Esta é a viñeta que publicaban Pinto e Chinto o sábado 23 de xullo no diario La Voz de Galicia sobre o xiro que dá o PP á dereita logo de cargarse a un dos seus valores máis centristas, Josep Piqué. Creo que a viñeta o di todo e sobran os comentarios.
A verdade é que a min gostaríame que cambiasen algúns deses reactores que levan na á dereita para a esquerda, polo ben do noso País, pero así son estes do PP, que lle imos facer....
4 comentarios:
Miras o estadullo no teu ollo?queres dar a entender que o psoe son as esquerdas?por que sobrán os comentarios?por que falas por boca de deus cagando sentencias.un saudo respetuoso.
Home moito moito nos respectas os demais cos teus comentarios.... cumpriríache moderar a linguaxe aínda que non penses como o do blog
Para o primeiro: O PSOE moi a esquerda non estará pero un "pelín" máis que o PP creo que sí. Coincidimos neso, nonsí?. Senón ti que eres de dereitas terás que lle acabar votando ó PSOE, nonsí?
Anónimo número un: eres verdadeiramente insoportable, está claro que contigo o diálogo é imposible. Faite un blog e pérdete nel e, se non, intenta probar eso de opinar en lugar de insultar. Débeslle ter moita envexa ó creador deste blog porque sempre contestas con rabia e insultos, pero nunca dis nada intelixente. Saudos tamén respectuosos.
Publicar un comentario