viernes, 27 de febrero de 2009

A miña primeira caricatura

Onte convidoume o xornal La Región a que escribise unhas cantas liñas para publicar nun apartado que ven sacando todos os días dende que comezou a campaña electoral. A min tocaríame pechar esta sección logo de quince días publicándose. O título é O diario de Eladio Osorio.

Nel relato un pouco o que é un día de campaña para min. Estou acostumado a sair nas fotos dos xornais, na televisión, a que falen de min e a escribir eu tamén, pero aínda nunca ningún medio tiña publicado unha caricatura miña. Esta é a miña primeira vez. E a verdade é que me fixo gracia (espero que nun futuro me sigan parecendo graciosas). Por eso deixovos aquí a caricatura e o texto que a acompañaba.


Dende que teño uso de razón estou de campaña permanente, porque creo nuns ideais e defendo uns principios socialistas, e iso para min non é ningún esforzo, é todo un luxo. É certo que nestes días todo é moito máis rápido, máis concentrado, máis estresante. Non paro de queixarme por isto, pero no fondo gústame. Gústame moito.


O que peor se leva de todo isto é ter que sacar tempo de onde non o hai, e ó final acábollo roubando a quen máis quero, a Belén. Ela é a persoa que me dá folgos todos os días, sobre todo aqueles máis críticos, cando as cousas non saen como un ten previsto. O mellor para min, sen dúbida, o día do mitin de Castro Caldelas. É unha inmensa satisfacción poder encontrarme cara a cara cos meus veciños, con aqueles que me viron medrar na vila caldelá.


Ó ser candidato e responsable de actos multiplícase a responsabilidade e case non queda tempo nin para una caña cos amigos. Estes días son os grandes esquecidos. Pero a cambio son moitas as horas que convivo con ducias e ducias de persoas que desinteresadamente veñen a ofrecer o seu tempo a cambio de nada, só para traballar nun proxecto que nos une, o PSOE.


Hai un par de cousas que non deixo de facer todos os días de campaña: administrar o meu blog e estar ó tanto da miña conta en facebook. Grazas a isto podo estar en contacto con moitos simpatizantes e votantes que me fan consultas e propostas.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois non é por nada, pero creo que non te pareces nadiña