Hoxe o xornal El País publica na súa contraportada da edición de Galicia unha entrevista en profundidade a un dos caldelaos máis coñecidos e recoñecidos tanto dentro da nosa bisbarra como alén dela, Olegario Sotelo Blanco.
Convídovos a que leades dita entrevista para que coñezades algo mellor a Olegario, este escritor, editor, periodista, antropólogo e centos de cousas máis, que non se farta de levar, fachendoso, o nome de Castro Caldelas e da súa Quintela de Mazaira natal alá por onde vaia.
Olegario é unha desas persoas que dende a nada se forxaron a sí mesmas paseniñamente e adicando moitos cartos e tempo a promocionar a cultura galega e a súa terra.
En fin, todo un orgullo, poder contar cun veciño así.
2 comentarios:
Pois haberá que ir botarlle un ollo.
Tés razón con que é un dos caldelaos que máis admiración desperta en min, pola súa sabedoría pero sobre todo pola súa cercanía
No tiene desperdicio la entrevista. Muy interesante, sin duda.
Bueno, Eladio. Hoy simplemente quería felicitaros las Fiestas y desearos lo mejor para el 2009.
Un fuerte abrazo y ¡Feliz Navidad!
Publicar un comentario