Mostrando entradas con la etiqueta Pedro Zerolo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pedro Zerolo. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de octubre de 2008

Pedro Zerolo, todo forza





Aquí vos deixo o vídeo da intervención de onte, de Pedro Zerolo no Ateneo de Ourense. Logo de escoitalo, de compartir paseo con el, unha cea con moitos cambios de pareceres e unha copiña no Miudiño só podo dicir unha cousa del, canta forza e canto optimismo irradia.


É unha desas persoas coas que te podes pasar horas e horas falando porque é un pozo de sabiduría e un referente dentro deste novo socialismo que ven da man de Zapatero.

Xa de recollida para a casa paramos a facernos unhas fotiños (a calidade deixa bastante que desexar, Carballo o teu é escribir). E aquí estamos Miguel (o seu secretaio), eu, Lalo Gómez, a Leiteira, Pedro Zerolo, María Quintas e Laura Seara.