Mostrando entradas con la etiqueta Xeorxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xeorxia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de agosto de 2008

¿Dereito á independencia?

Monumento a Stalin en Gori (Xeorxia)
Estes días estaredes vendo polos medios de comunicación que a comunidade internacional está totalmente perplexa polo recoñecemento de independencia de Osetia do Sul e Abjazia por parte de Rusia.
No noso continente, que sabemos moito de descomposición de países e dos feitos traumáticos que esto conleva moitas veces, deberiamos ter algo máis de cabeciña e non deixarnos guiar polos primeiros impulsos.
Eu creo que a Rusia o mesmo lle tería se estes dous territorios son xeorxianos ou o deixan de ser, pero é que EEUU estalle tocando a fibra sensible a Putin e Medvédev co escudo antimisiles, e non hai que esquencer que xeorxia e un paso obrigado de varios gaseoductos e oleoductos ( o cal son moitos cartos).
Pero, ó que eu ía. ¿Deben de ter todos os territorios dereito á independencia? ¿Pode unha rexión, unha provincia, un pobo, unha comunidade de veciños ou unha persoa declararse independente unilateralmente do resto e ser recoñecido unicamente por un país? ¿É eso legal sen o recoñecemento mundial? ¿Non xogan aquí grandes intereses económicos, políticos e militares? ¿Ten xustificación que unha potencia militar mundial invada territorio dun veciño para "defender ós seus cidadáns"?
Eu creo que a resposta é non, por moitos motivos. E creo que hoxe Rusia merece unha resposta contundente da comunidade internacional por violar as leis internacionais.
¿Que lle parecería a Rusia se se declara independente Kaliningrado, Karelia, Daguestán ou Kamchatka sen o seu consentimento e son recoñecidas como países por EEUU?
Seguro que non o aceptarían, pero aquí hai dúas varas de medir e eso non é bó. Nin para Rusia, nin para Xeorxia nin para o resto dos países xa que pode crear precedentes e inestabilidades territoriais.