martes, 4 de septiembre de 2007

Ja sóc aquí.


Parafraseando ó derradeiro Presidente de Cataluña na República, cando poido voltar a España logo do exilio: Ja sóc aquí.

As pequenas vacacións que tomei fóra de Ourense coa miña parella trancorreron sen problemas. Antes de marchar colgáravos unha foto do lugar ó que fun, pero non vos dixera onde era, para aqueles/as que aínda non o sabedes, estivemos en Madeira. Un lugar recomendado para todos aqueles amantes da natureza, das paisaxes espectaculares e do sendeirismo.

Pero agora vou a aclimatarme a Ourense e á vida diaria, e logo xa falaremos. Hoxe recén chegado, aínda que teño vacacións ata o 15 xa tiven reunión do "aparato" provincial do PSOE, reunión cos deputados provincias, logo o pleno da Deputación, máis tarde rolda de prensa do grupo de deputados e para rematar comida cos deputados e o Secretario Provincial e o Secretario de Organización Provincial para trazar as liñas do curso político.

O día 6 e ata o 11 vou a estar en Castro Caldelas de festas e despois volta o traballo de verdade.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

bienvingut

Anónimo dijo...

Amigo Lalo: unha cousiña: cando dis que parafraseas ao "derradeiro Presidente de Cataluña na República..." atopo a tal frase un pero.
Josep Tarradellas i Joan, que foi quen iso dixo, como membro de ERC, formou parte de varios gobernos da Generalitat catalana no transcurso da Guerra Incivil.
A mediados nos anos 50 foi elixido presidente da Generalitat no exilio, cargo co que regresou a Cataluña en 1977. Oficialmente foi nomeado presidente da Generalitat provisional deica as primeiras eleccións autonómicas catalanas, que puxeron na Presidencia a Jordi Pujol.
As primeiras palabras de Tarradellas á súa chegada a Barcelona. dende o balcón da Generalitat, foron: "Ciutadans de Catalunya, ja soc aquí".
De modo que si pero non.
Unha aperta

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Ante unhas nocións de historia dun repúblicano confeso coma ti non son que para discutilas. Moitas gracias pola corrección e saúde