jueves, 26 de marzo de 2009

A dobre moral da Igrexa


Unha vez máis a Igrexa volve ameazar o Goberno de España con sacar as súas hordas ás rúas. Esta vez será para protestar pola reforma da Lei do Aborto.

Eu xa non sei se cando saen á rúa é para protestar por que ven amenazados os seus dogmas ou si é para seguir desgastando ó goberno do Partido Socialista, por que onde estaban os bispos cando baixo o goberno do PP se practicaron en España 500.000 abortos. Fai falta ter estómago para utilizar deste xeito á sociedade.

Onde estaba a Igrexa cando a sociedade saía ás rúas a defender o Non á Guerra, cando a xente saía a defender a vida e a defender que non se matara a ninguén. Estaban nas súas madrigueras acumulando rencor para soltalo logo todo xunto. Síntome avergonzado de que xente así do poder clerical  siga enganándo a miles de persoas que obran de boa fe.




E eu sigo a preguntarme, se a Igrexa defende o dereito á vida, se está en contra de calquera suposto no referente ó aborto. 

Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) logo a favor de que unha persoa que foi violada ou unha persoa que sabe que o seu fillo vai a traer consigo unha grave enfermidade sexa obrigada a parir esa criatura?

Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) a favor de que non se empregue o condón e que cada ano miles e miles de persoas (sobre todo en África) se vexan infectadas polo SIDA e teñan que morrer?

Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) a favor de que non se poda investigar con células nai e que deste xeito non se podan producir avances como o do neno que naceu en España o outro día e que lle fixo unha doazón de médula o seu irao para poderlle salvar a vida?

Estará a Igrexa (esta Igrexa que defende a vida) a favor de que non se poda investigar con células nai e que deste xeito non se poda producir sangue sintético co que salvar miles de vidas cando se produce un sinistro?

Eu xa non pertenzo a esta Igrexa, pero arrepíntome de ter aguantado tanto tempo baixo o seu seo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A culpa é vosa que aínda lle dades mais diñero que antes a Igrexa. Atrevedevos dunha vez a poñer o Aborto libre, como debería ser e deixarse de tonterías. Sodes practicamente iguais que o PP. Atrevedevos a sacar a relixión dos colexios, a financiación da Igrexa, etc.

Con so 3 medidas reactivariades a masa social de esquerdas:
- Aborto libre
- Fora a relixión das escolas
- Ningún tipo de financiación a Igrexa.

Vergonza que dades.

Anónimo dijo...

Cambian as temperaturas: a culpa é vosa, non consigo un billete barato en vueling: a culpa é vosa, máncame un zapato: a culpa é vosa, na cabeza do represor parece que non hai nada: a culpa é vosa.

rePreSsOrEs dijo...

Claro que é culpa deles. Quen permite relixión nos colexios e lle da mais cartos que nunca a Igrexa? O PSOE. Por outra banda é vergonzosa a Igrexa sempre criticando o PSOE sen decir nada dos que teñen en casa.
Recordar que De Cospedal e mai solteira e tivo o fillo por inseminación artificial. Soraya Saenz de Santamaría está casada polo civil e non pola Igrexa e que tanto Rajoy como Feijoo son gays.

Por tanto o culpabel é o PSOE por prestarlle atención as opinións desta secta.

jftamames dijo...

¿hordas? Venga ya.