viernes, 27 de febrero de 2009

Pachi Vázquez, o maricón

Que non, que non, que o titular non é meu. Que eu non lle chamo maricón a Pachi, porque creo que non o é. E aínda que o fose, non pasaba nada, que para min esto é algo moi respetable.

O de maricón é a última perla que lle soltou o político máis rastreiro que hai por estes lares, José Luis Baltar. Aínda que xa teño dúbidas de se é el o máis rastreiro ou o é o seu fillo. Agora volo explico.

Estes días o PP ourensano está levando a cabo unha política barriobaixeira chea de insultos, falsedades e descalificacións. O ideólogo de todo este lodazal é a cabeza ilustrada do PP provincial, o tan querido e tan admirado entre a militancia do Partido Popular ourensano, José Manuel Baltar.

Nestes últimos días levan feito de todo. Ven que as contas non lle saen logo da metedura de pata de colocar como cabeza de lista a un señor que defraudou a Facenda. Agora teñen que apandar con que os electores do PP teñen que votar unha papeleta que vai encabezada por un señor que xa tivo que renunciar ó seu posto.

Agora pídenlle ós seus siareiros que voten igual, pero cos ollos pechados e o nariz tapado.

Pero ó que ía. Estes días a dereita ourensana está sacando a relucir a súa faciana máis porca. Hoxe publican unha contraportada nun xornal coa cara dos candidatos do PSOE e do BNG dicindo que non fixeron nada pola provincia. Onte noutro xornal, neste caso madrileño, acusaban a Pachi Vázquez de non ter pagado unha licenza de obra. Ese mesmo día os do PP repartían pasquíns en Celanova dicindo que si volvía gañar a esquerda lle íamos quitar as casas e as fincas á xente. Esta pasada noite, funcionarios do Concello e membros da executiva local "popular" eran pillados in fraganti repartindo uns folletos nos que usurpaban os logotipos do PSOE e difamaban contra o meu partido. Ó mesmo tempo, no Concello da Teixeira, os "populares" colgaban uns anónimos insultando ós compañeiros do PSOE locais. E mentres todo esto era orquestado dende a sede do PP en Ourense, o líder, o gurú, a gran testa da dereita ourensana comezaba a escupir insultos conta Pachi Vázquez, o noso cabeza de lista e secretario provincial. Del dixo que era un "miserable e sinvergüenza" e  non o dubidou dúas veces e soltou que "Está obsesionado comigo e eu non son candidato, non me presento, nin sequera son muller porque entonces entendería que me tivera gañas, se ten obsesión por min teño que dicir que é maricón". 

E aínda quedan mulleres ou homosexuais que lle voten ó PP. De verdade, non o podo entender. Maltrátanos deste xeito, de palabra ou de obra e seguen sendo incondicionais deste energúmenos. NON O ENTENDO.


7 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Onte cando saín do mitin atopeime a unha traballadora da residencia do Castro colocando folletos nas lunas dos coches, e cando vexo que levan o logo do PSG, xa me din conta que cousa boa non era.

De tódolos xeitos o peor tocoulle ó Quin; entre maltratador e maricón (ou maricona, porque creo que foi o que dixo), sen dúdida prefiro ser maricón, gay, homosexual, ... entre outras cousas porque nelo non vexo nada malo. Ademais Baltar dixo que el simplemente transmitía o que se dicía na rúa, e algo así coma que era culpable ata que non demostrase o contrario... un exemplo democrático... será que Baltar se dá conta de que lle está a chegar a hora.

José Manuel dijo...

¿Pero atacar constantemente al adversario político no era lo que hacíais vosotros? Sí hombre, el acoso y derribo con los casos de corrupción, que se orquestó en la cacería de Bermejo y Garzón. Ahora resulta que en el PSOE hay corruptos ¿quién lo diría? hace unos días tan anticorrupción y ahora... Y hombre lo de quitar las casas y propiedades tiene su sentido y todo, ¿cómo se solventarán los lujos de Touriño? que el hombre si no tiene sus vicios no puede gobernar ¿si se le antoja otro despacho?

Ismael Lozano dijo...

Entón José Manuel deduzo que ti tamén xustificas a ctitude do PP, non?

José Manuel dijo...

¿A qué actitud te refieres, Ismael?

ciudadano libre dijo...

"Libertad, Igualdad, Fraternidad"

http://i60.servimg.com/u/f60/11/70/91/07/bander10.jpg

filomeno2006 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

quitar las casas y propiedades..... comoorrrrrrr?????
Cómo se solventarán los lujos de Touriño? pois por exemplo quedándose Feijoo co despacho, ou tiña pensado levalo para a súa casa? tamén os pode solventar cos casos "orquestados" de corrupción. orquestados... soa a inventado non?