jueves, 19 de junio de 2008

Moción de censura en Trives. Perdón, perdón, perdón...

Perdón, perdón e perdón. É o único que nos queda por pedir ós/ás socialistas ante os seus votantes de Trives.

A moción de censura entre os/as concelleiros/as do PP e os ex-concelleiros do PSOE non ten xustificación nin é entendible. O adversario natural dos/as socialistas en Galicia é o Partido Popular, e as persoas que encabezaron a candidatura do PSOE en Trives, agora pactan cos que levan 20 anos gobernando, inadmisible...

Como xa dixo onte o Secretario Provincial do PSdeG-PSOE en Ourense, Pachi Vázquez aquí saen a frote "os odios personaisque superan ós intereses dos cidadáns". Á "inconsecuencia política dos nosos ex-compañeiros" únese " a ineficacia absoluta dun alcalde que nunca entendeu que sen maiorías non pode gobernar, e que o está facendo moi mal". Por elo, todo o acontecido é un "fracaso colectivo".

É certo que o actual alcalde acadou tal posto gracias ós votos do PSOE, e que este expulsou do goberno ós concelleiros socialistas ós poucos meses. Non se pode gobernar un concello en minoría con arrogancia e prepotencia como se estaba a facer. Pero aínda así ó PSdeG-PSOE en Trives votouno xente progresista que non quería ter un alcalde do PP. Por esto, é inadmisible que dous socialistas apoien como alcalde a alguén do PP.

Paco de Río e Jaime Álvarez deberían entregar as actas de concelleiros e renunciar a seguir na corporación trivesa, e darlle a oportunidade a outros compañeiros socialistas de buscar unha saída a este problema.

Faltou diálogo en Trives, por todas as partes. Cando non hai maiorías hai que negociar todos os temas, pero en Trives non o souperon facer.

Tamén compre dicir que o PSOE xa amenazara a víspera da presentación da moción de censura ós concelleiros socialistas coa súa expulsión se asinaban a mesma.


Os dous concelleiros que ían na candidatura do PSOE, antes de asinar a moción de censura, déronse de baixa no Grupo Municipal Socialista e pasáronse o de non adscritos, polo tanto eu entendo que teñen que ser considerados tránsfugas. En consecuencia o PP non pode avalar esta censura por estar incumplindo o Pacto Antitransfuguismo.
De todos os xeitos, e aínda que nesta historia hai culpas para todos porque cometemos moitos erros dende todos os bandos e dende o inicio de toda esta andaina, eu como Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE en Trives-Caldelas só quero acabar como comecei. Pido disculpas ós/ás triveses/as porque creo que non se merecen todo este culebrón.

14 comentarios:

Una trivesa dijo...

Yo tampoco estoy de acuerdo con una censura en Trives PP + ex-Psoe, pero hay que decir que al chlo y prepotente del alcalde todo esto le es poco. Que aprenda a tragarse sus odios. No se puede ir radicalizando y tensionando a todos los triveses de esta manera.
Por cierto, ayer también lo pusieron de patitas en la calle en la Asociación de Empresarios que presidía (sin ser empresario, que manda huevos).

Navea dijo...

Je, je... os que si que quedan jodidos son os do Bloque que lle andaban facendo as beiras o Joferito

Javier Diéguez López dijo...

PP e Psoe xuntos, bufff, non creo que dure moito esto tampouco.

Una caldelá dijo...

Vay legislatura que llevan en Trives. Me muero por saber de un blog o foro Trivés en el que leer cómo se siente la gente, que navea y un a trivesa me digan de alguno!!!!

Anónimo dijo...

Agora nom vale botar as maos a cabeza , cando o PSOE e PP neganse a facer as eleccións con listas abertas, nas que poidas votar a persoa e nom ao partido. Así se evitarían cousas como estas. Aparte esto bem dado ao nom haber democracia interna nem no PP, nem no PSOE e mesmo nem no BNG. Ja que as listas e os candidatos se elixem entre varias persoas e nom entre todolos afiliados ao partido. Véxase o congreso do PP agora por exemplo. Entóm cando eso pasa nom nos podemos botar agora as mans a cabeza. A xente de Trives tem o que se merece, sabián como era o PSOE, sabían coma era o ATI, sabián como era o PP e sabián como era o BNG, e eles decidirom, e ogalhá lhes vaia fatal que é o que se merecem, ja que o BNG foi o único que durante os anteriores 4 anos luitou polo concelho. Mais tampouco vexo bem que a lista do BNG se fixese dende Ourense e nom em Trives. Esta democracia apesta. Caciques fora de todolos sitios, que tamén o PSOE do Castro da tanto noxo coma o PP de Trives.

Anónimo dijo...

Ultimo anónimo non tés razón. Por gracia ou por desgracia o cabeza de lista do PSOE elixirona os afiliados de Trives, e sei que dende outros lados andiveron movendo para que non fose así. Pero o caso é que temos o que temos: Unha persoa que leva vinte anos non facendo moito máis que gañar eleccións, e dous que a pesar de estar obrigados a entenderse non quixeron facer; e o bloque se perdeu a representación que tiña será por algo.
Espero cada un aprenda e asuma a súa parte de culpa, como fai aquí Eladio.

Ariadna dijo...

Para o penúltimo anónimo: e logo tu que queres listas abertas entre todos os veciños? Veña home que estamos vivindo na terra e non na lúa. Seriedade

IvAn dijo...

Cando se mestura a prepotencia de uns coa neglixencia de outros, pasa esto. E aquí o que gan asin queimarse é o PP.
Eu entendo que ten que ser insoportable gobernar con muyaidines como o Domingo e o Fran, pero Paco ti eres socilaista (ou eras) e os que che votaron é porque non querían o Luis de alcalde. Eres un falso, un traidor e un vendido. E a partir de agora haberá que estar vixiantes haber si o Baltar che enchufa a filla na Deputación. Porque ti o que querías era enchufar á filla, e como o Psoe non cho fixo agora vas ó PP

Anónimo dijo...

pra ariadna:
E logo como son as elecçoms ao Senado? Nom marcas unhas X na xente que queres e nom no seu partido? Quem se quera presentar que se presente e a xente que elixa, así se um nom fixo nada em 4 anos e vai de segundo na lista nom terías porque votalo. Mais é un medo que tenhen todos os cargos electos, que igual tinhan que começar a trabalhar ja que com ir segundo da lista nom chegaría pra acceder ao cargo. De momento so se aplica em concelhos de menos de 500 habitantes, na Galiza o único caso e o de Negueira de Muñiz, onde con elecçoms abertas chama a atençom que nom haia nemgum concelheiro do PP. Casualidade???

Anónimo dijo...

Quizá sea la única forma de arreglar lo que hizo el PSOE apoyando al actual alcalde. Después, en las siguientes elecciones, que los triveses decidan quien lo hizo mejor (menos mal diría yo).

O Alto de Cerdeira dijo...

¡Vaia! Os 54 votos de Caldelas dan a a cara. Sera porque igual nas autonomicas pensan levar inda menos votos, coma lle pasou os Tenencios da capital. Eladio, parte da culpa do de Tirves e tua, pero non hai mal que por Ben non veña. O partido partira de cero e con xente nova sin atavismos nin ataduras. Ademais a xente en Trives votou Socialista nas ultimas Eleccions Xerais. O malo e ver coma a "rubia" volve gobernar na Pobra.

Anónimo dijo...

Eladio, no se te ocurra aparecer por trives, después de agredir fisicamente a gente de trives que pedía la autovía, ten cuidado como vengas a trives

Anónimo dijo...

Este último comentario debeno firmar alguns que noutro sitio lle chamaron muyaidin

adulfo, episcopum auriense dijo...

Camaradas todos, eu quero saber que parte de responsabilidade ten Eladio Osorio Montenegro. Se a ten.

Eu nas pasadas autonómicas regalei pins que representan unha rosa, cando lle tocou ó Xaime díxome que él era do Bloque. Regaleilla igual, díxenlle qeu era unha lembranza porque xuntos tíñamos que chimpar dunha vez ó pp. Regalei moitas rosas a xente do PP.
Cando outra compañeira que me acompañaba o increpou preguntándolle desde cando era nacionalista posto qeu o coñecera sempre no psoe, contestou que sempre fora do bloque.

Cando o chamaron para a lista do psoe nas pasadas municipais, aceptou, e esa compañeira lle volveu preguntar porque. O xaime (concelleiro nº2 do psoe) volveu contestar que el sempre fora socialista.

É bo tipo, pero eu creo que non ten arte nin parte. Quero saber quen escolleu ó número un e porque.