sábado, 5 de julio de 2008

A foto do Congreso

Confirmado, o que era un segredo a voces: Pepe Blanco, Vicesecretario e Leyre Pajín, Secretaria de Organización.
A foto (aínda que algo maliña) reflicte a emoción coa que Leyre acolleu esta nova.
Tres galegos/as na executiva: Pepe, Carmela Silva e Bugallo, alcalde de Santiago ;)
A delegación galega chea de ledicia por todas estas apostas.

Un partido moderno

Un partido moderno, que muda cousas, que avanza para adaptarse á sociedade. Neste camiño está traballando o PSOE.
É espectacular os avances en novas tecnoloxías que hai neste Congreso. Nin eu, que procuro estar ó día en todo esto, me entero de todo. Será que me fago vello e me supera xa todo esto?
Un avance moi importante é crear estructuras municipais nas grandes cidades. E outra o de crear estructuras provinciais no País Valenciano e en Galicia, onde aínda non existían. Esto non ten porque supor o fin das estructuras comarcais. Pero, é verdade, que suporá un gran avance para que a estructura do Partido se pareza máis á sociedade.
Seguireivos contando ó final da tarde ou mañá pola mañá.
Agora vou a votar para o Secretario Xeral do Partido.
Apertas dende Madrid.

Xiro cara a esquerda no PSOE

Cando en España parecía que si un partido político non xiraba cara o centro estaba perdido, cando tanto o PP coma o PSOE pelexaban por acaparar este espazo porque si nos facía así parecía que nunca se gañarían unhas eleccións, o PSOE xira con paso firme cara a esquerda.
Pero xira a esquera non como imposición dun sector do Partido. Xira a esquerda porque todos e todas as militantes cremos que así debe ser.
Vaise producir un avance importantísimo no carto suposto do aborto, no tocante á eutanasia e no referente á laicidade do Estado.
Eu estou pletórico e feliz, porque creo firmemente nestes tres avances cara a un Estado máis sensible con tres grandes problemas que a sociedade reclama que se arranxen.
Noutra orde de cousas, onte escoitando a todos e todas as cabezas de delegación rexionais púxoseme a pel de pita escoitando a Patxi López. Unha persoa que, estou convencido, será o próximo lehendakari vasco.
O ruxe ruxe segue nos pasillos e nas comisións sobre como vai a quedar a executiva. Todo apunta a que Pepe Blanco deixará Organización para escalar cara a unha nova Vicesecretaría do PSOE e o seu posto será ocupado por Leire Pajín.
Entre a delegación galega non está de todo claro quenes estarán na Executiva. Está claro que estará Pepe Blanco e Carmela Silva. Pero o máis seguro e que haxa un terceiro nome, unha muller...
A ver como quedan as cousas, porque entre a delegación galega hai un certo desasosiego...para que contar máis.
Do resto, aquí aprendendo moito, e desfrutando dalgo que me gusta moito: a Política. Poder defender avances que logo recollerá o meu partido e que se porán en marcha (espero) en España.

viernes, 4 de julio de 2008

Esto está arrancando

Pois nada, amigos/as, chegamos ben a Madrid. Eran as 12 e xa estabamos no recinto do 37 Congreso Federal (e sin perdernos).
Pola mañanciña non moita cousa: constitución da mesa (por certo está Ricardo Varela nela), informe de xestión, un fenomenal discurso de Pepe Blanco...
Logo comida, e o máis importante ver por primeira vez fisicamente a moitos cibermilitantes e compañeiros/as coñecidos só na rede.
Estiven con César Calderón, José Luis Prieto, Blas García, Carro, Miguel Fidalgo, Iván Puentes, etc... Algúns de nós estivemos concretando un frente común para defender as enmendas relacionadas coa cibermilitancia socialista.
Agora á tardiña ímonos xuntar a delegación de Galicia para aunar posicións e preparar as comisións.
Por certo, eu vou estar na comisión catro, son o único de Ourense presente nesta comisión: a de Estatutos. É a comisión máis importante e onde se van decidir as futuras liñas políticas do PSOE nos vindeiros catro anos.
Non teño moito tempo para seguir escribindo, pero prometo contarvos de cando en vez como vai todo esto.
Unha apertiña dende Madrid.

Pola Paz

Non son nada afeccionado á música de Juanes, pero creo que hoxe merecen que colgue este vídeo no meu blog como homenaxe á liberación dun grupo de reféns que levaban moitos anos presos nas mans das FARC.
Este tema está a ser moi mediático porque estre ós/ás liberados/as atopábase Ingrid Betancourt. Pero non debemos esquecer que na selva colombiana, como noutros moitos lugares do Mundo hai moita xente presa e secuestrada por mal chamados grupos de liberación ou revolucionarios.
Non hai nada neste Mundo que xustifique un asasinato nin un secuestro.
Noraboa ó exército colombiano e a todos/as aqueles/as que combaten o terrorismo en calquera lugar do planeta.

jueves, 3 de julio de 2008

Elena Espinosa nas futuras oficiñas da CH Miño-Sil

Moito traballo, esforzo e loitas lle costou o PSdeG ourensán convencer de que a sede da tan ansiada Confederación Hidrográfica Miño-Sil-Limia tiña que estar na cidade das Burgas, pero conseguiuse.
Hoxe Elena Espinosa acompañada de Jorge Marquínez (presidende provisional da CHMSL), Pachi Vázquez e Paco Rodríguez presentaron as dependencias que albergarán en cuestión de días á Confederación Hidrográfica na capital ourensana.
En menos de dez días xa terán novo presidente. Un gran éxito para todos/as os/as ourensáns.
E a Elena esperamos vela en pouco máis de tres semanas por Castro Caldelas, pero xa vos irei contando.
Agora vou preparar a maleta para marchar cara a Madrid ó 31 Congreso Federal do PSOE.

miércoles, 2 de julio de 2008

Vídeo de benvida de Zapatero ó Congreso do PSOE

No Congreso do PSOE estase a dar un pulo ás novas tecnoloxías. Este será o vídeo que recibiremos no móbil nada máis chegar ó recinto.

Preparándose para o 37 Congreso Federal

Estes días, como podedes comprobar, estou algo máis vago que de costume para escribir. Hai quen xa me chamou para ver si era por mor da enfermidade que me diagnosticaron hai pouco, e que non levo moi ben polos seus efectos colaterais (problemas coas miñas gatiñas).
Estou intentando mudar os costumes dentro da miña vivenda para ter o menor contacto posible con elas, pero a verdade é que se me cae a alma ós pes. Vexoas pasar por diante de min, súbense o meu regazo, frótanse contra as pernas, miáñanme con cariña de pena para que lles dea unhas cariñas, pero eu a manter o mínimo contacto con elas. A verdade é que é moi triste.
Pero bueno, o que iamos... Estes días andamos a prepararnos para o 37 Congreso Federal do PSOE que se desenvolverá en Madrid. Da provincia de Ourense imos 9 compañeiros/as capitaneados polo noso Secretario Provincial Pachi Vázquez.
Estes días eu ando inmerso en darlle un vistaciño á ponencia marco e ás emendas que presentamos á mesma.
Espero pode contarvos o día a día do congreso dende Madrid.

jueves, 26 de junio de 2008

Un grave contratempo e un gran dilema


Non vos podedes imaxinar o mal que o levo pasado todo o día. Preguntarédesvos o por que. Cando volo explique, posiblemente a moitos/as pareceravos unha chorrada, pero a min hoxe tenme sumido nunha seudodepresión.
Algúns aínda non saberedes a que veñen estas fotos e que teñen que ver co meu contratempo e o meu dilema.
Dende hai uns meses (xa bastantes) teño problemas respiratorios (as veces agudos) e algunha alerxia. Decidín por fin ir a facer as probas e hoxe era o día.
O resultado é que son asmático, con todo o que esto conleva, medicación e medicación. Pero esto non foi o que fastidiou o día de verdade. O meu gran contratempo é que nas probas da alerxia o resultado foi que son alérxico a cans e gatos.

Na nosa casa, Belén e maís eu temos dúas gatiñas siamesas (Branquiña e Mouriña), antes tivemos a Mico. Non vos podedes nin imaxinar o cariño que lle chegamos a coller a estes bichiños. Agora a médica dime que vaia pensando en deixar de convivir con elas xa que supoñen un grave risco para a miña saúde.

Despois de coñecer esta nova quedeime totalmente frío. Algúns seguro que non entendedes que esto supoña un pequeno drama para min, pero é que non sabedes todo o que nos teñen dado estas dúas xoias.

Ímonos tomar un par de meses para que me fagan máis probas e ir madurando unha decisión, pero hoxe por hoxe paréceme imposible que deixe a estas dúas siamesas.
Bueno vou deixar de escribir e poñerme a facer algunha cousa por ahí que me distraia porque aínda se me van cair unhas lágrimas.








Noites máxicas no Mosteiro de San Paio

Os/as que sodes asiduos lectores do blog de Bautista Sotelo seguro que estes días estabades todos/as intrigados/as polas últimas entradas que poñían "Faltan XX días".
Agora xa podedes entrar no seu blog ou no de Amigos de Caldelas e saber de que se trata. Bautista andivo polo Castro este último fin de semana e comentoume que xa tiña todo últimado. Eu estaba enterado de que el e algunha outra xente andaban tramando unha iniciativa cultural novedosa en san Paio, e por fin saiu adiante.
O tema en cuestión é que todos/as os/as caldelaos e a xente que se queira achegar ata as ruinas do Mosteiro de San Paio da Abeleda nas noites do 31 de xullo e 1 de agosto poderán disfrutar nas "Noites de Contos" de dous dos mellores contacontos mundiais: Quico Cadaval e Carlos Blanco.
Todos/as os/as que poidades asistir non vos perdades estas noites de contos porque o xa de por si máxico marco no que se desenvolven hai que unir que tanto Cadaval como Blanco aseguran que pasaredes unhas noites de conto...
Vémonos alá.

Dende aquí darlle a noraboa ós/ás organizadores deste evento, porque o merecen.

A primeira foto é unha vista bastante recente do Mosteiro de San Paio dende O Couto. A segunda fotografía é da portada tardorrománica que comunica o patio interior do mosteiro do camposanto, esta é do ano 2003.

miércoles, 25 de junio de 2008

"La Tertulia" de Telemiño

Onte fun invitado o programa "La Tertulia" de Telemiño. Dende hai un tempo téñenme en "plantilla" ;).
Asistimos Rafael Fernández representante en Ourense de Por un Mundo máis Xusto, Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa concelleiro do PP en Ourense e máis eu.
Coma sempre falamos do divino e do humano, pero sobre todo démoslle unha voltiña a nosa particular visión do sistema de representación dos partidos políticos nas institucións, as posibles reformas que se deberían de facer para que algúns partidos non salian tan agraviados dos procesos electorais e cales son os sistemas de representación escollidos por outros países de Europa.
Poderedes ver o programa nos vindeiros días na canle Telemiño.

"Los girasoles ciegos"

A película máis esperada por todas e todos os ourensáns xa ten o tráiler promocional.
O gran José Luis Cuerda rodou case toda esta película en Ourense (eu tiven a oportunidade de seguir o día a día), pero tamén na nosa comarca, e máis concretamente en Montederramo.
Aquí participaron moitos veciños/as e coñecidos/as de Castro Caldelas e do propio Montederramo.
Eu téñolle un cariño especial a Cuerda. Por unha banda por ter desfrutado enormemente coas súas películas: El bosque animado, Amanece que no es poco, A lingua das bolboretas... Por outra banda ( e como xa lle dixen un día) el tivo algo que ver na miña relación de parella, gracias a lingua das bolboretas (pero eso é outra historia, e non vola vou a contar). E para rematar, un día compartindo comida con el e duas persoas máis camiño de Santiago a Ourense foi cando se me comunicou que o PSOE contaba conmigo para as tarefas que estou realizando agora. En fin, unha chea de recordos

lunes, 23 de junio de 2008

O fútbol

Eu non son moi futboleiro, pero cando hai un bo motivo si que me gusta ver os partidos. Onte era un destes díase fómonos o Cadomoki, un gran café cunha pantalle de máis de 12 metros cadrados. Un lugar perfecto para ver a selección.
A imaxe creo que define á perfección o que aconteceu onte pola noite. Bares ateigados e a xente vibrando cun partido precioso contra o noso particular oso: Italia.
O noso carón estaban vendo o partido un par de italianos e un polaco (que ía de Italia) que quedaron cunha cariña de circunstancias que había que velos. O resto das máis de persoas que enchíamos o local vibramos con España, e sobre todo con Casillas.
A foto é do último penalti.

Rali de Ourense

Toda a vida fun un gran amante dos Rallyes e teño feito moitos quilómetros para ver probas do nacional e do mundial. Co paso dos anos parece que se desinfla esta afección, pero este ano volvemonos a xuntar Pedro, Ricardo de Sas, Juan Luis e máis eu para ir a ver o mítico Cañón do Sil, o mellor tramo de todo o nacional.
E mirade o que aconteceu diante dos nosos ollos. Levamos todos un medo impresionante xa que o coche quedou totalmente colgado dun valado de maís de 20 metros en vertical. Se caen abaixo non quero nin pensar en que houbese pasado.
E pensar que non hai moitos anos poñíamonos todos a ver a proba onde se saiu o coche. Menuda cabeciña tiñamos. Hai que dicir que o Rali de Ourense cad ano gaña máis en seguridade.
O vídeo é de Spyneer7

100 anos de Salvador Allende

"La Historia es nuestra, y la hacen los pueblos. Estas son mis últimas palabras y tengo la certeza de que mi sacrificio no será en vano. Tengo la certeza de que, por lo menos, será una lección moral que castigará la felonía, la cobardía y la traición". Así remata o derradeiro discurso radiado de Salvador Allende antes de morrer.Con el despediuse de Chile, o país que presidiu entre 1970 e 1973. As súas palabras non tiñan amargura, senón decepción. Nese intre, unha bomba estourou no Pazo da Moeda, semidestruído polo fogo da aviación e os tanques.
Salvador Allende foi un presidente popular que incomodaba ós poderosos. Un home que abanderou unha xeración na que política e utopía ían da man, que soñou con que a fusión entre socialismo e democracia podían facerse realidade. Un home que gobernou baixo a premisa de respaldar ós desfavorecidos, pero que soubo estar por riba da súa condición de revolucionario. Tralo seu finamento representou ó Chile reprimido durante 17 anos de dictadura. Se con Pinochet se impuxo a amnesia e o olvido como dispositivo de supervivencia, hoxe a figura do presidente mártir merece unha nova revisión.
Allende, que cumpriría cen anos o vindeiro 26 de xuño, foi investido presidente de Chile o 24 de outubro de 1970. Antes licenciarase en mediciña, fundara o Partido Socialista de Valparaíso e foi ministro e senador.
Extracto do artigo publicado por Jesús Centeno en Público o 23 de xuño de 2008.

jueves, 19 de junio de 2008

Moción de censura en Trives. Perdón, perdón, perdón...

Perdón, perdón e perdón. É o único que nos queda por pedir ós/ás socialistas ante os seus votantes de Trives.

A moción de censura entre os/as concelleiros/as do PP e os ex-concelleiros do PSOE non ten xustificación nin é entendible. O adversario natural dos/as socialistas en Galicia é o Partido Popular, e as persoas que encabezaron a candidatura do PSOE en Trives, agora pactan cos que levan 20 anos gobernando, inadmisible...

Como xa dixo onte o Secretario Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Pachi Vázquez aquí saen a frote "os odios personaisque superan ós intereses dos cidadáns". Á "inconsecuencia política dos nosos ex-compañeiros" únese " a ineficacia absoluta dun alcalde que nunca entendeu que sen maiorías non pode gobernar, e que o está facendo moi mal". Por elo, todo o acontecido é un "fracaso colectivo".

É certo que o actual alcalde acadou tal posto gracias ós votos do PSOE, e que este expulsou do goberno ós concelleiros socialistas ós poucos meses. Non se pode gobernar un concello en minoría con arrogancia e prepotencia como se estaba a facer. Pero aínda así ó PSdeG-PSOE en Trives votouno xente progresista que non quería ter un alcalde do PP. Por esto, é inadmisible que dous socialistas apoien como alcalde a alguén do PP.

Paco de Río e Jaime Álvarez deberían entregar as actas de concelleiros e renunciar a seguir na corporación trivesa, e darlle a oportunidade a outros compañeiros socialistas de buscar unha saída a este problema.

Faltou diálogo en Trives, por todas as partes. Cando non hai maiorías hai que negociar todos os temas, pero en Trives non o souperon facer.

Tamén compre dicir que o PSOE xa amenazara a víspera da presentación da moción de censura ós concelleiros socialistas coa súa expulsión se asinaban a mesma.


Os dous concelleiros que ían na candidatura do PSOE, antes de asinar a moción de censura, déronse de baixa no Grupo Municipal Socialista e pasáronse o de non adscritos, polo tanto eu entendo que teñen que ser considerados tránsfugas. En consecuencia o PP non pode avalar esta censura por estar incumplindo o Pacto Antitransfuguismo.
De todos os xeitos, e aínda que nesta historia hai culpas para todos porque cometemos moitos erros dende todos os bandos e dende o inicio de toda esta andaina, eu como Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE en Trives-Caldelas só quero acabar como comecei. Pido disculpas ós/ás triveses/as porque creo que non se merecen todo este culebrón.

lunes, 16 de junio de 2008

Cando se utiliza ás persoas

Pola foto non creo que vos lembredes de quen é este rapaz, pero nos seus días saía en todos os telexornais. Trátase de Elián, aquel neno balseiro que marchou de Cuba para os EE.UU. en compañís dun familiar.
Aquela historia foi unha das utilizacións de nenos para unha causa (neste caso a cubana) máis patética e torticera das que coñezo.
Aquelas frases de "Eliansito, vuelve..." do Comandante en Xefe, camarada Fidel creo que serviu para abrirlleós ollos aqueles/as que aínda non os abriran sobre o réxime comunista cubano.
Ningunha dictarura é boa, ningunha. E esta tampouco, por suposto. E menos con manipulacións como ca de Eliansito.
Por certo, a foto é un capítulo máis desta manipulación que aínda perdura. O acto é a entrega do carné de membro da Unión de Jóvenes Comunistas de Cuba (UJC).

Quintana, quen te viu e quen te ve.

Non é de extranar a que a moita xente do BNG coa que de cando en vez comparto tertulia se lle remexan as tripas ó ver fotos coma esta.
Aquí está o señor Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia. O que antes era Quin a secas.
Moito se fartou de criticar os bailes do PP, a empanada, o polbo a feira, a queimada e os gaiteiros que Fraga levaba a todos os lados.
E agora aquí o tedes, intentando camelar ós maiores cuns bailes e chocolate con churros.
Vós erades os que estabades por riba do ben e do mal cando erades oposición. Agora que sodes goberno pola mañá e oposición pola tarde non hai máis que ver as vosas actitudes en vicepresidencia, cultura e sobre todo medio rural, para dicir: quen vos viu, e quen vos ve.

Aquilino Valencia saíndo do concello de Calvos de Randín

Veciñas e veciños de Calvos de Randín, así como algúns compañeiros/as do PSdeG-PSOE aplaudindo ó alcalde á saída do Pleno.

Veciña abrazando a Aquilino Valencia e demostrándolle ó afecto de todos/as aqueles/as que non cren na tropelía que pretenden levar a cabo os/as concelleiros do PP en Calvos de Randín e Andrade, o tránsfuga.

Aquilo e maila súa dona saudando a aqueles/as que se concentraban no exterior da Casa do Concello de Calvos de Randín.

Aquilino e máis eu saudándonos logo dun día movidiño en Calvos de Randín. Por ahí detrás anda Arcadio de Vilariño Frío, María Quintas de Ourense, Nacho de Ribadavia e Alfredo de Celanova entre os/as veciños/as e compañeiros/as de Calvos.

Máis cousas de Calvos de Randín

Xente a rebosar no Concello de Calvos de Randín, ten que sair polos balcóns e ventanas xa que non se colle dentro. Abaixo á dereita o ex-alcalde do PP mirando cara ó notario. Este individuo é moi coñecido na zoa pola súa boa educación. Non pasa día sen que se meta nalgunha trifulca.
Catro dos que se pretenden pasar os resultados electorais polo.... De esquera á dereita: José Manuel Andrade (o vendido), Antonio Rodríguez (o anterior alcalde), Antonio López (outro concelleiro do PP e ex-alcalde que xa ten recorrido varios partidos políticos) e Sandra Rodríguez (filla do ex-alcalde, de quen tamén foi asesora para poder cobrar das arcas do concello, á actriz principal de todo esto)

José Manuel Andrade e Antonio Rodríguez, dous ex-inimigos que agoran son íntimos amigos. As voltas que dá a vida por mor dos cartos.... e de Baltar.

jueves, 12 de junio de 2008

Fotos da moción de censura en Calvos de Randín. Altercados

Este son eu. Non se aprecia moi ben pero teño un beizo raxado polos matóns contratados polo PP. Ademáis un forte golpe nas costelas. Os feitos están denunciados e os tres agresores identificados.
Simpatizante socialista cun dente menos debido as múltiples patadas da cuadrilla de amiguetes de Baltar contratados para mallarnos ós/ás que estabamos en Calvos de Randín.

Outro socialista de Calvos de Randín cun forte corte nunha man debido a unha arma branca dos homes de negro.

Ex-alcalde de Calvos de Randín pillado in fraganti polas cámaras intentando agredirme. Chámase Antonio e no pobo é moi coñecido por amosar cada dous por tres a pistola que leva enriba case sempre.




Os matóns de Baltar en formación. O que está xusto detras do home calvo e chaqueta marrón é policía local en Celanova e íntimo amigo do Presidente Provincial do Partido Popular.


Pelexa entre iguais. Nove matóns contra tres veciños de Calvos de Randín. Que valentía.
Os amiguiños de Baltar zoupándolle a tres veciños. Mentres unha muller con cámara de vídeo que viña con eles graba todo. Debe ser para promocionar o seu traballo e logo venderse mellor. Xa o vexo.... "OS AMIGUIÑOS DE BALTAR. HOSTIAS A DOMICILIO"

Os homes de Harrelson en Calvos de Randín

Antes de nada pedirvos desculpas por tardar tanto en falarvos da moción de censura de Calvos de Randín. Pero dende o outro día tive bastante traballo e tamén necesitaba tempo para descansar.

CRÓNICA:

Saímos de Ourense, Iria, Lalo e máis eu cara aCalvos de Randín. Cando iamos de camiño falabamos de que posiblemente habería bastante xente, xa que foron moitos/as os que nos comunicaron que querían asistir para apoiar os compañeiros socialistas de Calvos de Randín ante tal aldraxe.

O día anterior estiveramos co alcalde, Aquilino, e xa viramos moitos veciños concentrados ante o Concello cara as 8 do serán.

Pero cando chegamos a Calvos de Randín quedamos estupefactos. Eran pouco máis das oito da mañá e xa nos se cabía no Concello. De feito só Lalo foi quen de dar entrado.

Cada vez viña máis xente para apoiar a Aquilino. Nin unha soa persoa do PP. A espera facíase longa. Aínda quedaban catro horas. Pero de súpeto...sorpresa.

Aparecen dous homes e unha muller cunha cámara de vídeo caseira e cuns distintivos que rezaban "PRENSA TV" colgados cuns cordeis do Concello de Ourense. A xente dáballe a risa, porque xa viran algúns coches pola vila con xente traxeada de negro, de onde sairan estes tres.

Máis tarde comezan a dar voltas polo concello unha ducia de homes de complexión forte e logo vanse, e pasados uns minutos.....

Aparecen tres coches a todo gas pola vila e entran cara a porta do cocello como os Homes de Harrelson, ábrense as portas dun todoterreo, un mercedes e un ibiza e baixan o trásfuga e os concelleiros do PP protexidos por un grupo de matóns.

Sen mediar palabra, estes homes comezan a tirar de nós cara atrás (que estabamos intentando acceder ó concello pero non podiamos debido a gran cantidade de xente que había no interior), logo a agredirnos, dan patadas, puñetazos, codazos, tiran a algunha xente o chan... A min rebéntanme un beizo e danme uns golpes nas costelas. A unha muller que estaba o meu carón tírana o chan e dunha patada na boca sácanlle un dente. A outro home cortanno na man (creo que foi cunha navalla). Agarran a un grupo de mulleres polas tetas con moitísima violencia. Tiran á xente maís maior...

Nesto avisamos a Garda Civil para que os identificase xa que queriamos poñer unha denuncia contra eles. E sorpresa.... varios deles amigos de D.José Luis Baltar.

Sí, sí, do presidente do PP e da Deputación de Ourense. Moi bos amigos. Unha proba máis de quen está tras todo esto, unha vez máis, o Rei das Censuras.

A Garda Civil intenta que os concelleiros/as censurantes entren no Concello, pero ven que é imposible debido a cantidade de xente que hai dentro e os que estamos fora e queremos acceder.

Dende dentro óese que o alcalde berra pedindo que deixen pasar os/as concelleiros/as, pero estes a verdade é que non deben ter moita gana ó ver o ámbiente xa que en ningún momento fan ademán de entrar.

Chega a hora do pleno e este celébrase. catro votos en contra da moción de censura, ningún a favor. Rexeitada. A xente berra dentro. Quere sair, pero é imposible. De feito tardaron unha hora e media.

As 13.30 logra sair o alcalde, que é vitoreado por unha multitude. Todos/as lle berran ALCALDE, ALCALDE. Os do PP e o tránsfuga desaparecidos.

E mentras trascorría todo esto, Baltar na Deputación rexeitaba unha moción do PSdeG-PSOE condeando o transfuguismo e a moción de censura de Calvos de Randín. E para máis inri, onte volvíase o anxo da garda dos censurantes e culpaba de antidemocrático ó PSdeG-PSOE porque. segundo el, impediramoslle ó acceso ó concello os do PP. Como puntilla acusaba o alcalde do PSOE de Cortegada, e ex-comisario de Policía, de estar a fronte de todo. E este atopábase nese mesmo intre xusto onde estaba Baltar, na Deputación.
Creo que non quedan dúbidas de quen foi a artimaña desta moción de censura....o seu nome non é outro que o de JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR.
E Núñez Feijóo mirando para outro lado.

lunes, 9 de junio de 2008

Ver para crer. O tradutor da web do Parlamento de Galicia

Se non o vexo non o creo. Moitas veces cando nos xuntamos por ahí uns amigos comezamos a sacarlle puntada a como sería a traducción literal de moitos topónimos e apelidos ó castelán, pero esta reportaxe da Galega supera con creces todas as nosas elucubracións.

miércoles, 4 de junio de 2008

Estou con Gallardón

Tranquilos/as, tranquilos... Non vos levedes as mans a cabeza. Non mudei a camisa. Sigo no PSOE e a anos luz da política do ideario de Gallardón.
Só dicir que por un día estou con Gallardón, e apoio firmemente no xuizo que está a levar a cabo contra o locutor da radio dos bispos (COPE), Jiménez Losantos.
Imaxino que vós estaredes tamén do mesmo lado, porque Losantos entre outras lindezas dixo de Gallardón que non quería que se investigaran a fondo os atentados do 11-M e tamén afirmou, literalmente: "Lo repito, alcaldín, 200 muertos, 1.500 heridos y un golpe brutal para echar a tu partido del Gobierno. Te da igual, Gallardón, con tal de llegar tú al poder". Ademáis, chamou "traidor, bandido, farsante redomado y lacayo de la oposición" a Ruiz-Gallardón, quen decidiu levalo ós tribunais por inxurias.
A broma pódelle custar ó da COPE, 72.000 €, como pide a fiscalía.

Ollo ó can. ¿A quen?. O can

Ollo ó can. ¿A quen?. Ó can.

Este é o título da foto que o gran fotorreporteiro do Faro de Vigo en Ourense, Suso Regal nos acaba de regalar colgándoa no seu novo fotoblog El Friki Press de Ourense.

Suso, a parte dun grandísimo fotógrafo, é moi afeccionado a esto dos blogs. Recoméndovos que visitedes El arte del tiro con arco (blog de fotografía e poesía), Cosas que se cruzan (fotoblog) e Otras cosas que se cruzan (outro fotoblog).

E xa para rematar deixovos outra fotiño de Suso, titulada Un par de rojillos.