Nota de prensa difundida no día de onte ós medios de comunicación.
O PSdeG-PSOE da Comarca de Trives-Caldelas quere manifestar ó respecto da crise xurdida sobre a Plataforma Pro Autovía A-76 Corredor 3 ó seguinte:
Estamos totalmente convencidos, e xa o estabamos hai meses, que os alcaldes do Partido Popular da comarca están a empregar a Plataforma como unha arma electoral. Baltar, presidente do PP, ve perigar a súa hexemonía nas comarcas de Trives e Caldelas debido as excelentes candidaturas que está a presentar o PSdeG-PSOE e dá orde os seus alcaldes de que empreguen e manipulen a Plataforma mentres lles sexa beneficiosa. Ata o de agora utilizaron o seu presidente para dinamitar ó PSOE, pero dende o momento en que se fixo público que Francisco José Fernández optaba á alcaldía de Trives como independente, resulta que todo o que ata o de agora era bo convértese en malo.
Os alcaldes do PP censuran que Francisco José Fernández sexa candidato á alcaldía de Trives e critícano por haber utilizado a plataforma como trampolín de salto cara a política. Cunha dobre moral e dúas varas de medir se trata á xente neste colectivo, xa que nunca se criticou por parte dos do PP que a plataforma estivera controlada por unha concelleira do Partido Popular de Montederramo como presidenta dunha asociación, ou que na directiva estivese o tenente-alcalde de Chandrexa de Queixa representando a un sindicato, ou que un dos membros máis destacados fora o tesoureiro do Partido Popular en Trives.
É totalmente lexítimo que as asociacións se agrupen para defender os intereses da comarca, pero todos estes feitos veñen a avalar a nosa teoría de que o PP se subiu ó carro e foi o partido que adoptou posturas máis radicais e de total enfrontamento cara ó goberno para desgastar ó PSOE e sacar rédito político.
Posiblemente o presidente da plataforma tería que habela deixado antes, para que non se visionase que empregaba esta como un altavoz da súa candidatura. Pero e se os alcaldes do PP esixían esto, ¿como é que eles seguen sendo maioría na plataforma e son eles os que poñen e quitan presidentes?.
A xogada de onte votando todos os alcaldes do PP da comarca en bloque para forzar a dimisión do presidente confirma que o Partido Popular ten unha estratexia marcada na que só lle vale dinamitar ó PSdeG-PSOE e favorecer os seus intereses.
Están nerviosos porque saben que a día de hoxe teñen unha grave crise interna en Trives e a súa alcaldía dana por perdida. Os Socialistas estamos facendo un gran esforzo por renovar e ampliar as nosas candidaturas nos concellos da comarca, e os alcaldes do PP e Baltar ven perigar o seu deputado provincial. Esto é o que verdadeiramente lle importa a eles, e nada máis que eso.

1 comentario:
O PP estivo a empregar o tema da A-76 como arma electoral. Nunca vin a un alcalde de deitas sair a rúa nin reivindicar nada durante os 16 anos de Fraga e os 8 de Aznar. ¿Ou é que daquelas non había que aarnxar a estrada a Rúa, a estrada a Viana, a estrada a Manmzaneda?. Ven perigrar o poder, eso é o que fai que se mobilicen. Francisco digamos que non foi nada fino, nin o está sendo, pero antes valíalles os do PP e agora como non lles vale tirano como un pano dos mocos.
Publicar un comentario