Por fin, cara a cara... Onte reunímonos na sede do PSdeG-PSOE da Rúa do Pino en Santiago máis de 30 bloggers progresistas (outros 30 non poideron vir, pero están nesto tamén). Máis de tres decenas de homes e mulleres que nos seguíamos pola rede, pero nalgúns casos non nos coñeciamos cara a cara.
Estivemos intercambiando opinións sobre como coordenarnos e como ter máis visibilidade, entre outras cousas. E prometemos xuntarnos máis veces.
A raiz desta xuntanza está a nacer ó xerme dalgo grande... pero este segredo será desvelado nalgúns días.
Na foto estamos, de esquerda á dereita, Defín Feal, eu (Eladio Osorio), Blas García, Mar Barcón e José Manuel Lage. Pero por alí había outra moita xente como
José Luis Prieto, Loli Rodríguez, Tamara Canosa, Eva Tomé,Fidel Martín, Nel, Adriana Viz, Fran Martínez, Nacho Filgueiras, Javier Fariña, Enrique Barreiro, Julián Reina, Isa Lema, María Torres, Andrea Fernández, Lalo G. Rosales, Xabier Pita, Iván Puentes, Pedro Armas, Dani Casal, Enrique Vaqueiro, XSG, e seguro, seguro, seguro que me esquezo de moitos/as, pero perdoade... A memoria, as veces...
De todos hai un blog que hoxe se merece unha mención especial. É o de Eva Tomé, que naceu onte, e a verdade é que promete
1 comentario:
Supongo que el tuyo es el que más pasiones desperta ¿no?
Saludos
Publicar un comentario