domingo, 20 de enero de 2008

Faltan 49 días. Comezamos a "xira".



Onte faltaban 50 días e os socialistas comezamos a "xira" polas diversas comarcas ourensáns para presentar o comité de campaña, os/as candidatos/as e o método de traballo de cara ós vindeiros comicios do 9 de marzo.

O sábado o acto celebrouse en Castrelo de Miño e ía destinado ós/ás comapñeiros/as do Ribeiro. Eu non puiden asistir debido a que estaba no meu pobo desfrutando da festa dos Fachós. Era o último luxo que me podía permitir ata o 9 de marzo. A partir de agora tócanos traballar a reo. Para nós xa non quedan nin festivos nin domingos.

Hoxe fixemos un acto con triplete en San Cibrao das Viñas destinado ós/ás compañeiros/as da comarca de Ourense. Primeiro houbo un primeiro acto de traballo sobre a campaña, logo un acto público con prensa no que falaron Eladio Fernández (portavoz en San Cibrao), Alberto Fidalgo (nº " ó Congreso), Miguel Fidalgo (nº1 ó Senado) e Elena Espinosa (Ministra de Agricultura e candidata nº1 ó Congreso), e logo inaugurouse a Casa do Pobo de San Cibrao (no Polígono).

Foi un acto moi bonito. Primeiro por ver xa a todos/as os/as candidatos/as "actuando" xuntos, e logo tamén pola presencia de Eladio, que sempre é tan emotivo.

Bueno, volve a comezar a campaña (ou precampaña). A partir de agora procurarei estar todos os días 5 minutos con vós contándovos o acontecer destes días.

No hay comentarios: