Remata o Ouff e eu asisto a miña última proxección no Festival. Ó final decidinme pola cinta húngara de Róbert Alfondi titulada Tranquilidade (Nyugalom), que se proxectaba dentro da sección Diálogo de xeracións.
Desgarrador drama de 108 m sobre a castración da personalidade dunha nai a un fillo. Unha película na que todo xira en torno ás mulleres: a nai, a moza, a amante, a prostituta, a irmá, a veciña,... pero na que o centro é Zalán Makranczi.
Unha interpretación extraordinaria deste último e de Dorottya Udvaros (no papel da súa nai), pero tamén un magnífico guión a compañado dunha boa fotografía e dunha gran banda sonora.
A historia xira en torno á vida dun a utor literario que intenta desesperadamente vivir a súa propia vida e namorarse, e que está baixo a sombra da súa nai, unha ex-actriz maníaco-depresiva, na época da decadencia do comunismo.

Quedeime cunha frase da película, nun dos momentos máis dramáticos da mesma que reflexa a crudeza da relación nai-fillo. A nai diríxese ó fillo e dille " É que o noso corazón...", ó que o fillo contesta con desgarro "Mamá, nós non temos corazón... mamá nós temos mocos, en vez de corazón"
Apuntade o título e se tedes ocasión non vola perdades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario