martes, 2 de septiembre de 2008

Os Concellos non poden pagar os pratos rotos

Estamos a sofrer unha crise, desaceleración, retroceso, dificultade, apreto, conxelación,... ou como se lle queira chamar. Esto é unha certeza e ahí están os datos e as estatísticas para refrendalo.
Quen a día de hoxe non sexa consciente desta situación é que non está moi ó día da situación económica.
Froito destes problemas económicos, todas e todos debemos pensar que en maior ou menor medida nos vai tocar apertar a correo.
Aqueles e aquelas que temos algunha responsabilidade de goberno nalgunha institución debemos ser conscientes que debemos contibuír, na medida do posible, a que este proceso de desaceleración económica sexa o máis suave posible.
Como concelleiro dun Concello pequeno entendo que chega o momento de facer unha contención do gasto público, pero é que a situación financieira das Entidades Locais é insostible.
Cada vez son máis os servizos que os Concellos lle prestan a cidadanía, por esta esta a administración máis cercana ós/ás aministrados/as, pero os cartos que recibe do Estado non medran en consonancia ós servizos prestados.
Agora mesmo está aberto o espiñoso debate sobre a financiación das autonomías. Uns piden que pese máis a poboación, outros a dispersión, algúns o envellecemento... pero e os concellos que?
Teñen que pagar os pratos rotos da crise económica os Concellos?
Ourense ten 92 entidade smunicipais e só 9 superan os 5.000 habitantes. A dispersión da poboación unido ó envellecemento, á emigración e ó abandono das terras fan que sexa insostible para as arcas municipais o seguir prestando uns servizos de calidade.
Podería entender que se tratara unha reforma valente da fusión dos Concellos para abaratar custos (aínda que este tema en Galicia é moi espiñoso debido ó arraigado sentido de pertenza á terra), pero creo que non é de recibo unha conxelación ou retroceso da aportación económica do Estado ós municipios.
Espero que entre todos os partidos políticos se estude este tema coa seriedade que merece e que os Concellos non sexan os que paguen os pratos rotos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gústame ver a unha peroa que fai crítica constructiva dunha persoa que é do seu mesmo partido

Azoreano Náufrago dijo...

Fixe!

Unknown dijo...

Certamente a día de hoxe os concellos son os que máis servizos lle ofrecen á cidadanía. E os concellos con menos poboación, especialmente moitos concellos das provincias de Lugo e Ourense, están a pasar por dificultades económicas.

E debemos de ter en conta que, para que os concellos poidan prestar os servizos que prestan na actualidade, deben de recibir o diñeiro que lles corresponde. Só deste xeito poderán levar a cabo as súas tarefas.