viernes, 12 de septiembre de 2008

Parabéns para os que fan cousas.

Fotografía de Castro Caldelas en 1890? sacada da web da Asociación de Xubilados de Castro Caldelas
Vista a polémica xurdida estes días por un artigo publicado na revista das Festas de Castro Caldelas quero decir ó seguinte:
Dende aquí quero darlle a miña máis sincera noraboa a todos e todas aquelas que fan cousas por Castro Caldelas e pola súa comarca. Pero non só ós/ás que fan as cousas ben, senón a todos e todas as que o intentan. É dicir, sempre que se organiza algo nos gusta que salia o mellor posible, pero ás veces non se consegue.
Só cometen erros e lle saen as cousas regular a aquelas e aqueles que se arriscan a organizar actividades.
Dende aquí quero darlle todos os meus parabéns a este grupo de rapaces que organizaron as festas: Olegario, Manuel, Alberto, Roberto, Rubén... porque se deixaron a pel para que foran as mellores festas posibles.
Pero tamén lle quero dar os meus parabéns os da Asociación O Irrio por organizar o Ponte Louco, a Asociación de Xubilados por facer cousas polo pobo, á Asociación de Mulleres Rurais, á de Amas de Casa, ó Coro Lembranza, á Asociación Cocas e Danzantes de Santa Tegra, á Asociación Amigos de Caldelas, ó Clube de Fútbol do pobo, á Federación de Empresarios, a Fundación Terra de Caldelas, á Asociación de Agricultores da Carosa, a todos/as os/as concelleiros/as de Castro Caldelas (do goberno e da oposición, ós voluntariosos para colaborar en todo (seguro que se me olvida moita máis xente), e a todas e todos aqueles que movéndose fan cousas para que Castro Caldelas sexa máis coñecida e para que os veciños e veciñas teñan unha maior calidade de vida.
Pero dito esto, tamén quero mostrara todo o meu desprezo para todas e todos aqueles que sen mover un só dedo, sen facer nunca nada por Castro Caldelas só se adicar a criticar e a poñer a calado ós que fan cousas. Para elas e eles todo o meu máis sincero desprezo, porque creo que non merecen outra cousa.
E agora gustaríame moito que opinarades todas e todos.

29 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Eu xa tiven ocasión de darlle a noraboa os da comisión, a pesar do incidente dese artigo, ó que creo que non debe eclipsar o labor que estes rapaces fixeron dende hai xa case un ano.

As festas foron as mellores que recordo, recuperaron algo de frescor, e ainda que non fose así creo que habería que estar con eles polo simple feito de facelas, porque só pode facer mal as cousas quen as fai, quen nunca fixo nada é difícil que se confunda.

Por iso a miña noraboa tamén.
Por certo andaban pasando o cepillo porque non lle chegaban os cartos así que haberá que rascar o peto

ademonterramo dijo...

Eu tamén lle dou a noraboa os das festas, porque o pasamos bomba gracias a eles.
Espero que sexa por máis anos.
En cuanto o artigo da revista penso que non hai que darlle máis bombo porque eso e o que quere o autor. que siga traballando polo pueblo dende a terraza do Grilo.

Javier Diéguez López dijo...

Dende logo que si. Totalmente dacordo cos comentarios que facedes todos. Eu só puiden estar as festas o día 9, e a impresión foi moi boa. Os outros días fun preguntando a xente que estivo nelas e dixeronme o mesmo. Un exitazo de festas. Creo que xa a din, pero senon volvo a dar a mina máis sincera noraboa a este grupo de rapaces, que fixeron un gran esforzo. Creo que hoxe en día todo o mundo sabe o compricado que é sacar o diñeiro para unhas festas, e o traballo que se leva para organizalas. Pois creo que deberíamos ser todos moito máis respetuosos ca xente que se move no só polo Castro senon por todolos pobos da comarca. Estes mozos, mentres moitos de nós estabamos tomando un refresco nas terrazas do Castro, eles salían a procura dos "cartiños" para festa, e non lles importaba que o sol queimase como queimaba.

Por certo, a foto é moi boa, encantanme estas fotos antigas ou vellas, como queirades chamarlle.
Un saúdo para todos.

Manoliño dijo...

Eu tamén estou con que hai algunha cousa na que non lle falta razón ao Clemente. Na ollada ao presente e o futuro hai unha dura crítica contra o goberno actual e xa se sabe que eso non gusta e non hai costrumbre. Da igual que se sente no Grilo ou no Rubio. Dende alí tamén se traballa polo pobo.

Anónimo dijo...

¿Dende alí se traballa polo pobo?, se ese nunca fixo nada polo Castro, que deixe de comprar tanto audi e que nos dea unha leción práctica

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Estou de acordo con todos excepto con Manoliño. O que se critica aquí do artigo do Clemente é a forma despreciativa da que fala por exemplo de nós, os que organizamos o Ponte Louco, e dos que veñen a el (bueno, entre outras moitas cousas). Non creo que teña moito direito a criticar iniciativas como a nosa porque el NON FAI NADA POLO CASTRO. Olvídate, Manoliño, sentarse nunha terraza a criticar, pelexar nos fachós por poder levar un bo feixe de chourizos, etc... NON É FACER NADA POLO POBO. Quizáis podería aprender un pouco por exemplo dos da comisión de festas deste ano, eles sí que fixeron algo polo Castro: UNS REMEDIOS COJONUDOS E INOLVIDABLES!!!!!!!!!!!!

Lucía dijo...

Recén chegada ó Castro. Un día despois do remate das festas...e o único que se oe no pobo é que este ano foron moi boas a pesar de coincidir entre semana. Polo tanto, obxectivo acadado. Noraboa os rapaces da comisión. Ahora é cando se proba que merece a pena esclavizar tempo persoal si as cousas saen ben.
Respecto ó tema das críticas... Penso que o único que hai que facer é preocuparse porque o pobo avance e non se quede envellecido: o Ponte Louco é un de eses avances.
E por alusións nos comentarios da anterior entrada... penso que o detalle foi escribir na revista, non o idioma. Ademais, así entendeo todo o mundo. Hai que pensar na xente que ainda que ame a nosa terra non entende o galego á perfección. E menos o normativo...¡que vaya tela! o galego que estudiei con Doña Elsa non ten nada que ver co que se fala ahora...terei que volver a estudar ou estudiar...como se diga.

Anónimo dijo...

Tedes o texto pra colgalo na web? que a xente que xa marchamos de volta a traballar non o puidemos ver. Noraboa a organización.

Información sen censura en:
http://www.galizaceive.es/

Manoliño dijo...

Lucía, excusas de vello e de fascineroso de Madrid. Yo no hablo jallego porqué lo hablo mal, yo no escribo jallego, no lo sé escribir... yo no escribo gallego hasta que se aclare la normátiva. Ten razón Saudade, que sería un detalle. Calquera diría que en español escribes como Cervantes.Ten cuidado co engazo.
As festas foron moi ben e a liberdade de expresión tamén. Guste ou non vós guste a maioría dos que opinades eiqui.

Saudade dijo...

Cousas da vida. Non é calquera cousa. É interesante ver como aceptades a censura como se nada. O notario fala e escribe galego. Normal, todos o fan. Soio vós fixades, con envidia, en que leva un bó auto. A filla da industria da bica, quere comunicar co mundo, no sei onde pensa que chega a revista, e faino en Español. O cariño e a xenerosidade, por utilizar palabras do teu escrito, demostrase e, se non sae, non sae. Debería darche que pensar e non mostrarte tan arrogante. Magoa que non entraras en xornalismo de Santiago, pero a nota non deu.

Ariadna dijo...

Falando da liberdade de rzoresión da que fai gala manoliño, como e que che molesta que alguen escriba en castelan? Xa se ve que liberdade de expresión e a que che vai a ti. So a sectaria. Clemente ten dereito a machacar os que dan cousas mentras el non fai nada. Tu tes dereito a machacar a lucía por escribir como a ella lle peta. Pero tu eres incapaz de escribir na revista e de facer cousas polo pobo e mentras tanto acusas de censura.

Anónimo dijo...

Hay quien no se quier enterar porque parece que con las críticas que se vierten en la revista les va bien políticamente. La revista tiene que servir, como lo hizo siempre, para unir y no para separar. Nunca leí nada en esa revista criticando a nadie, pero este año llegó este que tiene hecho tantas cosas por Castro Caldelas. Y el tiene luz verda para la crítica. Que haga el un ponte louco, unos fachós, hoteles y restaurantes, y luego ceutívamos todos. Un buen caldelao que gana millones y no invierte un solo duro en el pueblo, eso es lo que es.

O páxaro da ribeira dijo...

Que pouco vós gusta a crítica. Clemente é un rapaz tímido, feito a si mesmo. Un bó estudante, que logra colle-lo ascensor social e situarse na escala social dos previlexiados. Pero no esquece a súa lingua, escribe nela e opina con valentía. Ven a vila e gasta cartos do seu peto. Ten formación e mundo e a súa opinión debería interesar como a de moitos. Soio os pailáns ladran cando alguén fala. Lendo os vosos comentarios vese a uns mozos cerrados, defendendo un "status quo" sen máis que soio beneficia a dous ou tres. O Pontelouco está ben, pero tampouco é para tanto. So con ver as fotos que publica a filla do alcalde no seu blog temos unha idea do alto valor cultural do que estamos falando. Unha borracheita de moito carallo.

Anónimo dijo...

Cantos dos que falades bern do Clemente vivides no pobo? e tedes un negocio? ou a vosa vida aquí?, ou fixestes algo polo pobo? (¿que fixo o Clemente aparte de ir fumar incienso á misa).
Un como este "pajaro" que lle chama pailáns ós demais non me estraña que estea de acordo con ese personaje que só se adica a rajar do pobo, un "tío tímino" que non un puto amigo no pobo.
Respeto ós censores que cada vexa o que escribe e se criticades aos que escriben en español, pois ben poderemos (creo que con moitísima máis razón) un artigo digno do que o firma, que se entera agora que o futuro do Castro é o turismo ¿onde estabas estes últimos 15 anos?, que non hai onde durmir ¿Pousada, Cima da Vila, Caldelas Sacra, Casa do Souto, ..? e ¿onde invirtes ti os cartos?

Di que hai facerlle un monumento ós emigrantes, aos "paco pixiñas" coma el?; e ós labregos, se o máis parecido que viu a unha vaca é o cocodrilo de Lacoste

A mellor era a idea-de-bombero que traia hai uns anpos, un campo de golf VIVA MARBELLA, de pelicula

Anónimo dijo...

¿Cando volve o Clemente para facerlle a homenaxe?

Na matanza, ¿non lle chegará con levar ós chourizos?

Tania dijo...

Moi bo, o do cocodrilo. Pero vexo moita envexa, aos que son diferentes. Quen che dera agora coller os paus e marchar a xogar ao golf e probar un pouco de glamour. Botades a xente. Na crisis profunda que vive o Castro, todo vós sobra. Pensades que vivides no mellor dos sitios posibles, sen conocer outros lugares. Típico problema de vila.

Lucía dijo...

¡¡¡Ala!!! Qué ganiñas de criticar, sobre todo sen dar a cara!

Tania dijo...

Lucía, a crítica é boa, enriquece, fai pensar. Soio non lle interesa, como tí ben sabes, os que viven da situación actual, os que moven ó rebaño. Tu xa sabes de quen estou a falar. Tamén penso que houbera sido un detalle que toda a revista estivera escrita en galego. Dudo moito que perderas algún lector.

rePreSsOrEs dijo...

Imos ver, algunha persoa e tan amable como pra escanear a crítica de Clemente e poñela na web pra poder lela??

Logo a esta xente que critica o Ponte Louco está totalmente sen razón, xa que é un evento moi bo pra castro caldelas. So dicir que igual nun radio de 200 kms de Castro Caldelas coñece o Ponte Louco polo menos un 30% da xente, e se lle falas de Castro Caldelas nen o 10%. Así que logo se vos enche a boca pra falar de que veña a xente de fora deixar os seus cartos en Caldelas e criticades ao Ponte Louco. O día do Ponte Louco os que gustamos desa música imos ao Castro, e os que non gustan están nos pubs e bares da localidade e non en Trives, Monforte ou Ourense coma o resto de sábados do ano. Se non o cres fai fotos do antigo fiadeiro, Coyote, pub Rubio, etc o día do ponte louco e outro sábado normal, e dille os dos bares que é o Ponte Louco malo que te colgan.

PD: Lucía, lle falta a estrela a túa bandeira. Así está algo descafeinada a bandeira

Galeguiña dijo...

Encántame o teu blog, como di Jose luis Prieto, todos os concelleiros deberían escribir así.

Parabéns.

Anónimo dijo...

Estiven hoxe no famoso blog do Ponte Louco e so vou decir unha cousa, vale que as últimas fotos son de "jaranas", cousa normal no verán, pero dígolle o que so ve fotos de borracheras que mire todo o que levan publicado eses rapaces durante todo o ano e que nos diga, si so ve borrachos,porque eu vin moitas cousas máis, e podo asegurar que a miña filla que sale en alguna foto vendo os títeres non ía bebida, o sea que non faltes tanto o respecto e lee antes de informarte. Aparte que eu non sei que problema hai en que a xente se divirta como TODOS nos levamos divertindo dende sempre, que vamos! agora resulta que no Castro non bebe nin dios e so se aproveita para beber nos fachós e no Ponte Louco,¡MANDA CARALLO!¡AI QUE TER VALOR!

Anónimo dijo...

Miña noraboa os rapaces da organizacion, pa min foron dos mellores remedios dende q son caldelao de adopcion,con respecto o tema clemente a verdade pareceume de muy mal gusto e pouca educacion,a revista das festas e pa falar doutras cousas como ben fixeron o resto dos autores dos articulos.Eu como xa dixen son caldelao de adopcion,organizo o pontelouco(e xa teño o cu pelao de criticas) e acepto de moi bo grado e valoro moito todo o q se fai no pobo pa mantelo vivo sexa do meu agrado ou non, a min nunca se me ocurriria criticar os actos festas eventos ....etc do meu pobo natal xa q son feitas por eles o seu gusto e son os q viven ali os q rompen os cornos e o fan o mellor q poden ,espero non coller nunca ese ascensor social do q se falou ,eu penso q vivimos nun pobo incrible cas suas cousas boas as suas cousas malas e as regulares ¿q poderia ser mellor? seguro pero para elo temos q curralo moito e o movemento demostrase andando e se se fai critica facela constructiva e se se fai dende fora debe ser mais constructiva ainda.Por ultimo pa o ano q ven volvedes a estar todos invitados o pontelouco no q volveremos ter teatro para os rapaces, feira de artesania,malabares,musica en directo,contacontos etc e o q queira axudar sera ben recibido (alex pais)

Anónimo dijo...

da igual o que fagades, Alex, hai xente que só quere ver o que quere ver, e hai xente que sempre o vai criticar porque é a súa condición así. Pero non vos preocupedes, que nesta clase de eventos ( e refírome a festivais de este tipo e incluso a maior escala) sempre hai detractores. A sorte que tedes e que hai a moita xente que lle gusta e que está con vos e que vos apoia ( eu penso que a maioría,ou eso espero). Seguide traballando xa que é unha cousa boa, e non xa so polo festival, senon polo resto de actividades que se realizan. Por certo noraboa polo blog. Hai de moitas cousas que se fan que non me enteraría se non fora gracias o blog

Anónimo dijo...

Eu diría máis, algúns critican o evento por razóns políticas, e decir porque algún dos fillos do alcalde está na organización, non poder ver máis aló das súas napias.
ANIMO RAPACES!

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Gracias a todos os que nos apoiades e nos axudades a facer o Ponte Louco. Xa sabedes, o ano que ven 22/08/09.

Anónimo dijo...

O ano próximo levade orinal, papel hixiénico, escoba e fregona que polo que leo noutros blogs os do pontelouco sodes uns guarros que non facedes nada máis que manchar un castelo (que só debe ser para o que a algúns lles guste) e o barrio da Cima da Vila. E os da organización a ver si empezades a currar dunha vez, que non facedes nada, que todo volo fan os demáis (¿quenes dígome eu?), bueno e que non me poña eu a investigar as vosas contas que seguro que vos estades forrando cos cuartos que sacades das entradas, da ganancia dos cubatas, do que lles cobrades ós cativos polos xogos e polo teatro e... millor non sigo falando.
Moito ánimo e paciencia porque a verdade é que a necesitades.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Moitas gracias, señor anónimo. Si, a verdade é que compre paciencia, pero deso cada ano andamos máis sobrados, porque cada vez son máis as críticas positivas que as humorísticas (como á que te refires), pensará que andamos faltos de clowns.

Ah! PONTE LOUCO 22 DE AGOSTO, E SINTOO PERO, POLO ÁNIMO QUE TEMOS QUEDAN UNS CUANTOS MÁIS

Anónimo dijo...

moitas grazas a todos polos animos recibidos ,e o das criticas doutros blogs,a min q debo ser masoca ,gustanme moito e danme animos pa continuar se non fora por elas oubera deixado a organizacion fai tempo se a xente so sabe criticar cousas inevitableis como a suciedade despois dun evento ou as molestias sonoras as borracheritas ... a miña lectura e q o resto e dicir o verdadeiro fin do festival esta ben feito.gracias de novo e noraboa os organizadores das festas q ben o merecen e moitos animos para q continuen ca gran labor q comenzaron (alex pais)

EMITIENDO PARA TODA LA GALAXIA dijo...

Estou contigo de novo Pais, que compenetrados estamos os do PL, as críticas axudannos a collelo con máis gañas, e que carai esto sempre é publicidade para o Ponte Louco, así que sigan falando inda que sexa mal.
Gracias especialmente o anónimo das 19:55, que fariamos sen xente coma ti!