martes, 13 de marzo de 2007

Canto peor...mellor

Este é o lema do Partido Popular dos días de hoxe: Canto peor...mellor. Canto peor vaia a política, para eles moito mellor.
Estamos a atravesar un dos mellores ciclos económicos da historia, o paro está a sofrer un gran recorte chegando a aproximarse a media europea, estase a por en marcha o cuarto piar do estado de benestar (Lei de Dependencia), estamos a ser un dos países claves nas relacións europeas, co mediterráneo e con latinoamérica, estamos a xulgar ós asasinos do 11-M, estamos a ampliar a gratuidade dos libros de texto, estamos a por en marcha máis leis que ningún outro goberno, pero nada desto se ve, nin se escoita.... Ó PP non lle interesa que se vexa nin se escoite.
Agora que a súa (e a de El Mundo) teoría conspirativa sobre o 11-M xa se caiu e se esta a levar a cabo o proceso contra os terroristas islámicos, o PP está a crispar cada día máis a vida política co tema de De Juana para que outros temas pasen inadvertidos.
Os señores do PP excarcelaron a 62 presos por redencións extraordinarias, algúns deles por facer cursos de punto de cruz. Estes mesmos señores achegaron a 42 presos ó País Vasco mentres o secuestro de Ortega Lara, pero todo esto parece que ninguén o quere ver nin escoitar, e está ahí, é certo. ¿Como se pode ir a unha manifestación para condenar a política antiterrorista do PSOE cando é a mesma que a do PP?
Parece que hai xente a quen lle interesa que a paz non se produza, porque senón non hai outra explicación.
Estes días Zaplana encárgase de recordar que as excarcelacións que eles fixeron son legais. E deixa a frase ahí, para sembrar a dúbida. Pero é que as do PSOE tamén son legais. Podemos estar ou non conformes con elas (eu fago constar que algunhas decisións costáronme bastante entendelas), pero son legais.
Poñámoslle entre todos un pouco de sentidiño a este tema, intetemos enfriar a cabeza e sosegarnos, que España está moito mellor do que o PP nos quere facer ver e somos moitísimos, millóns, os españois de ben que non queremos acudir as súas concentracións.
Eu dende aquí quero facer un chamamento a todos/as aqueles/as persoas de esquerdas a que axuden a contribuir a serenar España.
Din que non hai pelexa se un non quere, pois sexamos nós os que non queiramos pelexar, non nos deixemos levar por Aznar, Rajoy, Espe, Pío Escudero, Zaplana, Acebes...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿e por que de todos eses avances e leis novidosas non se escoita falar?
¿non cres que se debería facer máis publicidade positiva acerca de todos eses logros tan importantes que se están producindo ultimamente?
¿como deixades que as noticias sobre política se centren no negativo?

Anónimo dijo...

Dende logo o goberno ten unha grande eiva en comunicación, non sabe facer chegar a rúa todos os seus logros, que son moitos. O que si parece que chega á rúa son as palabras do PP para dicir que mal facedes o que nos faciamos igual antes.

Anónimo dijo...

Estoy totalmente de acuerdo. Sólo se oye gritar e insultar a Rajoy y compañía.