| |||||||
|
viernes, 19 de diciembre de 2008
Baltar o fariseo
Onte ofrecemos unha rolda de prensa Miguel Fidalgo e máis eu, como Secretario Comarcal de Trives-Caldelas respecto da moción de censura de A Pobra de Trives.
Esta moción de censura contou co beneplacito de José Luis Baltar, e aquí están as hemerotecas para confirmalo. Ademais tamén contou co silencio de Núñez Feijóo, o cal manifestou así que non estaba en contra.
Onte mismo a Comisión de Seguimento do Pacto Antitrasnfuguismo reuniuse en Madrid para analizar o caso de A Pobra de Trives xunto con outros máis. E foi taxante, podédelo ver na web do Ministerio de Administraciones Públicas, xa que considera que os dous ex-edís socialistas son tránsfugas e os edís do PP beneficiarios, polo tanto este é un caso de transfuguismo e o Partido Popular debe expulsar das súas filas ó alcalde e concelleiros triveses.
Ás poucas horas de producirse esta nova, Baltar, Presidente do PP provincial e promotor desta censura, nun acto de fariseismo e cinismo político dixo que entón habería que cumprir o pacto e expulsar a estes concelleiros do PP.
Pero o máis curiososo acontecía hoxe pola maña. Dende o Grupo Provincial Socialista da Deputación de Ourense, do cal son asesor, apresurámonos a preparar unha moción de condena do caso de trnasfuguismo trivés xa que hoxe era o pleno ordinario.
Dita moción debatiuse, o Grupo Socialista e o grupo do BNG condenaron taxantemente estas práctica de mercadeo de vontades e ¿cal foi a última xogada de Baltar?
Pois incríblemente reixeitou a moción de condea e contraviu o que dixera a Comisión do Pacto Antitransfuguismo (na cal está representado o PP e que condenou este acto de Trives).
Pero así é Baltar un trileiro e un titiriteiro que é quen de denigrar a actividade política desta provincia. Promotor de ducias de mocións de censura alá onde non é quen de gañar democraticamente as eleccións. Pero os tempos van mudando e quédanos pouco tempo de seguir soportando estoicamente estes actos de camaleonismo.
Aquí vos queda o recollido da rolda de prensa por Ourensedixital.
Etiquetas:
A Pobra de Trives,
Baltar,
Moción de censura.,
PP,
Tránsfugas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
E tí Eladio, que tes que decir de todo esto. Porque e xusto recordar que tí apoiaches e permitiches a lista do PSOE en Trives. E incluso eles mismos dicen que tí foches un dos que os animaron a facela moción de censura.
Agora teras algo que decir, ou saes pola porta de atras agora que non che interesa...
Publicar un comentario