 comentario:

Un de Rio dijo...

O pasado 23 de Marzo pregunteille a Eladio Osorio se era certo todo o que eu dicía e non me contestou. Parece confirmarse que Pepiño Blanco será ministro de fomento como dixen eu fai un mes. Volvoche preguntar se o resto da mensaxe é certo.


Copia da menxase:

Un de Rio dijo...

Eladio e certo a seguinte información:
Pepiño Blanco que abandonou a campaña electoral galega sabendo que se ía a perder a Xunta, será o próximo ministro de Fomento e será o próximo candidato a Xunta polo PSOE.
Durante a campaña electoral as eleccións ao parlamento de Galiza, o señor Pepe Blanco viu a facer campaña electoral e misteriosamente chegado o Ecuador da mesma, a abandonou e volveuse a España. Cando Pepe Blanco viu a situación na Galiza, sabendo que se ía a perder o goberno, sabía que se el seguía na campaña sería tamén culpabel da derrota. Comprobabel en que no final da campaña non estuvera presente. Por outra banda o venres 27-F, 2 días antes das eleccións, Galiza ía a recibir a maior licitación de obra pública da historia (verificabel en calquer hemeroteca dos períodicos antes da campaña electoral), co que se pretendía dende Madrid intentar superar ao PP e non depender do BNG. Pepe Blanco, sabendo o que ía a pasar levouse a xente de confianza a postos na executiva do partido en Madrid e cancelou tódalas inversións de infraestructuras de Galiza.
Agora a xogada está clara. Pepe Blanco vai a ser o próximo Ministro de Fomento para ser así o que licite a practica totalidade das obras do AVE e preparar o terreo para dentro de 4 anos ser o candidato a Presidente da Xunta de Galiza.
Mentres tanto pardillos como Eladio Osorio andarán en liortas internas para ver quen será temporalmente o xefe do PSdeG, sen saber que teñen imposto o futuro da súa formación dende Madrid.

23 de marzo de 2009 14:06




P.D. : Se alguen coñece persoalmente a Eladio Osorio ou fala con el a diario que lle diga que me conteste a este post.