miércoles, 3 de septiembre de 2008

Baltar, o gran derrochador da administración municipal

Estes días estase a falar moito sobre se os Concellos van a pasar algo máis de dificultades económicas por mor da rebaixa das achegas do Estado.
Aquí tamén terán que conter o gasto as Deputacións, xa que son o Concello dos Concellos.
Pero na provincia de Ourense temos unha Deputación presidida por un afamado persoaxe que se adica a repartir cheques de 3000 euros entre as asociación afíns ó PP.
Na Deputación Provincial de Ourense dun total de 77,5 millóns de euros gástase en persoal 27 millóns (35%) sendo a Deputación galega que máis persoal ten. Gástase en bens correntes 26 millóns de euros (33%). Pero só se gasta en investimento real 6 millóns de euros (menos do 8%).
Baltar é o principal patrocinador de charangas, asociacións, parroquias, monxas, asilos e colectivos de calquera índole que lle podan facer campaña nas eleccións de turno.
Espero que a contención de gasto debido á crise tamén chegue a él e a "súa" Deputación.

1 comentario:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Só serán publicados comentarios que teñan que ver coas entradas. Se queredes achegar novas que teñan que ver cos temas que aquí se tratan e coa comarca podedes facelo a través do enderezo electrónico ou deixando unha pequena nota no blog co voso coreo e poreime en contacto con vós. Se son de interese serán publicadas.