Hoxe, día 15 de xuño, cúmprense 30 anos das primeiras eleccións democráticas en España. Dende este pequeno portelo só quero darlle as gracias a todas e todos aqueles que fixeron posible que hoxe vivamos nun país libre.
A algúns de nós podenos parecer moi lonxana esta época, sobre todo os de menor idade, pero hai que recordar que hai só tres décadas en España estabamos sometidos a unha dictadura.
Temos ante nós un dos maiores dereitos dos cidadáns que é o de elexir a aquelas persoas que queremos que nos gobernen. Noutros países non teñen este dereito, e algúns de nós ou os nosos país ou avós tiveron que soportar longos anos nos que outros decidían por eles.
Por eso hoxe dende aquí quero facer un chamamento para que non desaproveitemos esta oportunidade que nos dá a democracia e que é poder elexir os nosos representantes políticos. Así que quero animarvos a que cada vez que teñades oportunidade votedes para poder expresar cal é o voso sentir.
6 comentarios:
Totalmente de acordo, pero a democracia non soamente implica ter dereitos, sinon a liberdade para usalos ou non (doutro xeito serían obligacións), e hai que ter en conta que o non acudir as urnas tamén pode ser a expresión dun sentir.
Creo que pasa el tiempo y, a veces, a algunos nos resultan ya tan lejanas esas fechas anteriores al 77 que no sabemos apreciar lo que tenemos o por lo menos no lo apreciamos con la intensidad suficiente; quizás porque no tenemos recuerdos de los años anteriores, de esos años en los que la palabra libertad no se conocía en nuestro país. Vivir en democracia es un auténtico lujo, no deberíamos olvidarlo. Felicidades democracia y felicidades a todos los que trabajaron para lograrla.
Lao tes que actualizar os datos personais, "fun concelleiro"..., "volves ser concelleiro, e volves ó goberno"
Nom existe democracia. Unha parte dos cidadáns estamos sin representación pola ilegalización do noso partido.
Según ourensedixtal o de Manzaneda xa é difinitivo:
"Los resultados son firmes, por lo que BNG y PSOE se convertirán en el nuevo gobierno de Manzaneda el próximo día 6 de julio, y el nacionalista José Antonio Núñez Domínguez en el nuevo alcalde. El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no reconoce los argumentos del PP que planteaba la repetición de las elecciones en una mesa de Manzaneda. "
O de Manzaneda resolveuse onte e si que é definitivo, non cabe máis recurso. Co cal a partir de agora os gobernos da comarca serán: Parada do Sil PSOE, A Teixeira PP, Montederramo PP, Castro Caldelas PSOE, Chandrexa de Queixa PP, A Pobra de Trives ATI+PSOE, San Xoán de Río PSOE+BNG, Manzaneda BNG+PSOE e Vilariño de Conso PSOE+BNG
Publicar un comentario