martes, 19 de febrero de 2008
E despois din que non fai falta Educación para a Cidadanía
Este "personaxe", porque non merece chamarlle persona é o Alcalde de Lalín e ex-presidente da FEGAMP. Xa podedes ver que institucional é e que talante ten.
Sen palabras.
Día movidiño
Onte o día foi completiño. Todo o día con Elena, Ministra de Agricultura. Primeiro xaxún de traballo, logo visita a UGT. Máis tarde estivemos na Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao. Comemos o equipo de traballo da campaña (para seguir programando cousas) . Pola tarde reunión con todas as Asociacións de Veciños de Ourense e pra rematar visita e reunión con mozas e mozos na Casa da Xuventude. E eu cuntrancazo que non podo con el. Vou ter que empezar a coidarme.Por certo a foto é prestada dun bó amigo meu : Suso Regal.
domingo, 17 de febrero de 2008
Entrevista no xornal "La Región"
Hoxe o diario ourensano La Región publica unha entrevista a páxina enteira sobre min. Faise eco, do que vos comentaba hai uns días: que por fin xa son apóstata "como Dios manda".Asesor político
¿Quién debe financiar las religiones?
El dirigente político Eladio Osorio ha sido excluido, por propia voluntad, de la Iglesia Católica
El vicecanciller y vicario general de la Diócesis de Ourense declaró el pasado día 6 de febrero apóstata a Eladio Osorio Montenegro, tras haber expresado reiteradamente su voluntad de apostatar formalmente de la fe católica y de autoexcluirse de la Iglesia.
Detalles da campaña
Momento histórico
Este é o momento no que un operario do Concello de Ourense procede a cambiar a placa co nome da rúa onde se atopa a sede do PSdeG-PSOE en Ourense.
O noso partido levaba moitas iniciativas e xestións mentres estivo na oposición no Concello, para que se lle cambiara o nome á Rúa Xeral Aranda, un franquista. O PP, como nós ten acostumados en moitas ocasións non quería. Agora co cambio de alcalde en Ourense, mudouse o nome de Xeral Aranda polo de Ribeira de Canedo. Ó PP segue sen gustarlle o cambio. ¿Será que añoran tempos pasados?
viernes, 15 de febrero de 2008
II Xornadas Xurídicas en Castro Caldelas

Onte reuníronse en Castro Caldelas os/as organizadores/as das II Xornadas Xurídicas.
Fágome eco da nova publicada hoxe polo xornal La Voz de Galicia.
O lume e a seguridade viaria serán tratados nas xornadas xurídicas caldelás.
Vanse celebrar no outono e servirán para recuperar a homes da Xustiza que forman parte da cultura galega.
Castro Caldelas voltará a ser sede das xornadas xurídicas, como as que se celebraron o pasado outono. Nesta ocasión preténdese facelas entre finais de setembro e outubro. Onte déronse cita na vila o fiscal superior de Galicia, o alcalde, Eladio Osorio; o presidente da Asociación de Funcionarios en Lingua Galega, Xosé González; o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela e o presidente do Grupo Academia Postal, Francisco Novoa, para comezar a perfilar o programa. Cóntase tamén coa Universidade, coa Xefatura Superior de Policía de Galicia e coa Xunta.
«Este ano queriamos recuperar personaxes do eido xurídico moi singulares que existiron e que no seu momento significou que na xudicatura e no ámbito do dereito privado houbo unha conexión moi importante coa tradición cultural», sinalou Xosé González.
Trátase nestas xornadas de ir afondando en xentes como Sebastián Martínez Risco, que foi formador de xuristas; Roberto González Pastoriza, no Vigo dos anos trinta, experto en dereito mercantil e administrativo; Pedro González López, decano do Colexio de Avogados de Lugo na Transición; Lois Peña Novo, que axudou no desenvolvemento de empresas como Zeltia ou Frigolouro e que foi represaliado. Ou Fermín Bouza Brei, que foi xuíz, maltratado polo réxime franquista no 1952.
As xornadas caldelás pretenden amosar homes do dereito que sendo galegos crearon escola na súa terra. Recuperar a todas esas figuras doutro tempo para o seu coñecemento polas novas xeracións de estudantes universitarios de Dereito. Engadiu Xosé González que Galicia «ten unha boa tradición de literatura xurídica que debe ser coñecida. Aquí perto está Montederramo que produciu moitos documentos xurídicos que hoxe estuda o catedrático emérito Ramón Lorenzo».
O fiscal superior, Carlos Varela, sinalou que é preciso coñecer a estes profesionais do pasado. «Descoñécese que Portela Valladares foi fiscal xeral de España e que Iglesias Corral, no 1936, foi fiscal xeral do Reino. Sebastián Martínez Risco nos anos setenta proclamaba a utilización do galego nos xuízos e de que o dereito non podía darlle as costas á lingua. Son textos que un sorpréndese de velos porque pensamos que estamos inventando agora as cousas pero hai unha tradición xurídica galega que vén destes prohomes».
Neste ciclo de Castro Caldelas tentarase afrontar temas como os incendios, a seguridade viaria, asuntos claves no rural. Son temas de interese para os profesionais da Xustiza, para os estudantes e para os responsables municipais así como das policías locais e doutros colectivos.
En abril haberá outra xornada de traballo para pechar o programa de poñentes dunhas xornadas que van durar dous días e medio e que contarán cunha clausura que os organizadores cualifican de brillante. Tamén daráselle entrada a novas entidades.
jueves, 14 de febrero de 2008
Pasen e vexan
Así manipula o Partido Popular dende as televisións públicas autonómicas. Este programa é de Canal 9 da Comunidade Valenciana. Pero esto mesmo ocorre el TeleMadrid con asiduidade. ¿A vós parécevos que esto tería cabida na Galega actual?
O meu primeiro aniversario
Como pasa o tempo. Xa fai un ano que comecei con esta aventura. Nunca pensei que dese tanto de si e que me tivese tan enganchado.miércoles, 13 de febrero de 2008
Premio Arte e Pico
Hoxe estou de noraboa, e estou moi agradecido. O blog de La Ranita Peregrina concedeume o Premio Arte e Pico. A estas cousas ca quen dalle un valor distinto, pero para min é unha honra que un blog tan completo e tan bon cmo o dela me premie.
Moitas gracias
Reunión de Elena Espinosa con viticultores
Aquí vos deixo o vídeo da xornada do sábado pasado na que compartimos o día con adegueiros e viticultores das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense: Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro e Valdeorras
Rolda de prensa de Miguel Fidalgo e Alberto Fidalgo
Rolda de prensa dos "Fidalgos", candidatos ó Congreso e ó Senado por Ourense
martes, 12 de febrero de 2008
lunes, 11 de febrero de 2008
Nova web do PSdeG-PSOE
A web permite unha maior interactividade co usuario, xa que habilita a posibilidade de facer comentarios ás noticias publicadas, así como de acceder aos comentarios de outros visitantes. As principais formas de participación son a través da afiliación, o voluntariado e a blogosfera.
A nova páxina web pontencia os aspectos visuais e a actualización constante da información: trátase dunha páxina de lectura máis doada, dinámica, cómoda e cun deseño lixeiro, coidado, actual e moderno.
Dispón dunha canle de televisión propia na que se ofrece a posibilidade de realizar conexións en directo con diversos eventos (www.psdeg-psoe.tv). A páxina permite, do mesmo xeito, acceder a un espazo específico en YouTube para o Partido.
Conta cunha nutrida galería de imaxes e unha blogosfera dende a que acceder aos espazos persoais de militantes e candidatos, e da que tamén os usuarios poden formar parte si así o desexan. Pódese acceder de xeito directo a diversos documentos de interese tanto xeral como específico (novas normativas, publicacións…).
Ademais, dende o novo portal terán acceso directo a outras páxinas webs e espazos de interese máis recente (web de Xuventudes Socialistas, o máis visto, o máis comentado, etc.), e a unha axenda completa con todos os actos do Partido e citas de interese.
En definitiva, trátase dun espazo a través do que o PSdeG-PSOE establecerá coa cidadanía unha forma de comunicación directa e efectiva.
O sábado día completiño con Elena Espinosa
Día completiño con Elena, a nosa candidata, o sábado. Primeiro visitamos a adega de Vilerma. Logo no balneario de Laias tivemos reunión con viticultores e adegueiros. Máis tarde unha comida con todos e todas elas. Pola tarde creación das XX.GG. de Taboadela, e para rematar cea con mulleres representativas da sociedade ourensana na capital provincial.
sábado, 9 de febrero de 2008
viernes, 8 de febrero de 2008
Hoxe é un gran día para min. Foime recoñecido o meu dereito á apostasía

¿Esta é a dereita europea, ou é a ultradereita?
O Partido Popular presume de que é un partido de centro e moderado, semellante á dereita inglesa, francesa ou alemana. Pero hai declaracións que semellan máis parecido ca ultradereita europea máis rancia, esa de Le Pen, Hayder, etc. Senón lede as seguintes declaracións de Arias Cañete:Benvido Javier
jueves, 7 de febrero de 2008
Presentación da web socialista de Ourense
Hoxe presentamos diante da prensa a nosa nova web de campaña , qu é http://www.ourenseelecciones2008.psoe.es. Aquí esperamos recibir todas as vosas suxestións e recomendacións. Na presentación estiveron: Alberto Fidalgo (candidato ó congreso), Miguel Fidalgo (candidato ó senado) e Lalo G. Rosales (responsable de mobilización da campaña en Ourense). Espero que vos gustemiércoles, 6 de febrero de 2008
Desencontro Gallardón e Aguirre en versión musical
Desencontro Gallardón e Aguirre en versión musical. Do programa Polonia da canle TV3
Canción para Zapatero. O xubilado de Moratalaz
Cada quen fai campaña ó seu xeito. Aquí vos presento o vídeo do "Xubilado de Moratalaz". Non é ningunha proeza do márketing electoral, pero cada quen pon o seu grao de area na causa.
Retrato da dereita española
lunes, 4 de febrero de 2008
Por Deus....non sigas dicindo Amén






