miércoles, 22 de octubre de 2008

Loito no teatro, loito no Ribeiro

Logotipo tomado da web Castilla y León Cultural

Onte finou en Ribadavia un dos puntais do teatro en Galicia e a alma mateter da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Foise Rubén García, un home que comezou con nada nas mans e fixo da capital do Ribeiro a capital do tetro de Galicia.
Cantas risas e bos momentos puiden pasar eu na MIT gracias ás programacións que el levou a cabo. Son moitos os recordos, pero hai dous que nunca esquecerei: unha representación de Río Bravo a cargo de Chévere, e a outra a compañía La Cubana facendo un espectáculo ideado só para representar en Ribadavia.
Rúben padecía unha esclerose lateral amiotrófica fodida como nos dixo na homenaxe que lle fixemos 500 socialistas no mes de abril en Santa Cruz de Arrabaldo, pero todos os días loitaba contra ela. Coa mobilidade moi reducida e sen poder falar (eso si que era fodido para el), foi levando tamén este ano a organización da MIT de Ribadavia. Pero no 2009, xusto cando se cumpren as bodas de prata, Rubén xa non estará. Pero para todos/as os/as que amamos o teatro, cada vez que entremos no castelo de Ribadavia e nos sentemos a ver unha obra, Rubén García estará alí.

2 comentarios:

PSOE CASAR DE PALOMERO dijo...

Hola Eladio, tu bitácora también nos ha gustado mucho, así además aprendemos algo de GALEGO. Por aquí, ya ves las cosas son un poco increíbles, pero es la realidad, como dicen a veces la realidad supera la ficción.
Pero el tiempo pondrá a cada uno en su lugar.

Saludos desde Casar de Palomero y enhorabuena por tu blog. La opinión libre de los SOCIALISTAS debe estar presente en la red.

Eduardo Béjar
Secretario General de la Agrupación Socialista de Casar de Palomero.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Unha pena, este home fixo moito polo teatro e pola cultura en Ribadavia. Como decía Jorge Manrique queda o seu legado, quédalle a vida da fama nas sucesivas "Mostras" que se realicen.