miércoles, 11 de abril de 2007

Actos, actos e máis actos

Estes días dende a organización do PSdeG-PSOE non paramos. Xa case parecemos un circo ambulante. A miña xornada laboral comeza as 8:30 da mañá e moitas veces cando chego á casa xa é o día seguinte. Reunións, actos, conferencias,charlas, etc... Todo o día colgado o teléfono, chamadas, mensaxes, etc. Non vos digo canto me ven de factura do móbil porque vos podería asustar. Dende logo se ata o de agora esto era moi estresante, a partir de agora xa non ten nome.

Despois de semana santa xa estamos a tope. Esta semana comida da candidatura de Castro Caldelas, acto de homenaxe a Manuel Suárez (alcalde socialista de Ourense na República), acto de presentación en Verín con Ricardo Varela, homenaxe a Celso Montero con Alfonso Sobrado Palomares (que fora xefe de gabinete de Felipe González), acto de presentación dacandidatura de Ourense con Pepe Blanco, acto de presentación de Cortegada, acto de presentación de Piñor, e ufffff non paramos. Agora todavía quedan presentar as candidaturas na Xunta Electoral, a campaña, a constitución dos concellos, as reclamacións, e traballo e traballo sen parar ata agosto.


Espero ter algo de tempo para poder escribir, pero a verdade é que cada vez teño menos.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡Como entendo as túas palabras Eladio!!. É certo que parecemos un circo ambulante, eu ás veces dame a impresión de que somos coma unha orquesta nos meses de verán. Un día Ponteareas, ao outro Carballiño, despois Monforte, ao seguinte Fene. Uns días hai sesión "vermú", outros sesión de tarde con cea.

Somos como a Paris de Noia

Anónimo dijo...

non esquezades dentro da tramoia do circo os malabarismos voltas e revoltas do acarreo dos votantes ás mesas.

ponte louco dijo...

O Ponte Louco achegase as novas tecnoloxías, estamos creando unha web: www.pontelouco.com ainda que de momento só funcio o foro. Esperamos co paso do tempo darlle máis contidos

Anónimo dijo...

o osorio e a ostia.Dos mellores alcaldes que houbo no castro.OSORIO SE CREARAS UN PEQUENO POLIGONO xa seria o desfase mais que nada para que a xente nova como eu non se teña que marchar fora desta preciosa vila para traballar.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Eladio Osorio Montenegro dijo...

Hoxe vinme n aobriga de suprimir tres comentarios desta entrada que creo que estaban totalmente fóra de lugar. cando creei este blog foi co propósito de que cada quen expresase o seu parecer, as súas opinións e as súas críticas. Creo que hai persoas que amparándose no anonimato adícanse a xenerar calumnias e inxurias que dende logo neste foro non se van a permitir. Espero non ter que volver a repetir esta censura.

Anónimo dijo...

Me gusta la lista

Anónimo dijo...

A censura é algo que se facía alo nos anos de Franco, tamén é unha actividade propia dos FACHAS de dereitas ...
¿non te equivocarías de partido...?
O mellor no teu subconsciente eres de dereitas, pensao...
Non bloquees os que non pensan coma ti, non te subas a parra a comer todalas uvas, deixa que os demais opinen e critiquen, senon ti eres peor ca eles

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Creo que dende que abrín este blog respectei todas as opinións que aquí se verteron, e nalgunhas delas non saio moi ben parado por certo. O que non estou disposto a tolerar e o insulto, a calumnia e a inxuria amparadas no anonimato. O primeiro que hai que facer se se quere dar unha opinión que sexa bastante dura e descobrer a cara e deixar de parapetarse tras un anónimo.

Anónimo dijo...

perdete..................

Anónimo dijo...

A min resultame curioso que alguén desde o anonimato acuse a outro de algo, por exemplo de ser pouco democrático, e que hai máis opinar (non confundir con difamar)libremente. O mellor o que non entendeu eso da democracia foche ti.

Anónimo dijo...

solo pido que por o ven do pobo se traballe con dignidade e responsabilidade. naide duda da vosa maioria absolutisima pero creo que hai que mellorar moitas cousas neste pobo.