Berlusconi está a facer un cásting entre mulleres italianas para confeccionar a súa candidaturas ás vindeiras eleccións europeas. Sei que vos pode sonar a broma, pero é tan certo como que el é o "premier" italiano.
O político de de dereitas italiano e presidente do conglomerado "Popolo della Libertá" (Pobo da Liberdade), noutra das súa excéntricas ocurrencias, non tivo mellor idea que organizar unhas xornadas (exclusivas para mulleres) para captar novas caras para o seu partido. A muller de Berlusconi, Verónica Lario declarou que esto é unha desvergonza para diversión do emperador.
Neste novo episodio de surrealismo político, máis parecido a un episodio de "Gran Hermano" que a elaboración dunha candidatura dun partido serio, estaban invitadas Angela Sozio, Barbara Matera y Eleonora Gaggioli.
Bailarinas, presentadoras de televisión, actrices ou concursantes de Gran Hermano poden chegar a ser as novas representantes da dereita italiana, e compartir grupo parlamentario cos representantes do Partido Popular en España, porque todos/as eles/as se integrarían no Partido Popular Europeo.
Ver para crer.
6 comentarios:
Algo escoitei, parece que non foi ó 18 cumpreanos dos seus fillos e si foi o dunha mociña que lle chama "papito".
Ten contenta á súa dona.
Muestra lo que piensa de Europa y de las mujeres.
Debe pensar que en Bruselas se agobian y desea mandarles distracción.
Por que botarlle a culpa a Berlusconi por estas ocurrencias cando leva 3 maiorías absolutas. A culpa é dos italianos que o seguen votando e da esquerda italiana que non se pode explicar como chegando o goberno, por culpa de 2 gilipoyas que o romperon agora hai o que hai.
Tamén tivemos na Xunta moitos anos a un fascista, homófobo e machista como presidente e a mais do 50% dos galegos lle parecía ben.
Isto ven a ser unha mostra máis de que o que interesa (a algúns) é denigrar á POLÍTICA e aos politicos, e de paso aproveitarse, que esto é por catro anos, e nese tempo pasa de todo e todo se esquece. Escoitáballe onte a un tertuliano "se cadra na outra beira do río non hai nada mellor", e iso sí que dá para unha boa reflexión, ¿non che parece?.
Lamentablemente creo en la frase "tenemos lo que tenemos porque somos como somos".Ello no deja en muy buen lugar a la ciudadanía italiana cuyo presidente parece querer burlarse del sistema democrático con el consentimiento de sus votantes que tristemente son muchos.
Lo heavy es que los italianos voten a personajes como este o la famosa "Chicholina"... la política está tan adulterada que nadie cree en ella y ahí entran los "apolíticos" banqueros y capitalistas, los grandes empresarios que hacen lo que le da la gana sin cortapisa de los gobiernos que cada vez mandan menos.
Publicar un comentario