viernes, 5 de septiembre de 2008

Por fin... cara a unha lei de prazos


Por fin este goberno vai afrontar con valentía a reforma da Lei do Aborto.

En toda Europa só en Andorra está prohibido abortar e en Irlanda só se permite se corre risco a vida da nai.

A partir de ahí, os países máis retrógrados, no referente ós dereitos das mulleres a decidir se queren abortar, son Polonia, Finlandia Reino Unido e España.

Os demais países europeos contemplan unha lei de prazos que vai dende as dez semanas de Turquía, Portugal ou Eslovenia ata as vintecatro de Holanda.

Pronto no noso país as mulleres poderán decidir se queren traer un fillo/a ó Mundo ou non. En fin, un novo avance en dereitos sociais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ver si he certo ou se como en todalas leis se acaba medio pactando co PP e coa Igrexa coma no caso da inxusta lei da Memoria Historia, que exime de rexulgalos xuizos de Franco e condenar aos responsabeis, inda que sexa teoricamente, no caso da lei da educación que non se sacou Relixión das escolas ou no caso do financiamento católico, que ao final se lle deixa a posibilidade do 0,7%.
Esperemos que non ocurra o mesmo co aborto.