Mostrando entradas con la etiqueta crise. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crise. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de octubre de 2008

Non se rompeu España, rompeuse o PP (e o que queda)

Lembrades cando Rajoy facía de pitonisa e repetía aquelo de "España se rompe" ata a saciedade. España rompíase por Galica, por Navarra, por Euskadi, por Cataluña... Ía quedar feita un andraxo e non a ía recoñecer ninguén. Había algúns que se adicaban a facer de altofalantes de Rajoy e non deixaban de saturarnos con aquelo da "Balcanización de España".

Pois coma sempre, o tempo pon a cada quen no seu lugar, resulta que España non se rompía, e non se rompeu. 

Eso si, o que se está a romper e o PP. O primeiro capítulo estase a escribir en Navarra. Xa non ten volta atrás. O PP liquida a alianza que tiña con UPN dende fai 17 anos.

Pero este non é o último paso. Xa veredes o que vai acontecer en Galicia logo das Eleccións Autonómicas, e máis concretamente na miña provincia, Ourense. Baltar quere despedirse da política con traca final, e acordádevos do que digo, antes dun ano hai refundación de aquel partido que aínda conservan no conxelador: centristas de Galicia. 

Só falta saber se se porá el á fronte ó principio ou deixará ó principiño que o comande.

Coma sempre, o tempo dirá...

lunes, 20 de octubre de 2008

O fin de Islandia...?

Fotografía de Víctor Nuño

Está fin de semana adiqueille bastante tempo a ler sobre o caso islandés. Un país pequeno, alonxado dos centros de poder e con moi pouca poboación (300.000 habitantes aprox) que ocupaba hai anos os últimos postos no ránking de desenvolvemento en Europa.

Da noite para a mañá e de maneira case escandalosa pasou de ocupar os últimos lugares da táboa ós primeiros. Índice de calidade de vida magnífico, soldos moi elevados, impostos moi altos pero cunha oferta de servizos grandísima, índice de desemprego preto do cero, pasou dun Estado que aportaba emigrantes a un que acollía inmigrantes..., pero logo festas por todo o alto, compras compulsivas, gastos superfluos, préstamos, letras, pagos..... e de repente PLAF....batacazo impresionante.

O País colócase ó borde do abismo, case en quebra técnica. Sería moi longo explicar os porqués de todo esto e eu non son economista e non son experto nestes temas en absoluto, pero quixera deixarvos uns enlaces nos que poderedes afondar sobre este tema, son longos pero non son densos.

Creo que estas lecturas nos axudarán a compreder o porqué de todo esto e cara a onde podemos ir outros países se non lle poñemos couto a este neoliberalismo sen fronteiras.

Creo que o caso islandés é a primeira gfran chamada de atención ó Mundo, cal pode ser a seguinte se non se regulan os mercados?

O primeiro en caer.

O mercado islandés perde un 77% despois de tres días de peche pola crise.

Islandia afógase no seu xéiser.

Londres emprega a Lei antiterrorista para conxelar os bens islandeses.

Islandia nacionaliza o seu principal banco

Islandia nacionaliza a segunda entidade do País

O goberno de Islandia toma o control do segundo banco para evitar a bancarrota

A rebaixa da calificación de Islandia funde a bolsa

martes, 2 de septiembre de 2008

Os Concellos non poden pagar os pratos rotos

Estamos a sofrer unha crise, desaceleración, retroceso, dificultade, apreto, conxelación,... ou como se lle queira chamar. Esto é unha certeza e ahí están os datos e as estatísticas para refrendalo.
Quen a día de hoxe non sexa consciente desta situación é que non está moi ó día da situación económica.
Froito destes problemas económicos, todas e todos debemos pensar que en maior ou menor medida nos vai tocar apertar a correo.
Aqueles e aquelas que temos algunha responsabilidade de goberno nalgunha institución debemos ser conscientes que debemos contibuír, na medida do posible, a que este proceso de desaceleración económica sexa o máis suave posible.
Como concelleiro dun Concello pequeno entendo que chega o momento de facer unha contención do gasto público, pero é que a situación financieira das Entidades Locais é insostible.
Cada vez son máis os servizos que os Concellos lle prestan a cidadanía, por esta esta a administración máis cercana ós/ás aministrados/as, pero os cartos que recibe do Estado non medran en consonancia ós servizos prestados.
Agora mesmo está aberto o espiñoso debate sobre a financiación das autonomías. Uns piden que pese máis a poboación, outros a dispersión, algúns o envellecemento... pero e os concellos que?
Teñen que pagar os pratos rotos da crise económica os Concellos?
Ourense ten 92 entidade smunicipais e só 9 superan os 5.000 habitantes. A dispersión da poboación unido ó envellecemento, á emigración e ó abandono das terras fan que sexa insostible para as arcas municipais o seguir prestando uns servizos de calidade.
Podería entender que se tratara unha reforma valente da fusión dos Concellos para abaratar custos (aínda que este tema en Galicia é moi espiñoso debido ó arraigado sentido de pertenza á terra), pero creo que non é de recibo unha conxelación ou retroceso da aportación económica do Estado ós municipios.
Espero que entre todos os partidos políticos se estude este tema coa seriedade que merece e que os Concellos non sexan os que paguen os pratos rotos.

viernes, 2 de mayo de 2008

Grave crise no sector lácteo


Humor gráfico de Dávila no xornal Faro de Vigo sobre a grave crise que está a sofrer o sector lácteo.

viernes, 18 de enero de 2008

O que dá de sí o tema de Rajoy e Gallardón (Viñetas)

Recopilación de viñetas de distintos medios de comunicación sobre a crise aberta no PP pola decisión de Rajoy (influenciado e presionado por Esperanza Aguirre e José María Aznar) de non incluir na súa candidatura por Madrid ás Cortes Xerais a Alberto Ruiz Gallardón.