O vindeiro día dezaséis de maio, sábado, constituirase a nova corporación municipal de Castro Caldelas. As corporacións fórmanse vinte días despois das eleccións.
O proceso é como sigue: Constitúese unha mesa deidade na que o máis maior da corporación exerce de presidente e o máis novo de secretario. Logo procédese a xurar ou prometer o cargo, nun acto un tanto protocolario e rimbombante. Máis tarde elíxese o alcalde. Nos concellos coma este, nos que non hai pactos, preséntanse os cabezas de lista das candidaturas (o resto de concelleiros/as non podemos a non ser que renuncie expresamente o cabeza de lista), logo sométese a votación e queda elexido aquel/a que posúa a metade máis un dos votos. No caso de que ningún dos/as candidatos/as acade a maioría absoluta queda proclamado alcade o cabeza de lista da forza máis votada nas eleccións.
Se non hai novidades o alcalde será por catro anos máis Eladio Osorio Castro, e a corporación quedará conformada como sigue:
1.- Eladio Osorio Castro (PSdeG-PSOE)
2.- Alberto José Labrador González (PSdeG-PSOE)
3.- Sara Inés Vega Núñez (PSdeG-PSOE)
4.- Eladio Osorio Montenegro (PSdeG-PSOE)
5.- Manuel Pérez Villar (PSdeG-PSOE)
6.- Rosa Domínguez Rodríguez (PSdeG-PSOE)
7.- Antonio González Amaro (PP)
8.- María Lourdes Pérez Fernández (PP)
9.- Camilo Cid Pumar (PP)
4 comentarios:
Últimamente andiven un pouco apurado e non puiden escribir no blog, e gostariame dar a miña visión.
A verdade é que me parece un moi bo resultado resultado, e creo que a xente nova que entrou é moi válida e será capaz de darlle un novo aire ó concello, e non só no eido cultural (no que a verdade é baixou moito o nivle de actividade).
non conviría tamén un novo aire na xestión económica,si a xente nova é válida para continuar nas mismas mañas non me parece que a nosa carteira se arranxe
El único problema para que vengas esos nuevos aires es que hace poco más de dos semanitas, que muy mayoritariamente los caldelaos decidimos seguir con Osorio y compañia, porque ellos son buenos y los demás no convencen, especial ese candito que no se habla con el pueblo (así no les votan ni los de su partido).
A que mañas te refires??. POrque eu non sei de ningunha maña, si as houbese deberías de dicilo en voz alta e asinando, non che parece?
Publicar un comentario