jueves, 16 de octubre de 2008

"O outro" (El otro), puuuffff

Puuuuffff.....
Quédome con esta expresión, porque foi a que me saiu sin querer cando rematou a película. O outro (El otro) última película de Ariel Rotter incluída na sección de Perlas Inéditas do OUFF creo que se salva gracias á brillante interpretación de Julio Chávez.Pero esta cinta que recibiu o Gran Premio do Xurado en Berlín (xunto co Oso de Prata ó mellor actor), baixo o meu punto de vista está falta de ritmo e presenta unha gran incosistencia.

Ó sair do cine, intercambiei opinións con algunha outra xente.Precisamente eso que para min foi case un tedio, eses minutos e minutos sin decirme nada, para outras persoas foi o gran momento da película. Momentos que para eles invitan á reflexión sobre eses momentos na vida de case todos, que nos gustaría ser outro e desaparecer da nosa realidade.

Pero, que queredes que vos conte, a min pareceume simplemente un puuuuffff.....

De todas formas, invítovos a que a vexades e discutimos sobre ela.

No hay comentarios: