lunes, 16 de junio de 2008

Quintana, quen te viu e quen te ve.

Non é de extranar a que a moita xente do BNG coa que de cando en vez comparto tertulia se lle remexan as tripas ó ver fotos coma esta.
Aquí está o señor Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galicia. O que antes era Quin a secas.
Moito se fartou de criticar os bailes do PP, a empanada, o polbo a feira, a queimada e os gaiteiros que Fraga levaba a todos os lados.
E agora aquí o tedes, intentando camelar ós maiores cuns bailes e chocolate con churros.
Vós erades os que estabades por riba do ben e do mal cando erades oposición. Agora que sodes goberno pola mañá e oposición pola tarde non hai máis que ver as vosas actitudes en vicepresidencia, cultura e sobre todo medio rural, para dicir: quen vos viu, e quen vos ve.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Eladio.
Que a estas alturas de la película te extrañen estos comportamientos políticos, me deja un poco sorprendido. Quintana es un nacionalista gallego, al menos se define así. Sobre la afición de los nacionalistas a estos actos de "captación fácil" del voto simplemente te recuerdo a Pujol (más de 20 años con la misma cantinela), al conjunto del nacionalismo vasco (estos llevan más que Pujol haciendo lo mismo).
Cómo les gusta darse baños de multitudes a ritmo de gaitas, dulzainas, trikitrixas, o lo que toque. Que despúes la degustación sea una empanada "no Carballiño" unos chuletones (perdón, txuletones)en Bertiz o cualquier variedad de butifarra, es lo de menos. Viéndoles así de simpáticos de "campechanos" parecen hasta inofensivos, ¿verdad?

Un abrazo.

Anónimo dijo...

Ibades cambiar o Mundo, e o Mundo cambiouvos a vós

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

E que Castelao está moi ben, pero onde se poña un pasodobre de Manolo Escobar tocado por Toni Pérez...

Así está Murcia dijo...

A los políticos, con tal de conseguir votos, les da igual con quien bailar, y, donde dije digo... digo Diego

Anónimo dijo...

Logo volve levar este lapón o meu voto...........

Anónimo dijo...

O que esté libre de culpa que tire a primeira pedra. Parece que os do Psoe a medida que se acercan as eleccións autonómicas poñédevos nerviosos. Tranquilos que ainda falta moito, ja, ja, ja.

Anónimo dijo...

Para máis cargada de bombo, decirlle que iste ano non vai poder escoitar ningún pasodobre de Manolo Escobar "ejecutado" por Tony Pérez e Los Arquinos nas Festas do Castro, despois de non sei cantos anos iste ano non vai, a pesar de que xa formaban parte das Festas dos Remedios.

Anónimo dijo...

Pois ao Castro non virá (toni Pérez) pero en Carballiño estivo e contratado polo Quin.

E tés razón parece que as festas van mellorar un pouco este ano.

Anónimo dijo...

E ESTÁ BEN QUE MELLOREN ESTE ANO , PERO TAMÉN DECIR QUE A PRESENTACIÓN PARA COMISIÓN DE FESTAS ESTÁ ABERTA TODOS OS ANOS, E NUNCA SE QUERE METER NINGUÉN A FACELAS, POLO QUE TAMPOUCO NOS PODEMOS QUEIXAR DO QUE SE FIXO EN ANOS ANTERIORES, ASI QUE EU RECOMENDARÍA A TODO O MUNDO QUE AS ORGANIZARA ALGUNHA VEZ PARA SABER O QUE É E DESPOIS VALORAR O QUE FAN OS DEMÁIS.

Anónimo dijo...

Esto non ten nada que ver coa organización de nada, senón co fondo e coa filosofía do BNG. Está facendo todo o contrario do que decían.