sábado, 6 de septiembre de 2008

Comezan as festas. Unhas festas especiais.

Hoxe as doce da noite darán comezo, un ano máis, as Festas de Castro Caldelas. Outra vez a colocación das bandeiras, o Irrio Peliqueiro e os cabezudos, as copas pola noite, as orquestas, as atraccións...
Pero esta vez, logo de moitos anos, as festas son distintas. Había moito tempo que as festas as organizaba o Concello porque ninguén na vila se animaba a poñerse á fronte da comisión. Pero este ano un grupo de rapaces botoulle valor e ahí están, as festas organizadas por eles a punto de comezar.

Eu, que me tocou varios anos poñerme á fronte da organización, quero desexarlles ó mellor. Pero tamén quero apuntar unha cousa: é moi fácil dende a barra dun bar criticar a quen fai as festas. Que se esto saiu mal, que se o de alá se podía facer doutro xeito, etc... Creo que neles pesou que as festas do ano pasado non pasarán á historia por ser as mellores festas do Castro. Pero en vez de criticar e criticar, ahí están organizando as que eles consideran unhas mellores festas.
Dende aquí quero animárvos a todos os da organización e darvos os meus parabéns. O fácil houbera sido que as festas as organizaran outros e todo o mundo a seguir criticando. Pero vós atrevéstesvos a intentalo. Sería moi fácil non roubarlle tempo ó traballo, á parella, á familia, ás afeccións de cada quen..., pero vós decidistedes dar un paso á fronte.
Noraboa, e xa veredes como merece a pena.

21 comentarios:

Lucía dijo...

Segurísimo que serán unas boas festas. Non estarei no Castro para velas. E dame moita mágoa porque é o primeiro ano que me perdo as festas completas. Nin banderas, nin irrio, nin misa do oito, nin verbena do 7...nadita. Non poderei ir nin un só día... Dende a fiestra de internet esperaremos reaccións que de seguro serán positivas...

Anónimo dijo...

Pois eu vou a criticar. Non me parece normal que a comisión permitira a publicación do artigo do Clemente do riquisimo na revista. E agora vou a falar do susodicho.ten narices que alguen quen nunca fixo absolutamente nada polo pobo e que se farta a comer chourizos nos fachós critique as duas cousas que máis éxito teñen no pobo: o ponte louco e os fachós. Pero ten máis narices que critique a primeira que a fan un grupo de rapaces que sin pedir nada a cambio se desviven por facer cousas por Castro Caldelas. Pareceme patético o artigo desta personaxe que non fai nada polo pobo e so critica

Anónimo dijo...

Eu estou de acordo en que os rapaces da comisión se merecen todos os nosos ánimos e felicitacións. Seguro que traballaron duro por ofrecernos unhas boaas festas (de momento que saiban que eu póñolle un 10 á noite das bandeiras). Tamén estou de acordo con Ariadna en que o artigo de clemente non me parece xusto no párrafo no que fala dos fachós e sobre todo do ponte Louco porque me parece que fai un comentario bastante despectivo sobre a xente que acude a él (por certo, parte da súa familia é asidua ¿) e de rebote á xente que o organiza que, para mín, ó igual que os da comisión de festas só se merecen a miña admiración. Estaría ben que algunha vez a xente que só sabe criticar nos dera unha lección organizando algo no pobo ou facendo algo máis que pelexar por un chourizo e dispois criticar que cho regalen.

Anónimo dijo...

La jet set de Castro Caldelas es lo que tiene. No hacen nada por el pueblo pero desde las terrazas ponen a parir a todos los que trabajan

Anónimo dijo...

Espero que teñades unhas boas Festas dos Remedios e as miñas felicitacións para a Comisión, por experiencia podo decirlles que os que nada fan son os que máis critican.
Falando de críticas. Fixo un ano o día 7, o día do folión dos Remedios estábamos miña dona e máis eu con unhos amigos tomando algo na terraza do Bar (Vilarellos) por detrás dun palco que estaba alí instalado, cando empezaron a tirar as "ruedas" no cruce da estrada de Rabal, accidentalmente despendreuse un foguete e veu bater contra nós, producíndome a mín e a un dos amigos que nos acompañaban queimaduras na roupa (sólo afortunadamente). Puxémonos en contcto coa Sra Concelleira de Cultura e díxonos que non había problema, que tanto a pirotecnia como o concello tíñan un seguro de accidentes e que xa miraba ela de solucionalo todo. Logo de esperar tempo e tempo sin ter nova ninguha chameina por teléfono e díxome que me puxera en contacto co dono da pirotecnia, que pasou de mín olimpicamente, contandome unha película, como as que me contou dita Sra nas posteriores conversas que tivemos. Falei co Sr. Alcalde do tema, tomou nota e a data de hoxe non volvín a saber nada. Eu recoñezo que obrei mal, pois con certas persoas "políticos" non se pode ir de bos pola vida, pero esta da moitas voltas e como dí o refraneiro castelán: "arrieros somos y en el camino nos encontraremos". A miña cazadora e a miña camisa así como a do meu amigo siguen nunha bolsa de plástico nas dependencias do Concello. Un saúdo. Ricardo Rodicio

Anónimo dijo...

Tedes algunha ligación do artigo ese de Clemente do que se fala?.

Javier Diéguez López dijo...

Eu quero darllela noraboa os rapaces da organización. Perdinme as bandeiras e o 7 por estar lonxe, pero hoxe é 8, e non mo penso perder. A xente que critica este grande esforzo que fan estes rapaces, vai criticar esto e criticarán as mellores festas que se fagan no Castro. So quero mencionar que non cabe dúbida algunha que este grupo de mozos están a facer un gran esforzo, un esforzo que moita xente non valora. Como ben di Eladio, están restando do seu tempo libre, de estar cos amigos, ca familia... para que todos nos poidamos disfrutar duns días de festa.
Noraboa a comision, e a seguir así.

Anónimo dijo...

Creo que non se pode permitir a publicación dun artigo dese calado. Ten tanta culpa o que o escribe como a comisión.
Espero que os que sexan da comisión non permitan que ninguén escriba un artigo así sobre os que este ano se deixan a pel en organizar as Festas

Susana Bayo dijo...

eu lembro unha cousa parecida no meu pobo Guitiriz fai anos. As festas en honos a San Xoán nunca había quen as organizara e un ano un grupo de 7 mulleres entre os 20 e os 40 anos organizaron as mellores festas de Guitiriz que eu recorde. Tiberon críticas si, algunhas boas e outras malas pero para min, insisto, foron as mellores festas e moita xente opinou coma min .Ademáis sentaron un precedente e unha costume e ó ano seguinte foron un grupo de rapaces as que as organizaron e tamén estiberon ben pero que queredes que vos diga será porque eran mulleres....foron brillantes.
Seguro que eses rapaces fan unhas festas que todos vos ides recordar. Pasádeo ben.

Anónimo dijo...

Non estou dacordo con algunhas cousas que dí Clemente na revista das festas, deste ano, pero non entendo como vós atrevedes a plantexar a censura.

Anónimo dijo...

É a opinión de un caldelá, libre. Un caldelá que non come na maseira e fala do que lle peta e opina sobre moitas cousas. Con razón ou sen ela. Que pouco acostumbrados estades a que alguén se salga da liña. Que non vós gusta pois a opinar vós pero non faledes de censuara, democratas de pacotilla.

Anónimo dijo...

Creo que a revista das festas non é o lugar axeitado para este tipo de opinións. Ten toda a liberdade para escribir e dicir o que lle veña en gaña, pero non nunha publicación sobre as festas que por certo pagan parte dos negocios do pobo. Culpa tamén de quen permitiu que se publicase. Creo que o sentido que debe ter unha revista sobre as festas non é ese.

Anónimo dijo...

Hai por ahí algún comentario que se rasga as vestiduras porque se reclama a "censura" dalgún artigo das festas dos Remedios.
Pois a este defensor da libre opinión dicirlle o seguinte:
A revista das festas pagámola todos os de Castro Caldelas (polo menos aqueles e aquelas que pagamos a cota), polo tanto non creo que sexa unha revista de libre opinión. A min ó mellor gustaríame escribir e falar do mal que o fai a oposición do PP, ou de que estou a favor das drogas blandas ou de que creo non se debería subvencionar a un equipo de fútbol local no que non xoga ninguén do pobo, pero esa revista non é o sitio. E non é o sitio porque esa revista pagámola todos e podense ferir sensibilidades.
Cando alguén se pon a escribir ten que saber o que escribe e onde o escribe.
Sigo reiterando cousas xa ditas neste foro, que é moi fácil criticar a aqueles que desinteresadamente fan cousas por Castro Caldelas sen pedir nada a cambio. E coma sempre os que critican fano dende as terrazas dos bares, sen mover un dedo, sen facer nada por Castro Caldelas.
A gran diferencia entre os que queren este pobo e os que non, é que algúns dedícanse a facer cousas e outros a criticalas.
Gustarime ver ó Clemente e algún máis organizando cousiñas por Castro Caldelas

Anónimo dijo...

Vou facer unha pregunta, ese tal Clemente non era un que andaba subido polas arbores nas festas fai un par de anos?

Anónimo dijo...

Ariadna, alguén que fai o esforzo de escribir un artigo en galego, opinando do seu pobo, non o fai dende os bares, como dís tí. Faino co seu nome, libremente. E eu coido que con ise acto fai polo Castro. Concedeslle un alto valor a túa participación que conecta directamente co que precisamente critica Clemente. Confundeste, ainda que pagues no deberías ser o dono das opinións e censuralas. Por certo, a revista non a pagaches tí cas tuas cuotas, que dan para ben pouco, pagouno o "Oteca". Si cres tanto tes que decir, fai un blog e todos estaremos encantados de ver como discurres e como censuras. Vas ben, si o, vas ben.

Anónimo dijo...

Lucia, a única que non utiliza a lingua que mamou na revista das festas. Para outra vez gustaríanos que tiveras un detalle.

Anónimo dijo...

Os de caldelas inda estamos esperando que ese Clemente faga algo por o pobo para poder tamén decir algo "con razón ou sin ela".A revista e dos caldelaos e de todo o pobo da igual que a pague o Oteca ou non, e ese tipo fala do Castro e da xente que se move con un gran desprezo. E un insulto para todos e máis vindo de alguén que non ten relación nin con Caldelas nin ca súa xente.

Anónimo dijo...

que lucia?

Anónimo dijo...

Currás nótase que ti tamén debes ser dos que traballan a reo polo pobo....dende as terrazas

Anónimo dijo...

Pouca autoridade ten quen propón a censura como método de diálogo e dudo moito dos seus méritos a favor do Castro Castro se descontamos aqueles que engordan o seu bandullo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Clemente falou con desprecio dos que organizan e dos que van o Pontelouco e non creo que a revista das festas do Castro sexa o lugar máis idoneo para facelo ¿pensades que o que proclamo é a censura? eu penso que non. Tampouco me parece moi normal que lucía non poda escribir na lingua que lle pete: castelán ou galego. Por certo, gustoume o seu artigo ó igual que todos os outros que formaban parte da publicación, parecéronme máis axeitados (exceptuando xa sabedes cal). Botei de menos na revista un "programa" en sí dos eventos e, sobre todo, o cartel da maite vázquez. A miña nota para as festas de este ano é: 9, os rapaces que se tiraron á piscina da organización sons uns valentes!!!!!