Eu non son moi futboleiro, pero cando hai un bo motivo si que me gusta ver os partidos. Onte era un destes díase fómonos o Cadomoki, un gran café cunha pantalle de máis de 12 metros cadrados. Un lugar perfecto para ver a selección. A imaxe creo que define á perfección o que aconteceu onte pola noite. Bares ateigados e a xente vibrando cun partido precioso contra o noso particular oso: Italia.
O noso carón estaban vendo o partido un par de italianos e un polaco (que ía de Italia) que quedaron cunha cariña de circunstancias que había que velos. O resto das máis de persoas que enchíamos o local vibramos con España, e sobre todo con Casillas.
A foto é do último penalti.




