jueves, 30 de julio de 2009

Todos/as coa Guardia Civil

Fotografía do xornal EL PAIS

Un día máis os asasinos volveron a actuar, pero a diferencia de onte, hoxe conseguiron levarse dúas vidas por diante. Dous mozos de 27 e 28 anos, Carlos Sáenz de Tejada e Diego Salva tiveron que pagar coas súas vidas o antollo delirante desta banda de criminais. O delicto que cometeran estes gardas civís fora o de velar pola nosa seguridade e protexernos. Pero, así é ETA, xa todos/as a coñecemos.

Pero hoxe o que máis rabia me produce, non é saber que estes canallas seguen na súa teima, porque todos sabemos que ata que non estean todos na cadea han seguir facendo das súas. Ó que me produce unha profunda dor é pensar, que nos tempos que corren, aínda hai xente en Euskadi e tamén no resto de España que xustifica as accións destes moustruos. Unha proba podédela ter nun asiduo comentarista deste blog, que aínda deixou a súa pegada na entrada anterior. Faise chamar rePreSsOrEs (xogando coas letras e afirmando que o represor é o PSOE) e segue ca teima de que ETA e as Hermanitas dos Anciáns Desamparados son a mesma cousa e que todos/as os/as demócratas de España somos os verdadeiros represores.

O fin de ETA chegará cando esta xente sexa capaz de ver que o seu prisma óptico destorsiona totalmente a realidade. Ahí chegará o fin da banda terrorista, cando xa ninguén lle ría os seus asasinatos nin a súa represión.



6 comentarios:

J. Rogelio Rodríguez dijo...

La verdad Eladio es que resulta reconfortante ver el título de la entrada: TODOS/AS CON LA GUARDIA CIVIL. Así de claro, así de simple: sin complejos de ningún tipo, como corresponde a una sociedad democrática que respalda a sus Fuerzas de Seguridad.

Algún desorientado (por ser generoso y no dejarme llevar por la indignación del momento) me llamará facha (puede que también a ti) por solidarizarme sin complejos con la Guardia Civil. Siempre hay algún botarate que quiere seguir confundiéndose y confundiéndonos... Es lo mismo, amigo: "Ladran, luego cabalgamos".

Tu entrada (y su acertado título) es impagable por NECESARIA. Y además está muy alejada de las FRASES MANIDAS y otras declaraciones al uso que emplean muchos representantes públicos cuando suceden este tipo de tragedias. Muy alejadas, afortunadamente.

Por otrsa parte tu referencia a "Errepresoriak" (yo prefiero llamarlo así ya que le confiere un "toque" más abertzale -algo que él parece admirar-) me parece bastante pertinente. Es la historia de siempre: "la negociación es la única solución para alcanzar el final del conflicto, doloroso para todas las partes, ... para los unos y para los otros y bla, bla, bla, bla,...

(Menos mal que el obispo Setién, Arzallus y otras voces del nacionalismo vasco están hoy en día fuera de circulación. Menos mal. Sólo nos faltaba aguantar en estos momentos sus caretos de angelote y su hipocresía).

UN abrazo.

rePreSsOrEs dijo...

Por alusións na entrada teño que contestar:

Eu en ningún momento xustifiquei nen apoiei ningunha acción de ETA, primeiro porque non creo na violencia para obter fins políticos e segundo porque se o apoiase non o expresaría publicamente xa que está tipificado como delito. Outra demostración da falta de liberdade de expresión do Estado Español.

Tamén hai moitisima xente no Estado Español que xustifica as guerras de Irak ou Afganistan que provocan milleiros de mortos, moitos deles nenos, pero parece que vale mais a vida dun guardia civil que a de un iraquí.

O problema que tedes e que non xulgades co obxetividade os feitos e facedes comentarios totalmente viscerais faltos de cualquer criterio periodístico.

O de que penso que a ETA é o mesmo que as Hermanitas dos Anciáns Desamparados é pura demagoxia. ETA é unha organización terrorista.

Logo desmentir que os do PSOE son un represores non mo tes que explicar a min. Explicallo a xente do metal agredida pola policía as ordens do PSOE. Preguntallo aos gandeiros agredidos nas mobilizacións polo prezo digno do leite, etc.

O fin da ETA so chegará a través dunha negociación política para a resolución deste conflicto, vos guste ou non, e senon xa sabedes o que toca, encarcelar as mais de 100.000 persoas de Euskal Herria que faga o que faga ETA van a seguir apoiandoa.
E tamén o fin da ETA so chegará cando PSOE e PP queirades que sodes os únicos beneficiados de que exista, xa que así criminalizades ao nacionalismo.

Por outra banda pensade obxetivamente que se consegue con este atentado, rebentar o turismo das illas baleares, tan promocionado polo estado español en Inglaterra cunha campaña brutal nestos tempos de crise. Así que a xente que teña 2 dedos de frente que lle esixa xa unha negociación ao goberno para o fin desta organización, que recordemos que ten case 1000 presos políticos dispersados a centos de quilómetros das súas casas.

E por último, tampouco e moi dificil adiviñar que ou se negocia pronto con ETA ou adiós Madrid 2016. Recordemos que a candidatura encuberta de Batasuna as europeas, Iniciativa Internacionalista, foi admitida a participar a última hora debido a presión dunha campaña en contra de Madrid 2016 a nivel estatal como resposta a ilegalización desta lista que recordemos que non contaba con ningún vasco na candidatura.

Logo decirvos a todos, que o non pensar coma vos, e non seguirlle o xogo ao PP-PSOE-BNG non nos convirte en terroristas, xa que as cousas non son blancas ou negras.

E por último facer un chamamento a todo o mundo a que na medida das suas posibilidades esixa un proceso de diálogo para o fin da violencia e non ter que ver mais novas como esta, do contrario os que aposten pola represión contra ETA so traerá mais mortos e dor.

Ariadna dijo...

ERRE QUE ERRE.

Aínda estou pensando si contestarlle a este que non atende a razóns ou non, pero imos aló, a ver se é quen de entender algo.

1.- Di que hai falta de liberdade en España porque non se pode mostrar o apoio a ETA. Pois claro que non se pode mostrar, ó igual que non se lle pode mostrar ós violadores, ós que asasinas as súas mulleres, ós do GAL, etc... sinxelamente porque só son asasinos.

2.- Coma sempre non sabe manter as súas ideas, e ten que xustificar o de Euskadi co de Iraq. Mira fomos millóns os que saimos á rúa en contra de Iraq, e tamén de ETA. Eu imaxino que ti o farías co de Iraq, pero estou seguro que non o fixeches nunca co do País Vasco. E voulle dar a volta a túa pregunta, é que vale máis un morto de Iraq que un vasco ou un garda civil?

3.- Respecto ó do metal. Según ti hai que deixar que os infiltrados que hai entre a xente do metal lle peguen lume a Vigo e non actuar, porque se se actúa é represión. Hai que deixar que se tes o coche aparcado diante da casa cho queimen, porque actuar segue sendo represión.

4.- Eu son militante socialista e neste momento concelleira nun pobo pequeno. A min téñenme asasinado ducias de compañeiras e compañeiros por defender a liberdade no País Vasco e en España. Á xente coma ti nunca vos matan a ninguén e logo crédesvos que tedes bula para falar do que queirades e que estades por riba do ben e do mal. Pero seguídesnos chmando a nos, os do PP, os do PNV e a outros, Represores. AS QUE HAI QUE AGUANTAR.

5.- E para remate das túas visións paranoicas, resulta que agora ETA é o garante e a solución á crise global e co atentado de Calviá o único que pretendía era rachar con esta política liberal-consumista que xira entorno ó turismo. Seguro que o de Burgos pretendía o mesmo fin.

Que queres que chediga. Mentras haxa persoas coma ti que nin ven nin oen o que é a realidade, ETA seguirá tendo xente que xustifique as súas accións. COMO FAS TI EN TODO MOMENTO DANDOLLE A VOLTA A REALIDADE. Todo é moito máis sinxelo do que ti dis. ETA só pretende matar, aterrorizar e seguir subidos na súa burra, pero ti sigue dándolle folgos, que mentres tanto haberá máis mortos.

Anónimo dijo...

LE ESTO A VER SE CHE SOA DE ALGO E CHE ABRE UN POUCO A MENTE. PORQUE Ó MELLOR CANDO NON TE DEAS CONTA TI ESTARÁS DENUNCIANDO O MESMO CA NOS:

Maiakovski, poeta ruso suicidado luego de la revolución de Lenin escribió, en los inicios del siglo XX:
En la primera noche, ellos se aproximan
Y recogen una flor de nuestro jardín
Y no decimos nada.
La segunda noche, ya no se esconden,
Pisan las flores, matan nuestro perro
Y no decimos nada.
Hasta que un día, el más frágil de ellos
Entra solito en nuestra casa, nos roba la luna, y
Conociendo nuestros miedos,
Nos arranca la voz de nuestras gargantas
Y porque no decimos nada
Ya no podemos decir nada.

Después de Maiakovski:
Primero se llevaron a los negros
Pero no me importó
Porque yo no era negro
En seguida se llevaron algunos obreros
Pero no me importó
Porque yo no era obrero.
Después prendieron a los miserables
Pero no me importó
Porque yo no era miserable
Después agarraron algunos desempleados
Pero como yo tengo mi empleo
Tampoco me importó
Ahora me están llevando a mí
Pero ya es tarde
Como yo no me preocupé por nadie
Nadie se preocupa por mí.
Bertold Brecht (1898-1956)

Un día vinieron y se llevaron a mi vecino que era judío
Como yo no soy judío, no me molestó
El día siguiente vinieron y se llevaron a mi otro vecino que era comunista
Como yo no soy comunista, no me molestó
Al tercer día, vinieron y se llevaron a mi vecino que era católico
Como yo no soy católico, no me molestó
Al cuarto día vinieron y me llevaron
Ya no quedaba nadie para protestar...
Martín Niemöller, 1933
(Símbolo de la resistencia contra los nazis)

Primero robaron nuestras señales, pero yo no me perjudiqué
Después incendiaron nuestros ómnibus, pero yo no viajaba en ellos
Después cerraron calles, donde yo no vivo
Cerraron entonces la entrada a la favela, que yo no habito
En seguida arrastraron hasta la muerte a un niño, que no era mi hijo
Claudio Humberto, 09/02/2007

rePreSsOrEs dijo...

Ariadna:

1.- No Estado Español, como indica Amnistía Internacional hai unha falta de liberdade tremenda, simplemente porque o sistema xudicial é o mesmo que o franquista, cambiouse o nome de Tribunal de Orden Público por Audiencia Nacional e todo sigue igual neste campo. Porque se De Juana Chaos escribe unha carta vai o cárcel, porque caricaturizar o principe de asturias e delito, porque queimar unha foto do borbón é delito pero unha miña non, etc. Dis que non se lle pode mostrar o apoio a ETA, violadores, etc porque son asasinos. Entón como se pode mostrar apoio publicamente a guerra de Iraq ou Afganistán? Como se pode facir apoloxía do Franquismo como o señor Mayor Oreja? Como se pode apoiar a Guardia Civil que tortura? etc.
Eiquí o que pasa é que hai 2 varas de medir segundo quen faga as cousas, algo moi democrático.

2.- Eu son galego e considero que Galiza é o meu país, por tanto para min un vasco ou un iraquí son extranxeiros, e as súas vidas valen o mesmo, obviamente tamén valen o mesmo ca dun galego, ca miña vida, ca do Rei ou ca do Papa.

3.- Sabías que dende que comezou a crise o goberno do PSOE renovou todo o material antidisturbios? Recomendoche antes de falar do metal que te informes mellor e que vexas os videos de gzvideos ou da Ciga do que realmente pasa e do que te contan os mass media. Deixoche o video do ocorrido a semana pasada en Cangas do Morrazo nunha concentración pacífica:
http://gzvideos.info/reportaxe-sobre-as-16-detencions-en-masso/
O goberno do PSOE está a reprimir mais duramente incluso que o do PP, para que logo se autodefinan de esquerdas, as imaxenes das cargas no metal recordan a tempos pasados.

4.- Eu son militante independentista e vexo o sufrimento tódolos días nos familiares dos presos políticos dispersados a centos de quilómetros das súas casas, vexo como a mocidade fastidia a súa vida e a da súa familia metendose na loita armada porque ven que políticamente o Estado non llo permite, vexo como en manifestacións a policía española me agrede a min ou aos meus compañeiros sen facer absolutamente nada malo, vexo as multas que día si e día tamén chegan aos militantes para queimalos económicamente sen haber feito nada, vexo como este 25-X en compostela a policía agredíu a ducias de militantes independentistas con total impunidade, vexo como a policía española (a que lle pagan cos meus impostos) ven ao día da patria galega con bufandas nas gruilleiras que poñen “Esto es España y al que no le guste que se valla”, etc (todo esto referíndome a Galiza) E a xente do PP-PSOE-BNG nos seguides chamando terroristas.

5.- ETA é algo que se ten que acabar porque non vai a ningún lado é o único que digo e que coa vosa actitude estades fomentando que haxa mais mortos.

Remato coma ti, que queres que che diga, cando unha persoa entra en ETA sabe que se xoga a súa vida, que deixa atrás unha vida, unha familia, que no mellor dos casos acabará nun cárcere o resto da súa vida despois de ser torturado, en definitiva perder todo o que teñn por defender os seus ideais e a súa patria.
Por todo esto penso que non so se segan as vidas dos guardias civis, senón tamén as súas propias. E parece que os que non apoiamos o circo mediatico que se monta cada vez que hai unha acción de ETA nos convertimos en terroristas.
Estou farto de ver como centos de xovenes vascos destrozan a súa vida cada vez que entran en ETA, estou farto de ver mortos por unha suposta liberación de Euskal Herría, estou farto do xogo dos políticos sen escrúpulos co tema. Porque é moi facil decir que os da ETA son asesinos e punto, pero son persoas que fastidian as súas vidas, a dos seus familiares e a da xente que matan. Porque esto non se vai a solucionar policialmente e para que non se fastidie ningunha vida mais esixo unha negociación política para a resolución do conflicto xa, e é o que deberiamos esixir todos.

Anónimo dijo...

Si señor, ahora resulta que todos estos son, como alguien decia por ahi., hermanitas de la caridad.

Pero primero cada cual tiene que arreglar la casa de uno, empezando por los independentistas gallegos, y si no leed esto:

http://www.galiciaconfidencial.com/?p=3568