viernes, 27 de noviembre de 2009

Moción de censura por socialista, sindicalista e ecoloxista





Hoxe asistín a enésima moción de censura do PP contra un alcalde socialista en Galicia. Neste caso o Partido Popular soubo contar co apoio dos Independentes da Veiga que ata o de agora estaban a apoiar a Fernando Fernández, o alcalde socialista do corazón de Pena Trevinca.


Teño que dicir, que a diferencia doutras moitas mocións de censura, que neste caso o PP non se apoiou entránsfugas, senón nos edís de AEIVE, case todos relacionados en tempo coa dereita veiguesa.


É certo que esta moción de censura non incumple o pacto antitransfuguismo, como noutros moitos casos. E é certo que os independentes teñen un grupo propio e que poden cambiar o seu apoio. E así foi.


Pero o gracioso desta moción de censura é que como non daban atopado unha xuntificación á mesma baseárona en que o alcalde socialista Fernando Fernández, aínda que era un moi bó alcalde (concelleiros do PP e AEIVE dixit) era un socialista, un sindicalista e un ecoloxista.


Se estas eran as súas razóns para levar adiante a moción de censura, compre dicir que tiñan toda a razón do mundo. Eu que presumo de coñecer a Fernando Fernández e o seu equipo do PSdeG-PSOE na Veiga teño que dicir que SI, que teñen razón, que todos/as eles/as son uns verdairos/as SOCIALISTAS, SINDICALISTAS e ECOLOXISTAS. E que ademais deso son unhas grandísimas persoas e uns excelentes xestores.







Por eso e só por eso merecen pasar a oposición. Porque o que sí que é certo é que A Veiga estivo durante case tres anos fora dese palio que cheiraba a rancio de tantos anos de gobernos de dereita.


Espero, polo ben do Concello de A Veiga, que non se den moitos paos entre o alcalde Edesio Yáñez e o concelleiro García Mata. Porque espero equivocarme, pero creo que lle quedan moitos meses de turbulencias o PP veigués e a este Concello do oriente ourensano.


Espero poder volver (se non o fago antes) ó Concello da Veiga na vindeira toma de posesión como novo alcalde de Fernando Fernández en maio de 2011.



2 comentarios:

Logio dijo...

Hoxe tócasme a fibra sensible, Eladio xa que A Veiga é o pobo no que nacín e no que me criei.

Non entendo nin entenderei a que carallo ven esta moción pois Fernando non estaba a facelo nada mal e si non era así ahí estarán non moi lonxe as urnas para mandalo para casa, así que non vexo a presa e menos entendo o apoio dos mal chamados independentes a Edesio Yañez xa que son independentes pola súa causa, xa poideron apoialo cando debían habelo feito e así aforrabanlle ó pobo malos ratos.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Logio, hoxe si que estou de acordo contigo. Pero quero que releas o que escribiches no meu blog hai una días.

http://caldelaodecaldelas.blogspot.com/2009/10/silleda-vs-benidorm-ou-o-dobre-raseiro.html