martes, 3 de junio de 2008

Que acontece nas Novas Xeracións do PP en Ourense?


O PP cada día sálelle un grano neste sarampelo que está a padecer dende hai uns meses. Os ananos non só lle crecen en Madrid a Mariano Rajoy, tamén en Ourense hai movidiña.

Esta fin de semana NN.XX. da capital ourensana facía unha asmblea para elixir o seu novo presidente da xunta local. Había dúas candidaturas. Unha delas apoiada por Poli Nóvoa, portavoz do PP na capital ourensana, e outra avalada polo Presidente das NN.XX. da provincia, Israel León. Saiu elexido Manuel Eirín, o candidato de Poli, con 91 votos.

O curiosso deste tema é que na sala só había 22 membros de NN.XX. O lío está montado. Acusacións, denuncias, descalificacións, e incluso amenaza de expulsión do partido para o preseidente provincial de NN.XX.

Non é de extrañar que pasen estas cousas. Hai poucos días se elexía a xunta comarcal das NN.XX. de Caldelas, e aquí de seguido vós amoso unhas fotografías da reunión que as xuventudes do PP teñen colgadas no Picassa. Como podedes ver: cheo a rebentar, media de idade de 18 anos, sabia nova e votos a raudales. Logo así pasa o que pasa.
PP quen te viu nesta provincia e quen te vé.









No hay comentarios: