Xa o adiantaba onte en directo dende Santiago de Compostela, o acto de proclamación de Emilio Pérez Toriño como candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE marcará un antes e un despois nas celebracións dos partidos políticos en Galicia.
E esto foi debido a varios motivos.
Un deles, e como xa comentaba Blas no seu blog, é debido a que debe ser a segunda ou a terceira vez que o Auditorio de Santiago abre á vez as súas dúas grandes salas. Hai uns díaz Núñez Feijóo fixo alí mesmo a presentación é só foi quen de abrir unha delas (o moi mintireiro dixo que metera 7000 persoas, por esa regra de tres nós metemos 14000).
O despregue de caras coñecidas foi do máis alto nivel. E de Galicia non faltaba case ninguén. Os que faltaban (sobretodo de Lugo e Ourense) é porque non foron quen de dar chegado a Santiago de Compostela por mor da nevada que caira.
Pero a parte da brillantez do discurso de Touriño (posiblemente o máis emotivo e o máis completo que lle teño escoitado) houbo algo que destacou por riba de todo, a posta en escea.
Todos os medios, televisión, radios, prensa escrita... se fixeron eco do colorido do acto e sobre todo da música que animou a entrada de todas as personalidades, cargos políticos, etc...
De seguido deixovos unhas notas cos vídeos dos grupos que acompañaron a cada quen no Auditorio de Galicia.
Todo comezou con "Hoy puede ser un gran día" de Serrat.
A dirección do PSdeG-PSOE entrou toda xunta ó son da música de Sabina (acompañado de novo por Serrat), "Ocupen su localidad".
Cranberies sonou para a entrada en desfile dos deputados autonómicos, deputados nacionais, senadores e eurodeputados.
"Wonderwall" de Oasis escoitouse ó paso de alcaldes, presidentes de Deputacións e presidente da FEGAMP.
Os conselleiros entraron acompañados de "Viva la vida" de Coldplay.
Os ministros galegos, César Antonio Molina e Elena Espinosa acompañados de Carmela Silva entraron oindo como soaba o "Let me out" de Dover.
Para os presidentes de Andalucía, Asturias, Extremadura, o secretario xeral dos socialistas valencianos, o vicesecretario do PSOE Pepe Blanco e o vicesecretarios do PsdeG, Ricardo Varela, sonou "Mercy" de Duffy.
Como colofón sonou o tema "We are young" de Supergrass para a entrada de Emilio Pérez Touriño.
Cando os do PSOE de Ourense nos toque presentar a nosa candidatura, Lalo e máis eu encargarémonos de facer a selección musical. Xa o consultamos con Eva do PSdeG de Santiago e contamos con todo o seu apoio.
Entre os nosos favoritos están os Chunguitos, os Chichos, Cañita Brava, Peret e Rumba Tres. Creo que Blas tamén nos apoia, a ver que din os de Madrid ;)
2 comentarios:
Pareceme fatal que non haia ningunha canción de artistas galegos na presentación do PSdeG. Eso pasa cando organizan as cousas dende Madrid, como para as últimas eleccións o cartel: GaliZia con Z de Zapatero:
http://www.sabelabranco.com/public/.galizia_s.jpg
que non saben que o BNG dice GaliZa.
De tódalas formas mostrar o meu apoio a redición do bipartito, xa que inda que o fixeron bastante mal estos 4 anos, o fixeron moito mellor que o PP e nestes momentos non hai outras alternavitas
Todos os días con esta cantinela, pero tío se nos che gusta esto vai ler os blogs de Nuevas Generaciones.
Que peste
Publicar un comentario