miércoles, 29 de octubre de 2008

As falacias do PP e Núñez Feijóo

Hai algúns que se sinten moi a gusto nesa teoría de que unha mentira repetida mil veces convértese nunha verdade. Un dos máis fieis seguidores desta máxima é Núñez Feijóo e o PP de Galicia.
Levan urdindo dende hai meses unha campaña de acoso e derribo contra o Executivo galego porque según eles viven instalados na riqueza, na abundancia e na opulencia. 

Xa hai un tempo dende o PPdeG acusaron a Touriño de irse de vacacións coa súa dona a costa do erario público. O Presidente presentou a documentación que acreditaba que os pagos os fixeran el do seu peto, e dende ese día, como por arte de maxia, ó PP xa nunca máis lle interesou o descanso estival de Emilio P. Touriño.

Hai un ano o Presidente da Xunta cambiou un dos coches do seu parque móbil por outro similar. Un coche bastante caro debido á blindaxe e máis medidas de seguridade que posúe, un coche similar ós de Fraga cando era presidente e ó dos demais presidentes das autonomías. Daquelas non lle interesou o tema ó PP, pero sacouno este días decindo que o coche se acababa de comprar en plena crise e que desbordaba luxo por todas as ventaniñas. Só lle faltou dicir que estaba forrado en ouro. Outra mentira máis, pero ó PP dalle igual.

Hai unha semana, unha deputada do PP acusa ó vicepresidente da Xunta de adicar poucos cartos a gastos sociais e de gastar moito en complementos de luxo para o seu coche. Para elo pon como exemplo a adquisición dunha neveira valorada en 6000 €. O vicepresidente ipso facto convida á prensa e a deputada a baixar ó coche e ensinar o maleteiro. A deputada por suposto non quere ir, só vai a prensa. Ábrese o maleteiro e... sorpresa, si que hai unha neveira, pero valorada en 85 € e comprada nuns grandes almacéns da capital galega. Por suposto a deputada non admitiu o seu erro.

A última de todas estas falacias é a xurdida en torno ó despacho de Touriño. Di Rueda, secretario xeral do PPdeG que se acaba de reformar e que as obras ascenderon a dous millóns de euros. A verdade é que as obras custaron 1,3 millóns de euros, leváronse a cabo en 2005 e serviron para reformar tres plantas de oficinas e sals de reunións. Por suposto, e unha vez máis, dende o PP non van a pedir disculpas por terlle mentido a todas e todos os galegos.

Como podedes ver dende o PPdeG están instalados na campaña "Difama que algo queda" de acoso e derribo contra a Xunta de Galicia e os seus dirixentes. Pero no PP deberían saber unha cousa os galegos e as galegas non somos tontos, e tanta mentira van a pagala nas urnas

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes unha cousa mal no teu artigo, o último parágrafo de que os galegos e as galegas non somos tontos. Estivo Fraga 16 anos con maioría absoluta e a perdeu de milagro, moi listos non podemos ser, xa que o PP que arruinou coas privatizacións e decretazos decenas de anos de luita sindical a xente o siga votando en vez de botalo.

Anónimo dijo...

segundo escoitei esta mañá a Quintana a remodelación non é do despacho se non do edificio e xa levaba prevista moito tempo atrás. Polo visto Quintana tamén foi acusado de ter un minibar no coche oficial de 6000€ e o que ten é unha neveira portatil de 15€.
Por certo hai boa diferencia escoitando a Quintana falar e defender a Touriño se é preciso, que ver as críticas que recibe constantemente neste blog por cousas como unha tapa de pulpo nunha romeria.
Dende aquí calquera diría que o Psoe vai sobrado de votos e goberna só polos seus méritos tanto en Galicia como en España, como se o bloque só fose o lobo para o Psoe, cando a realidade é ben distinta, é de ben nacidos ser agradecidos, e non ser tan soberbios, tí podeste seguir retratando como queiras, que para eso tamén é o teu blog, pero tamén has sair retratado cando colles os votos do bloque. Demasiado retrato neste mundillo.

Anónimo dijo...

O coche de Gallardón e mais caro co de Touriño:

http://www.publico.es/espana/politica/169415/coches/lujo/disparan/juego/doble/moral

Sairá Feijoo a protestarlle a Gallardón?

Anónimo dijo...

CENSURA

Texto completo antes de que la autora lo borrase:

"
lunes 27 de octubre de 2008
Espero que no sea verdad

El Partido Popular ha denunciado públicamente que Touriño se ha gastado dos millones de euros en acondicionar y redecorara su despacho de San Caetano. No sé si será verdad o no, pero si es así, aunque suene demasiado drástico, ningún gallego debiera votar, en la próximas autonómicas, al actual mandatario gallego, por dignidad y por orgullo.

Si el PP está en lo cierto, esos dos millones de euros han salido de todos los gallegos y gallegas que religiosamente pagan sus impuestos; para hacerlo, muchas familias tienen que hacer números y números para poder cumplir con sus obligaciones como ciudadanos y poder llegar a fin de mes.

Dirigentes de todos los colores políticos llevan semanas reconociendo que la situación económica y financiera actual es mala o muy mala; que estamos ante una crisis y una recesión mundial que se dejará sentir, sobre todo, en el 2009. Pues ante esta situación, a la que hay que unirle que las listas del paro crecen y crecen más que nunca, me parece una frivolidad, que un dirigente político, que debiera ser el primero en dar ejemplo de austeridad, se gaste tal cantidad de dinero en decorar su despacho.

De poco vale que se congelen los salarios de los cargos públicos, que se reduzca el gasto en publicidad institucional o que se hagan presupuestos austeros, si luego se gasta en vanalidades. Mientras Touriño redecora su despacho, cientos de familias gallegas se aprietan el cinturón y miran hasta el último céntimo para poder pagar sus hipotecas.

En momento de dificultades, es importante saber gestionar con sentido común, algo que la clase política parece no tener.
Publicado por Iria Salgado Fernández en PRENSA PSOE PROVINCIAL OURENSE

Anónimo dijo...

Polo visto "cortáronlle a cabeza" á xefa de prensa do Pachi.

Por un lado alégrome, por outro preocúpame porque o cancer sigue dentro: como di algún quedan moitos intentos de Pachi por relevar a Touriño,... antes voto a UPyD.

Iria estaría ben que pedise desculpas publicamente aos que coas nosas cotas de afiliado lle pagamos o salario. Porque como socialista estou a favor da verdade, pero esto só é un capítulo máis da técnica do PPG de continuamente soltar merda contra Touriño, por se queda algo.