miércoles, 22 de abril de 2009

Un novo PSdeG


Esta fin de semana ós/ás socialistas galegos/as celebraremos o Congreso Extraordinario do PSdeG logo da demisión do secretario xeral Emilio Pérez Touriño.

Despois desta fin de semana moitas cousas mudarán no partido. Novas caras, novo xeito de facer política, etc... A algunha xente non lle gustará moito o equipo e a maneira de realizar o traballo, a outros gustaralle bastante, e espero que a unha ampla maioría lles estusiame.

Eu xa o dixen a noite electoral cando perdemos as eleccións. Agora abrese unha nova etapa que debería ser moi ilusionante, porque van a mudar cousas, algunhas delas que non se estaban a facer da mellor maneira.

Nun principio parece ser que hai dunhas persoas con intención de presentar a sús candidatura á secretaria xeral, pero para elo hai que reunir polo menos cen avais dos/as cincocentos delegados que imos participar no congreso. Pachi Vázquez non debería ter ningún problema para reunilos debido o amplo respaldo co que conta, e Gonzalo Caballlero parece telo bastante difícil por non contar con demasiados apoios.

Tanto eu persoalmente, como dende a miña agrupación e dende a miña comarca  imos apoiar a Pachi Vázquez porque cremos que é o compañeiro máis preparado para asumir este reto, con gran experiencia e que coñece de sobra o partido. Quere mudar bastantes cousas dentro da organización e creo que con bo criterio por eso dende aquí doulle todo o meu apoio.


2 comentarios:

Un de Río dijo...

Que mais dará a quen votedes se o próximo candidato vai a ser Pepiño Blanco. Aínda non me contestaches. Por outra banda estiven lendo post anteriores teus ríndote do BNG por ir de manifestación a Lubián a reclamar o AVE en 2012. Agora que esa data non se vai a cumplir seguro, que sodes uns mentireiros ou unhos engañados?

Se sodes uns mentireiros decindo o do AVE do 2012 sabendo que era mentira xa vos podedes ir cada un a vosa casa.

Se pola contra vos engañaron coas datas tamén vos podedes marchar todos da política por incompetentes.

Pendón dijo...

Dende logo que a Comarca "NON" e túa; (estamoche moi agradecidos con paco de Trives, juan de Montederramo, Abott & Costello de A Teixeira, arcadio de Vilariño, dario de Rio e os inxentes anonimos de Chandrexa de Queixa que tu controlas. Seguramente a agrupación local do Castro a manipulades ti e o teu pai gracias a o voto cautivo e a falta de "bemoles" da militancia, tan abotargada como vos. Pachi Vazquez e tan culpable da DEBACLE electotal do PSdeG como Touriño, e tu tamen tes parte de culpa como responsable local e provincial. O mellor que podiades facer era apartarse e deixar paso a xente nova e realmente SOCIALISTA. pero, claro, coño. ¿De que ibades a vivir, si vivides da politica e non tedes outro oficio nin beneficio?