miércoles, 3 de septiembre de 2008

Alcalde de Ourense só hai un

Alcalde de Ourense só hai un.

Esta afirmación que pode parecer unha obviedade tivo quer poñela estes días de manifesto Paco Rodríguez, alcalde de Ourense ante unha pregunta formulada polos representantes do PP co Concello da capital provincial.

Para os/as que non coñezades a realidade da política municipal de Ourense teño que contarvos que o tenente de alcalde, Alex Sánchez, non só exerce o seu cargo, é dicir, representar ó Concello cando non está o primeiro rexedor. Sánchez Vidal representa ó Concello en todos aqueles actos que teñen que ver coas concellerias que xestiona o BNG.

O alcalde e o secretario, cun informe, veñen a dicir ó que todos sabemos en política municipal: alcalde só hai un; o tenente-alcalde sustitúe ó alcalde cando este non estea e delegue nel; cada concelleiro/a é o delegado/a na súa área mediante un decreto da alcaldía; por riba dos/as concelleiros/as só está o alcalde.

E esto é así aquí e en Pontevedra, onde a alcaldía é do BNG e a tencia de alcaldía do PSOE.

Non existe a figura do bialcalde e alcalde só hai un


1 comentario:

Anónimo dijo...

xa ho! vese mellor a palla no ollo alleo que a vigue no propio. Merda haina en todas as casas, Eladio. E se o que fai o Sanchez Vidal en Ourense non está moi alá, mira o que fixo o Principe en Vigo e dime se estivo ben... 'quien siembra vientos recoge tempestades'

noraboa polo blog