viernes, 30 de marzo de 2007
Presentación da candidatura do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas
viernes, 23 de marzo de 2007
Esto empezame a dar medo

Las declaraciones ponen en evidencia el profundo sectarismo de Jesús Polanco, desvanecen cualquier pretensión de imparcialidad del Grupo Prisa y comprometen la capacidad de cualquiera de los medios que lo integran de informar de manera veraz y objetiva.
Las declaraciones suponen además una agresión injustificada contra millones de españoles que se ven reflejados en los valores de libertad y democracia que representa y defiende el Partido Popular.
Comunicamos a todos los ciudadanos, y de manera especial a los accionistas, anunciantes y clientes de ese grupo de comunicación que, desde este momento y mientras el Sr. Polanco no rectifique pública e inequívocamente sus lamentables declaraciones, el Partido Popular dejará de atender todas las convocatorias de entrevistas, tertulias y programas del Grupo Prisa y demás empresas controladas por Jesús Polanco".
jueves, 22 de marzo de 2007
O inxenio de Blas, o desnudo de Pataki e as reaccións do PP
Estes días como poderéderes ver non estou moi prolífico en artigos. É por mor das vindeiras eleccións municipais, xa estamos en precampaña e practicamente non teño tempo para nada. Hoxe tampouco vos vou a escribir nada da miña colleita. Só vós quero invitar a que visitedes un blog dun compañeiro do PSdeG-PSOE, e á vez gran amigo (aínda que pareza raro). A dirección é http://blasgarcia.wordpress.com/.jueves, 15 de marzo de 2007
O dereito a vivir dignamente e o dereito a morrer dignamente.
Hoxe morreu Inmaculada Echevarría, morreu porque ela o desexaba. Levaba 27 anos desexando que chegara este intre.Inmaculada padecía unha distrofia muscular progresiva que a deixou tetrapléxica, conservaba a vida artificialmente (se a eso se lle podía chamar vida) porque estaba conectada a unha unidade de ventilación mecánica. Este foi un tema que provocou moita controversia nos últimos días como xa o fixera no seu día o caso de Ramón Sampedro. Neste tema, coma noutros moitos onde se fala sobre decisións individuais das persoas sempre se mistura unha certa moralina procedente dos principios relixiosos dalgúns.
Con este tipo de decisións ninguén está reivindicando que cando unha persoa se atope postrda nunha cama de por vida padecendo unha enfermidade irreversible a haxa que desconectar das máquinas. Aquí estamos a falar, sinxelamente, de que cando unha persoa se atope nun caso coma este poda decidir por sí mesma que é o que quere facer. Eu respecto, e moitísimo, aqueles que queiran conservar a vida, dende logo que é moi valente pola súa parte. Pero non é menos valente aquel que decide non seguir vivindo porque a súa existencia carece de sentido.
Deixémonos de crernos con poder de decisións sobre os demais e loitemos por ter a capacidade de decidir por nós mesmos e que non sexan outros os que decidan.
Eu entendo que haxa xente que lle dean reparo este tipo de decisións por estar impregnados da cultura que irradia a Igrexa, pero que eles non entendan a nós, os que non temos a "sorte" de crer nun máis alá, nin nun máis acá, nin nun Deus o que lle pertence a nosa vida...
Un gran día para as mulleres...e para os homes

martes, 13 de marzo de 2007
Un Luxo par aos oídos,Eduardo Madina en Ourense
O pasado día 8 de marzo, día da muller traballadora, tivemos o enorme pracer de escoitar no "Foro La Región" de Ourense a voz do deputado socialista Eduardo Madina.
A verdade é que nunca escoitara a Edu Madina, pero xa me falaran moito e moi ben del, sobretodo Laura Seara e Lalo G. Rosales. Foi todo un luxo poder escoitar as súas verbas tranquilas, esperanzadoras e tranquilizadoras. Fixo un percorrido, dende o punto de vista social, político e antropolóxico, da sociedade vasca e do panorama actual que se vive tanto en Euskadi como en España. Defendeu que a orixe do "conflicto vasco" xurde como un choque de identidades entre os que defenden a concepción romántica e mitolóxica do nacionalismo e os que defenden dende a ilustración o Estado de Dereito. Ante este conflicto Madina fixo un chamamento á razón fronte ó corazón para defender os ideais. Unha razón que invite o diálogo, e é que Edu invita o diálogo. Vendo o panorama actual no que o PP está a crispar todos e cada un dos días do ano, a veces a algún como a min entranos a dúbida de que é o que quere o PP, se quere a paz ou lle compensan máis outras cousas para sacra rendibilidade política. Pero para Eduardo Madina, non hai lugar á dúbida defende sen titubeos que o PP busca a paz. Dinos que non lle cabe a menor dúbida, que teñen traballado moito por ela e tamén sofrido, pero o problema é que non se fían de quen a xestiona.
É esperanzador ver a unha persoa que viviu nas súas carnes a violencia de ETA (padeceu un atentado que lle costou unha perna e case a súa vida)e que aposta pola vía do diálogo fronte a sin razón dalgúns que van ó fácil: a dicir que eles non se moven da súa postura que se movan os outros. Quedeime cunha frase de Madina que é certa como a vida mesma: Nun proceso de paz o último paso pasa sempre, ineludiblemente, pola vía do diálogo. Esto está escrito en todos os manuais de resolución de conflictos, e quen non sexa capaz de ver esta realidade é que non é capaz de resolver o conflicto.
Dende este pequeno rincón, coa miña maior modestia querolle facer unha pequena homenaxe a este home tan grande (non só en altura). Edu dende aquí transmitirche todos os meus respectos e amiña admiración. Unha aperta
Chema Madoz. Un fotógrafo que pinta ideas.

Arto Tuncboyaciyan e Armenian Navy Band
Con esta entrada só vos quero convidar a que escoitedes algo de música. Hoxe que moita xente busca o purísmo eu reivindico esa música máis complexa.
Descubrín hai anos a Arto Tuncboyaciyan e a Armenian Navy Band, músicos armenios que intentan mistura todo aquelo que os rodea, esas músicas asiáticas e europeas coas que medraron. Outro tipo de música que seguro nunca escoitaredes nos 40 Principales
Canto peor...mellor
oximarse a media europea, estase a por en marcha o cuarto piar do estado de benestar (Lei de Dependencia), estamos a ser un dos países claves nas relacións europeas, co mediterráneo e con latinoamérica, estamos a xulgar ós asasinos do 11-M, estamos a ampliar a gratuidade dos libros de texto, estamos a por en marcha máis leis que ningún outro goberno, pero nada desto se ve, nin se escoita.... Ó PP non lle interesa que se vexa nin se escoite.jueves, 8 de marzo de 2007
Nova páxina web do PSdeG-PSOE de Ourense
lunes, 5 de marzo de 2007
Os axitadores de gaseosa
se axita a botella da gaseosa antes de abrila, ó sacar o tapón bota todo para fora. Estes dous señores, Alcaraz e Jiménez Losantos son, entre outros uns dos que máis lles gusta menear o recipiente. Estamos vivindo uns momentos convulsos en España. Xente como estes dous elementos dedícanse a poñer a palla. Rajoy, Aznar, Acebes, Zaplama e Espe poñen o mechero. Logo por detrás veñen estes grupúsculos de extrema dereita que hoxe habitan dentro do Partido Popular e son os que pegan lume.
ar unhas declaracións de Mariano Rajoy nas que dicía que na próxima concentración que están a preparar non lle importaba en absoluto que apareceran bandeiras preconstitucionais nin que se unisen á mesma xente de extrema dereita. Dicía que el convocaba a manifestación para que se unisen todos os cidadáns que estiveran en contra das decisións do goberno en materia de terrorismo. domingo, 4 de marzo de 2007
O Horror da guerra dos Balcáns
mo trascorreu este conflicto. Mladic, o xefe militar serbobosnio daba ós cativos pan fronte ás cámaras, e cando estas deixaban de grabar quitáballo. En Sebrenica aniquilaron a 8000 homes musulmáns a sangue fría, doce anos despois o Tribunal Internacional de Xustiza da Haxa dictaminou que foi un xenocidio, pero absolve a Serbia da responsabilidade do mesmo. Esto parece unha burla, e máis despois de que este xenocidio se producira pola pasividade dos cascos azuis destacados na zona.
cal eran tomados a pitorreo polos soldados, e civis armados de ambos bandos. Moitas veces estas forzas internacionais dispoñías de 40 ou 50 efectivos para controlar poboacións de 20000 ou 30000 habitantes.
vouvos a contar unha experiencia un tanto tétrica que me ocorreu. Uns anos despois do conflicto entre Serbios, Bosnios e Croatas, produciose o conflicto de Kosovo. Por esas datas eu ía dende Barcelona ata Viena en avión e o cruzar os Alpes, o comandante da nave informounos que tiña que elevar a altura porque por debaixo de nós, e a esquerda ía pasar un escuadrón de cazas e caza-bombardeiros que saían dunda base da OTAN en Italia para ir a bombardear á guerra de Kosovo. Aqueles avións ían cheos de armas para destruír edificios e matar persoas.O casco vello de Castro Caldelas é declarado Área de Rehabilitación de Conxunto Histórico
sábado, 3 de marzo de 2007
Candidatura do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas
dos reunímonos a Asamblea do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e eleximos a candidatura ás eleccións municipais de 2007. Hai unhas semanas xa eleximos ó cabeza de lista, Eladio Osorio Castro. En ambos procesos a unanimidade foi a tónica dominante.O Partido Popular e a autovía A-76
Estamos totalmente convencidos, e xa o estabamos hai meses, que os alcaldes do Partido Pop
ular da comarca están a empregar a Plataforma como unha arma electoral. Baltar, presidente do PP, ve perigar a súa hexemonía nas comarcas de Trives e Caldelas debido as excelentes candidaturas que está a presentar o PSdeG-PSOE e dá orde os seus alcaldes de que empreguen e manipulen a Plataforma mentres lles sexa beneficiosa. Ata o de agora utilizaron o seu presidente para dinamitar ó PSOE, pero dende o momento en que se fixo público que Francisco José Fernández optaba á alcaldía de Trives como independente, resulta que todo o que ata o de agora era bo convértese en malo.Os alcaldes do PP censuran que Francisco José Fernández sexa candidato á alcaldía de Trives e critícano por haber utilizado a plataforma como trampolín de salto cara a política. Cunha dobre moral e dúas varas de medir se trata á xente neste colectivo, xa que nunca se criticou por parte dos do PP que a plataforma estivera controlada por unha concelleira do Partido Popular de Montederramo como presidenta dunha asociación, ou que na directiva estivese o tenente-alcalde de Chandrexa de Queixa representando a un sindicato, ou que un dos membros máis destacados fora o tesoureiro do Partido Popular en Trives.
É totalmente lexítimo que as asociacións se agrupen para defender os intereses da comarca, pero todos estes feitos veñen a avalar a nosa teoría de que o PP se subiu ó carro e foi o partido que adoptou posturas máis radicais e de total enfrontamento cara ó goberno para desgastar ó PSOE e sacar rédito político.
Posiblemente o presidente da plataforma tería que habela deixado antes, para que non se visionase que empregaba esta como un altavoz da súa candidatura. Pero e se os alcaldes do PP esixían esto, ¿como é que eles seguen sendo maioría na plataforma e son eles os que poñen e quitan presidentes?.
A xogada de onte votando todos os alcaldes do PP da comarca en bloque para forzar a dimisión do presidente confirma que o Partido Popular ten unha estratexia marcada na que só lle vale dinamitar ó PSdeG-PSOE e favorecer os seus intereses.
Están nerviosos porque saben que a día de hoxe teñen unha grave crise interna en Trives e a súa alcaldía dana por perdida. Os Socialistas estamos facendo un gran esforzo por renovar e ampliar as nosas candidaturas nos concellos da comarca, e os alcaldes do PP e Baltar ven perigar o seu deputado provincial. Esto é o que verdadeiramente lle importa a eles, e nada máis que eso.
viernes, 2 de marzo de 2007
Os matrimonios homosexuais e a moral do PP
debatirse no Congreso dos Deputados unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida por HazteOir.org e o Foro de la familia para derogar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e que só os matrimonios heterosexuais poidan adoptar cativos/as. Foi rechazada xa que votaron a favor PSOE, PNV, ERC, CC, IU, Grupo Mixto, dous diputados de CiU e unha drputada do PP, Celia Villalobos, o que provocou que o seu partido a multara. En contra posicionuse o PP e Unió Democrática de Catalunya, mentres varios deputados de CiU se abstiveron.
o Popular. Tampouco entendo como algunha xente que comulga con este partido e que é homosexual non é capaz de alzar a súa voz contra tanta intolerancia. Respeto moito, no persoal, a Pepe Araujo, concelleiro do PP en Ourense, homosexual confeso, e unha das primeiras persoas en España que contraiu matrimonio coa nova Lei, pero non sei como é capaz de convivir co carnet do seu partido todos os días no seu bolsillo. (Aínda así quero enviarlle dende aquí a miña máis sincera noraboa polo seu matrimonio).
n contraer matrimonio porque o diccionario di que o matrimonio é a unión do home e da muller concertada mediante determinados ritos ou formalidades legais e no catolicismo, é o sacramento polo cal o home e a se ligan perpetuamente con arranxo ás prescripcións da Igrexa. Pero, imos a ver, o diccionario está para cambialo. No diccionario cambiase o significado das palabras segundo o uso que lle deamos a poboación as mesmas. Entón, ¿non sería solidario e de igualdade que lle brindásemos o oportunidade de usar unha mesma palabra os homosexuais?. Porque non é máis ca eso unha palabra.




