sábado, 26 de julio de 2008

Comeza a retramisión

Comeza o 11 Congreso Nacional do PSdeG-PSOE. Ata o de agora todo é barullo, voltas para un lado, voltas para o outro... Pero dentro de 15 muinutos darase o pistoletazo de saída.
A estas horas Blas e todos/as os/as de organización andan coma tolos, pero esto é sempre así. Ós/ás que curran tócalle estar en todo ó mesmo momento.
A partir de agora prometo achegarme a cada pouco polo rincón habilitado para os bloggers e irvos contando ó minuto (todo aquelo que vos poda contar) o que vai acontecendo no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Osorio podes facer o favor de facer unha entrada na túa web do programa de festas de Río??


PROGRAMA DE ACTIVIDADES SOCIO-CULTURAIS
SAN XOAN DE RÍO
VERÁN 2008

Mércores, 6 de agosto:

DÍA DA MULLER:
HOMENAXE AS MULLERES NA EMIGRACIÓN

Como xa ben sendo habitual, a Asociación de Mulleres organiza un día enteiro de actividades, este ano homenaxeando as mulleres na emigración.


Xoves, 7 de agosto

22:30 horas:
TEATRO:
IMAXINARIUM PLUS
Praza do Concello

Teatro Cómico.


Venres, 8 de agosto:

RUTA DE QUADS

Ruta de quads polos camiños do noso Concello. Apuntarse no Concello

RUTA DE CABALOS

Ruta de cabalos polos camiños do noso Concello. Apuntarse no Concello

22:00 horas
GRANDE CEA POPULAR
Pavillón

Anotarse antes do Mércores 6 no Concello de San Xoán de Río.
Prezo:10 €, menores de 10 anos de balde.

24:00 horas
ORQUESTA SOLARA
Campo da festa

Gran actuación da orquesta espectaculo Solara ata altas horas da madrugada.


Sábado, 9 de Agosto:

18:00 horas
ABERTIÑO DE BILLARDA
Pavillón

1º Abertiño de Billarda de Río, organizado pola “Liga Nacional de Billarda”. Anotarse no Concello ou o sábado antes das 17:45 no pavillón.
Colaboran:
VIEIROS
NOVAS DA GALIZA
Premio: Queixo, viño e bica.

18:00 horas
ANIMACIÓN CULTURAL
Praza do Concello

Animación cultural para os mais pequenos con multitude de xogos.

22:00 horas
ROCK IN RÍO
Campo da festa.

Preparate que este ano temos un cartelazo e virá xente de todo o país de festa a Río.

Tocarán:

CUCHUFELLOS
Ska, pachanga, ritmos balcánicos, troula

SKARNIO
Combat ska from Galiza

SKACHA
Punk, rock, hardcore


Domingo, 17 de Agosto:

DÍA DA BICICLETA:
CLINIC DE CICLISMO

Técnicas de conducción, maniobras de reparación, circulación en estrada, consellos prácticos, circuito práctico, sorteo de material.
Impartida por “Jesús Carballeiro”, campión galego de Mountan Bike.





Se queres os carteis, así coma panfletos electrónicos ou o cartel so do sábado do Río Rock avisa a abelaido@hotmail.com

Gretel dijo...

Quería saudarte, foi un precer coñecerte

Bicos compañeiro.

Lémosnos.

Anónimo dijo...

Xa que falades de Río, alguén podería indicarnos como se contacta coa fundación xermán Estévez para a protección da naturaleza.

Unknown dijo...

Eladio quería dicirche que me gustou moito o teu blog. Aínda que non tiven ocasión de falar contigo no Congreso e de dicircho, pero seguro que nos vemos noutra ocasión. Un saúdo compañeiro.

Anónimo dijo...

Pro da fundación Xermán Estevez, deixa un mail ou algo e che paso os datos dalguén da asociación