viernes, 31 de octubre de 2008

Escándalo no PP. Baltar ten que dimitir.

Baltar é un dos políticos máis "pillos" que coñezo e é moi difícil pillalo nun renuncio, aínda que facer fainos a diario. Pero desta vez meteu a pata hasta o fondo. Foi de viaxe oficial a Arxentina e Uruguai como Presidente da Deputación e adicouse a facer actos do Partido Popular, mezclando o institucional co partido.
No cumio dos seus desatinos non se lle ocorreu mellor idea que ó remate dun acto do PP, e no mesmo estrado, asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e o Fogar español do ancián.
Imaxino que desta vez presentará a súa demisión sen que ninguén lla teña que pedir.
Podedes ampliar a información no xornal El País.
Agora imos para o Pleno, que promete ser movidiño, e despois cóntovos.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Menudo papelón debeu facer no pleno de hoxe, polo que recollen os medios de comunicación.

Creo que desta vez pillástedes ó páxaro.

Meteuse nun bo entorto

arrecarallo dijo...

QUE LO TENENGANNNNNNNNNNNNNNNNNNNN